Mark Webber, nado en Queanbeyan o 27 de agosto de 1976, é un piloto australiano de Fórmula 1 que compite no Campionato Mundial de Resistencia de Porsche. Actualmente reside en Mursley (Inglaterra).
Traxectoria De pequeno xogaba ao rugby nos Canberra Raiders, equipo australiano varias veces campión de liga. A súa traxectoria no automobilismo comezou no 1991 en karts e continuou neles ata o 1993. Grazas ás súas numerosas vitorias nos karts australianos pasou a competir na Fórmula Ford, onde lle foi igual de ben ca nos karts.
Un gran construtor da Fórmula Ford, Van Diemen, quedou asombrado ao ver as capacidades de competición de Mark e levouno a competir a Inglaterra, pero sen cambiar de categoría. O seu primeiro ano alí foi brillante, de feito quedou segundo na clasificación xeral grazas ás catro vitorias sumadas nesa tempada.
Na tempada de 1997 comezou na Fórmula 3000 na escudería Alan Docking, ese ano rematou en cuarta posición, ao igual que en Macau, e en Zandvoort fíxoo cun merecedor terceiro posto.
En 1998 fixo unha estupenda actuación no campionato de GT da FIA, baixo o mando do equipo AMG. Estivo trala pisto do campión, que era Bernd Schneider e perdeu o campionato por só oito segundos no último circuíto da tempada.
Ao ano seguinte continuou en AMG Mercedes pero como piloto oficial. Á metade da tempada a FIA cancelou o campionato por falta de interesados nel e Mercedes retirouse polos dous accidentes consecutivos de Mark, un durante os adestramentos e outro durante a carreira. Dos dous saíu ileso.
Despois da súa experiencia en AMG entrou na Fórmula 3000 europea, na cal rematou terceiro e grazas a ese resultado recibiu unha oferta dun equipo de Fórmula 1 pero rechazouno. Logo diso participou nunha sesión de probas con Benetton e superou as marcas de Giancarlo Fisichella e Ralf Schumacher. Así foi como conseguiu o seu posto como piloto de probas en Benetton para a seguinte tempada. Ademais, quedou segundo no campionato de F3 internacional co equipo Supernova.
Fórmula 1
En , Webber foi piloto de probas do equipo Arrows, nesa tempada tamén competía no campionato europeo de Fórmula 3000.
En foi piloto de probas da Benetton, sendo substituído o ano seguinte por Fernando Alonso. Nesa mesma época pasou a ser representado por Flavio Briatore, que lle asegurou xunto a Paul Stoddart un contrato para o equipo Minardi en .Webber signs for KL Minardi Asiatech!
Minardi (2002) Webber fixo a súa estrea na Fórmula no gran Premio da Australia de 2002 co equipo Minardi. O seu contrato inicial era para só tres carreiras, mais foi prorrogado até o final da temporada tras conseguir o quinto lugar na súa primeira carreira. Co feble deseño do modelo PS02, ese acabou sendo o mellor resultado do autraliano e do equipo durante toda a temporada.
Jaguar (2003-2004) En novembro de 2002, anunciouse que Webber iría para o equipo Jaguar na temporada seguinte, ao lado do brasileiro Antonio Pizzonia.
En , correndo co equipo inglés, cun coche bastante limitado, conseguiu pontuar en 7 carreiras, terminando o campeonado 10º e sendo elixido pola revista Autosport co título de "Piloto do ano".Webber rated driver of the year
Williams (2005-2006) En correndo para Williams subiu por primeira vez ao podio, no terceiro posto, no Gran Premio de Mónaco e puntuou na maioría dos grandes premios que disputou (10 de 18).
En , coa saída dos motores BMW de Williams e sen conseguir manter o mesmo rendemento do ano anterior, abandonou a maioría das carreiras, puntuando en só tres carreiras durante todo o campionato.
220px|miniatura|Webber test en Jerez con Red Bull en 2009.
Red Bull (2007-2013) En , xa co equipo Red Bull, volveu subir ao podio co terceiro lugar no Gran Premio de Europa.
En 2009 conquistou a súa primeira pole position no GP de Alemaña, no que tamén chegou a súa primeira vitoria, vinte e oito anos despois da última vitoria dun australiano: o campión mundial Alan Jones. A súa segunda vitoria foi conquistada na penúltima proba do ano, no Gran Premio do Brasil.
