A literatura occitana é aquela que se escribe en lingua occitana, tivo a súa orixe na poesía dos trobadores dos séculos XII e XIII que acadou prestixio na Europa Occidental e fixo agromar unha importante literatura noutras linguas vernáculas, influíndo tamén na xénese da literatura galega medieval, que se apropiou das súas formasAnxo Gómez e Mercedes Queixas Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra, 2001, páxina 10.

Historia miniatura|Guillerme IX de Aquitania foi o primeiro trobador coñecido, miniatura do século XIII conservada na Biblioteca Nacional de París.|esquerda Orixe Os primeiros textos en occitano con carácter literario datan do século XI ou XII, a Canço de Santa FeRobert Lafont considérao en Nouvelle histoire de la literature occitana (1970) o texto literario máis antigo en occitano, Martí de Riquer dátao entre 1054 e 1076 considerándoo pola contra o texto máis antigo en catalán en Història de la Literatura Catalana (1964) e Boeci sen que se conserven os manuscritos orixinais senón copias posteriores. A Passion de Clermont-Ferrand e a Vie de Saint Léger, tamén do século XI, son textos escritos orixinalmente en francés copiados por un escriba occitano que substituíu formas francesas por occitanas pero sen chegar a escribir realmente en occitanoPeter Rickard A history of the French language.Routledge, 1993, páxina 28

A época dos trobadores miniatura|dereita|Representación do trobador provenzal Rambaud de Vaqueiràs, que viviu entre os séculos XII e XIII O primeiro trobador coñecido é Guillerme IX de Aquitania contra o 1100, pola madurez da súa composición pódese deducir que xa había unha tradición de poesía vernácula en occitanoFrank M. Chambers An introduction to old Provençal versification. DIANE Publishing, 1985, páxina 16, algúns investigadores cren que a poesía árabe de Al-Andalus e en especial o zejel foi unha influencia decisiva na conformación do verso occitanoFrank M. Chambers Versification en Akehurst e Davis A Handbook of the Troubadours.University of California Press, 1995, páxina 103Abu-Haidar Hispano-Arabic literature and the early Provençal lyrics. Routledge, 2001, que distinguía diversos estilos, o trobar leu, elegante e aristocrático era o máis popular, o trobar clus, baseado na escuridade das súas metáforas, e o trobar ric, baseado na súa sonoridade. Entre os principais trobadores salientan Jaufre Rudèl que canta o amor luènhenc, o amor imposible e sen esperanza; Marcabrú de Poitiers, poeta do amor puro e da muller, inventor das pastorelas e que se especializa no trobar clus. Seguen os seus pasos os gascóns Pèire de Valeria, Alegret, Cercamòn e Bernart Martí.

Da segunda metade do século XII son Raimbaud de Orange (1155-1173), mestre do perigordiano Guiraut de Bornelh (ca. 1170-1221) considerado o formalizador do trobar leu Linda Paterson Troubadours and eloquence. Clarendon Press, 1975, páxina 101 e do cal se conservan 77 pezas de carácter popular; a condesa de Dia (ca. 1160) que escribiu cinco cantigas; Pèire d'Alvernha (1130-1180), mestre de Dante; Richart de Berbezilh, trobador da Charenta; Bernart de Ventadorn (ca. 1155-1180), un dos grandes poetas do amor en lingua d'oc; Arnaut de Maruelh, os perigordinos Bertran de Born (1140-1188?), autor de sirventés guerreiros para os Plantagenet de Gascoña, e Arnaut Daniel (ca. 1180), autor dun onirismo pasional, o monxe de Montaudon Pèire de Vic, o tolosano Pèire Vidal (m. 1204) cos poemas Na loba e Na vierna, dedicados á Provenza; Gaucelm Faidit (ca. 1185) autor de 70 pezas que destacan no planh e no amor ao país natal, e a epopea Girard de Rosselhon (1180).

