O Congreso de Berlín de 1878, foi unha asemblea diplomática dos representantes de varios estados europeos, convocada a iniciativa dos británicos Benjamin Disraeli e Robert Gascoyne-Cecil, marqués de Salisbury, co propósito de reorganizar a rexión dos Balcáns trala Guerra Ruso-Turca de 1877-1878, así como harmonizar o interese de Inglaterra, Rusia e Austria-Hungría na zona. Foi organizada baixo a presidencia de Otto von Bismarck, Chanceler de Alemaña, país anfitrión do congreso.
Estiveron presentes o Reino Unido, o Imperio Austrohúngaro, Francia, Alemaña, Italia, Rusia e o Imperio Otomán. Delegados de Grecia, Romanía, Serbia e Montenegro asistiron nas sesións que trataban sobre os seus estados, mais non foron integrantes do congreso.
O tratado resultante asinado o 23 de xullo, modificou ao Tratado de San Stefano co que o Reino Unido e o Imperio Austrohúngaro non estaban conformes.
Disposicións Armenia pasa baixo control do Imperio Otomán. Bosnia-Hercegovina pasa baixo control do Imperio Austrohúngaro. Serbia, Montenegro e Grecia son ampliadas. Parte de Romanía obtén a súa independencia. Bulgaria recupera a súa independencia como principado autónomo, a expensas do Imperio Otomán. Chipre pasa baixo control británico. O tratado asegura a Francia e Italia a posibilidade de ocupar Tunisia e Trípolitania (Libia).
Participantes Alemaña
Otto von Bismarck Chlodwig zu Hohenlohe-Schillingsfürst Bernhard Ernst von Bülow
Imperio Austrohúngaro
Gyula Andrássy Alajos Károlyi Heinrich Karl von Haymerle
Francia
William Henry Waddington Charles Raymond de Saint-Vallier Hippolyte Desprez
Grecia
Theodoros Deligiannis
Gran Bretaña
Benjamin Disraeli Robert Gascoyne-Cecil, terceiro marqués de Salisbury Odo Russell
Italia
Lodovico Corti Eduardo de Launay
Rusia
Príncipe Gortchakov Conde Chouvalov Paul d'Oubril
Serbia
Jovan Ristić
Imperio Otomán
Alexander Caratheodori Sadullah Bey Mehmed Ali Pascha
Véxase tamén
Outros artigos
Conferencia de Berlín de 1884-1885
Ligazóns externas
DW (Deutsche Welle).
Categoría:Historia de Romanía Categoría:Historia de Europa Categoría:1878 Categoría:Congresos