miniatura|dereita|300px|Vista de Ulán Bátor dende o outeiro Zaisan.
Ulaanbaatar (cirílico: Улаанбаатар; mongol: ) ou Ulán Bátor é a capital de Mongolia. No 2008 a súa poboación estimábase en 1.044.500 persoas. Está situada ao norte e lixeiramente ao leste do centro do país, sobre o Río Tuul, un afluente do Selenga, nun val ao pé da montaña Bogdo Uul.
Historia e características Fundado no 1649 coma unha cidade-mosteiro budista chamada Urga prosperou na década de 1860 coma un centro comercial sobre a ruta do té entre Rusia e mais a China. Cando Mongolia se converteu na República Popular de Mongolia, no 1924, o seu nome trocouse a Ulaanbaatar ("heroe vermello" na lingua mongol), na honra do heroe nacional mongol Sühbaatar. A súa estatua adorna a praza central de Ulán Bátor.
Ulán Bátor ten un aeroporto internacional chamado Buyant Ukhaa e está conectado por autoestrada coas principais cidades mongois, así como co tren Transiberiano. A cidade ten a única universidade do país.
Lugares de interese Museo de Historia Natural Mausoleo de Sühbaatar Mosteiro de Gandantegchinlen Khiid coa estatua de Migjid Janraisig, de 25 m de alto Pazo de inverno de Bogd Khan
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Fotos de Ulán Bátor
Ulan Bator Ulan Bator