Durante o século XIII a literatura occitana segue a se desenvolver con grande esplendor malia o declive da lírica cortés que se produciu despois da Cruzada dos AlbixensesEugeen Roegiest Vers les sources des langues romanes: un itinéraire linguistique à travers la Romania. Academische Coöperatie, 2006, páxina 204, con obras e autores tales como o tratado de falconería Dels auzels cassadors de Daude de Pradas composto en Rodas; o italiano Sordello (ca. 1229-1246); Guiraut Riquier (ca. 1254-1282), considerado un dos últimos trobadores; o catalán Cerverí de Girona (ca. 1252-1258); Guilhèm de Montanhagòl (ca. 1233-1258), defensor do amor cortés; a Canso de la Crosada é un poema épico composto por Guilhèm de Tudèla e un outro autor anónimo; Fierabràs, versión da canción de xesta francesa homónima composta entre 1230 e 1240; a Vida de Santa Enimia; a primeira mostra dun texto teatral longo en occitano, o misterio Espozalizi de Nòstra Dòna Sancta Maria Verges e de Sant Josèp, datado en 1280; Amanieu de Sescars, autor da prosa didáctica Ensenhaments; a famosa novela de cabalaría Flamenca (1240-1250); Matfre Ermengaud, autor de Lo breviari d'amor (1288).

Por outra banda, durante os séculos XII e XIII o occitano foi a lingua administrativa dos condados de Tolosa e Gascoña, así como tamén a lingua da corte das diferentes provincias occitanas, conservándose numerosos documentos públicos e privados redactados en occitano.

O século XIV e o Gai Saber En 1323 un grupo de burgueses crean en Tolosa o Consistori del Gai Saber, co obxectivo de manter o estilo e as formas poéticas dos antigos trobadores, para tal fin deu en organizar unha competición poética anual coñecida como os Xogos Florais, e para mellor arbitrar a calidade das obras presentadas Guilhém Molinièr compilou as Leis d'Amor, que incluía normas estilísticas e lingüísticas. Arnaud Vidal foi un dos primeiros floreados en 1324 por un poema á Virxe María. Autores importantes do período son Guilhèm d'Alamand, Pèire Duran, Pèire de Landils e Bertrand Boysset, autor de Lo roman d'Arles (1370), así como a obra épica anónima Roland a Saragosse e Ronsasvals (1398) e o poema didáctico dun xudeu occitano, Esther (1322). Tamén é de subliñar a literatura dos cristiáns valdenses, con obras piadosas como La Noble Leiçon, Lo Novel Sermon, Lo Paire Eternal, L'Avangèli de Li Quatre Semenç e Lo Despreci del Mond. Dentro da tradición catálica destacan as vidas de santos, Vida del gloriós Sant Francés, Vida de Sant Auziás e Santa Delfina (1378), Vida de Santa Doucilina e Barlaam e Josafat a Albi. Entre 1370 e 1475 desenvólvese o teatro en occitano con misterios, xogos e paixóns como os Misteris Rouergats e o Jóc de Santa Agnés.

Os séculos XV e XVI O desenvolvemento da lingua virá marcado pola lei de Villers-Cotterêts do 15 de agosto de 1539, que contén a prohibición do uso nos escritos xudiciais e administrativos da calquera lingua que non sexa o francés, o que pon fin tradición de oficialidade da que gozaba o occitano no seu territorio lingüístico. O século XV foi o da invención da imprenta, o primeiro libro occitano impreso foi en 1492 un tratado de matemáticas Compendion de l'Abaco de Francés Pellós, e foi tamén o da introdución das formas e modas italianas, como o soneto que pouco a pouco substitúe as formas e os temas da época dos trobadores. A interferencia do francés provocou a decadencia das letras occitanas, malia todo aparecen grandes poetas como Belaud de la Belaudièra (1543-1588), Miquèu Tronc (1580?-1600), Pèire Pau (1554-1615), Augièr Galhard (n. 1540) autor de Libre Gras (1581) e Lou Banquet (1587) e Pèir de Garròs (1525-1581), cunha clara conciencia lingüística, que está considerado o pai do gascón moderno.

