A Fundación Galicia Sustentable é unha fundación galega sen fin de lucro.

Obxectivo A fundación ten como finalidade o aproveitamento do potencial de Galicia cara á sostibilidade a través do desenvolvemento dos potenciais dos individuos e dos colectivos.

Na súa constitución a Fundación pretende acadar unha sociedade cuxos individuos actúen de forma sustentable tendo en conta as necesidades futuras, melloren constantemente aproveitando as oportunidades e as novas alternativas, procuren o desenvolvemento persoal, valoren a participación, se esforcen pola excelencia e lideren co exemplo a través das súas accións.

A Fundación foi declarada de interese ambiental por Orde do 18 de febreiro do 2009 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e de interese galego por Orde do 8 de maio do 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Areas de traballo A Fundación estrutura o seu traballo nunha serie de áreas: a área de Información e capacitación para a participación, a de Ordenación do territorio e urbanismo, a de Mobilidade, a de Cambio climático, a de Sostibilidade e TIC e a de Cooperación internacional.

Galicia Sustentable