O Viño da Terra de Barbanza e Iria é unha Indicación xeográfica empregada para designar os viños de mesa orixinarios principalmente da zona vitícola da ribeira da ría de Arousa, que comprende os concellos de Catoira, Valga, Pontecesures (provincia de Pontevedra) e Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e varias parroquias do Porto do Son e Lousame provincia da Coruña).

Esta indicación xeográfica foi regulamentada no ano 2007.

Variedades de uva Tintas: Mencía, Caiño Tinto, Brancellao, Espadeiro, Loureira Tinta e Sousón. Brancas: Albariño, Godello, Palomino, Caíño Branco, Loureira Branco, Treixadura e Torrontés.

Véxase tamén Outros artigos Viños de Galicia Viño da Terra

Ligazóns externas Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación: Disposicións regulamentarias dos viños da Terra de España, 28/01/2009

Categoría:Viños de Galicia Categoría:Denominacións de Orixe de Galicia Categoría:Viños con denominación de orixe