A decadencia Durante os séculos XVII e XVIII a maioría dos escritores das terras de lingua de oc escriben en francés, entre a escasa produción da época destaca destaca a obra de Pèire Godolin en Tolosa, Le Ramelet Moundi que se publica entre 1617 e 1648, e que logrou nun momento no que o francés se estaba a impoñer como a lingua literaria no sur crear un movemento epigonal que mantivo o occitano con autores como Joan Giraud d'Astros e Guilhem Ader. Outros autores relevantes do século XVII son Bertrand Larada, Glaudi Brueis, Isaac Despuech Sage e Francès de Cortète.

No século XVIII o grande autor foi Joan Baptista Fabre, autor da novela Histoira dé Jean l'an prés. O occitano sobreviviu sobre todo en composicións de Nadal, obras teatrais populares como as de Joan Antoni Verdièr, ou en poesías realistas e populares como as de Claudi Peiròt.

As primeiras décadas do XIX supuxeron unha lixeira reactivación da produción literaria, con obras populares como o poema didáctico Leis Magnans (1819) de Joseph Marius Diouloufet, La Nemaïda (1823) de Rancher, Estreas bearnesas (1834), poesía realista e política de Xavièr Navarròt, Las Papilhòtas (1834) poemas populares de Jansemin que acadaron recoñecemento internacional.

Rexurdimento miniatura|Retrato de Mistral por Félix Auguste Clément. Mistral é a figura clave para enteder a recuperación da tradición literaria occitana e da mesma lingua, o seu dicionario bilingüe Lou Tresor dóu Felibrige (1878-1886), constitúe aínda hoxe un dos dicionarios máis ricos da lingua occitana A literatura do século XIX vai estar marcada pola figura de Frédéric Mistral e o felibrismo que pretendía unha restauración da lingua e a literatura, ao seu redor dúas figuras capitais no rexurdimento, Joseph Roumanille, autor de Li Margarideto (1847) e Li prouvençalo (1852) e Théodore Aubanel, autor de La mióugrano entreduberto (1861), Li fiho d'Avignoun (1885). A consagración do movemento felibrista veu co éxito do poema de Mistral Mirèio (1859), xurdiron un gran número de epígonos en todo o territorio de lingua de oc, pero a grande influencia da obra de Mistral réstalles orixinalidade a moitos dos autores, entre os máis destacados están Antoine Blaise Crousillat, Paul Giera, Jean Brunet e Rémy Marcellin.

Século XX miniatura|Debuxo de Joan Bodon Malia a escolarización en francés, obrigatoria desde 1880, a decadencia do felibrismo e a progresiva substitución do occitano polo francés como lingua popular, para a literatura occitana o período de entreguerras foi un momento moi creativo, en 1935 publicábanse numerosas revistas literarias, Lou Felibrige, Prouvenço, Lo Cobreto, Oc, Gai Saber, Septimanie, La Revue Lemousine, Aquitania, L'Almanac Occitan e varias ooutras. Os autores principais do período debátense entre a tradición marcada polo felibrismo e o novo occitanismo lingüístico, representado pola Societat d'Estudis Occitans que concibía unha lingua literaria xeral a todas as variedades occitanas respectando a orixinalidade destas e que terá a súa concreción práctica na primeira gramática normativa, a Gramatica occitana segon los parlars lengadocians que publicou Loís Alibèrt en 1935-1937. Sully-André Peyre é o gran representante do mistralismo , tanto literario como lingüístico, na época da entreguerra, moi crítico co movemento occitanista María Ángeles Ciprés Palacín Un acercamiento a la poesía provenzal contemporánea. Revista de Filología Románica, 1992. A partir de 1945 coa creación do Institut d'Estudis Occitans e a figura de Robert Lafont o felibrismo quedou superado pola orixinalidade da obra dos autores occitanistasManuel Alquézar La correspondència entre Loïs Alibert i Josep Carbonell i Gener: materials per a l'estudi de la codificació de la llengua occitana. Institut d'Estudis Catalans, 1992, páxina 595, con todo hai autores felibristas cunha obra máis ambiciosa e orixinal como Marcéu Bonnet, Mas-Felip Delavouét, Fernand Moutet, Carles Galtier, Péire Millet, Jan Calendau Vianès ou prosita e poeta Jóusè d'Arbaud autor de La bèstio dóu Vacarès (1926).