En , no Gran Premio de Malaisia, o piloto australiano conseguiu a segunda pole position da súa carreira.Webber faz a pole na Malásia e Ferrari é enganada pela chuva Porén foi superado polo seu compañeiro de equipo Sebastian Vettel, terminando segundo na carreira. No Gran Premio de España volveu a conquistar a primeira posición na grella, e tamén a primeira vitoria da tempada. Na carreira seguinte, o Gran Premio de Mónaco, novamente o australiano conseguiu a pole e a vitoria, asumindo o liderado do campionato.Webber vence em Mônaco e Red Bull põe dupla na liderança do Mundial UOL Esporte No Gran Premio de Turquía, Mark Webber volveu a realizar pole-position, porén durante a carreira, envolveuse nun polémico accidente con Sebastian Vettel onde o piloto alemán se enroscou con vehículo de Webber nun adiantamento, abandonando o GP. Como consecuencia Mark Webber perdeu dúas posicións, chegando en 3º lugar.
Retirouse da Fórmula Un ao final da tempada para unirse a Porsche no Campionato Mundial de Resistencia.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Posto final Puntos 2002 KL Minardi Asiatech Minardi PS02 Asiatech AT02 3.0 V10 AUS5 MYSRet BRA11 SMR11 ESPNTS AUT12 MON11 CAN11 EUR15 GBRRet FRA8 ALERet HUN16 BELRet ITARet USARet XPN10 16º 2 2003 Jaguar Racing Jaguar R4 Cosworth CR-5 3.0 V10 AUSRet MYSRet BRA9 SMRRet ESP7 AUT7 MONRet CAN7 EUR6 FRA6 GBR14 ALE11 HUN6 ITA7 USARet XPN11 10º 17 2004 Jaguar Racing Jaguar R5 Cosworth CR-6 3.0 V10 AUSRet MYSRet BAH8 SMR13 ESP12 MONRet EUR7 CANRet USARet FRA9 GBR8 ALE6 HUN10 BELRet ITA9 CHN10 XPNRet BRARet 13º 7 2005 BMW WilliamsF1 Team Williams FW27 BMW P84/5 3.0 V10 AUS5 MYSRet BAH6 SMR7 ESP6 MON3 EURRet CAN5 USANTS FRA12 GBR11 ALERet HUN7 TURRet ITA14 BEL4 BRARet XPN4 CHN7 10º 36 2006 WilliamsF1 Team Williams FW28 Cosworth CA2006 2.4V8 4 Series BAH6 MYSRet AUSRet SMR6 EURRet ESP9 MONRet GBRRet CAN12 USARet FRARet ALERet HUNRet TUR10 ITA10 CHN8 XPNRet BRARet 14º 7 2007 Red Bull Racing Red Bull RB3 Renault RS27 2.4 V8 AUS13 MYS10 BAHRet ESPRet MONRet CAN9 USA7 FRA12 GBRRet EUR3 HUN9 TURRet ITA9 BEL7 XPNRet CHN10 BRARet 12º 10 2008 Red Bull Racing Red Bull RB4 Renault RS27 2.4 V8 AUSRet MYS7 BAH7 ESP5 TUR7 MON4 CAN12 FRA6 GBR10 ALERet HUN9 EUR12 BEL8 ITA8 SINRet XPN8 CHN14 BRA9 11º 21 2009 Red Bull Racing Red Bull RB5 Renault RS27 2.4 V8 AUS12 MYS6‡ CHN2 BAH11 ESP3 MON5 TUR2 GBR2 ALE1 HUN3 EUR9 BEL9 ITARet SINRet XPN17 BRA1 ABU2 4º 69´5 2010 Red Bull Racing Red Bull RB6 Renault RS27 2.4 V8 BAH8 AUS9 MYS2 CHN8 ESP1 MON1 TUR3 CAN5 EURRet GBR1 ALE6 HUN1 BEL2 ITA6 SIN3 XPN2 CORRet BRA2 ABU8 3º 242 2011 Red Bull Racing Red Bull RB7 Renault RS27 2.4 V8 AUS5 MYS4 CHN3 TUR2 ESP4 MON4 CAN3 EUR3 RU3 ALE3 HUN5 BEL2 ITARet SIN3 XPN4 COR3 IND4 ABU4 BRA1 3º 258 Red Bull Red Bull RB8 Renault RS27 2.4 V8 AUS4 MAL4 CHN4 BAH4 ESP11 MON1 CAN7 EUR4 RU1 ALE8 HUN8 BEL6 ITA20† SIN11 XPN9 COR2 IND3 ABURet USARet BRA4 6º 179 Red Bull Red Bull RB9 Renault RS27 2´4 V8 AUS6 MAL2 CHNRet BAH7 ESP5 MON3 CAN4 RU2 ALE7 HUN4 BEL5 ITA3 SIN15† CORRet XPN2 INDRet ABU2 USA3 BRA2 3º 199 ‡ Concedéronse a metade dos puntos ó completar o 75% da carreira.
Notas
Ligazóns externas
Páxina oficial Detalles da carreira de Mark Webber Mark Webber Pure Tasmania Challenge Estatísticas de Mark Webber na Fórmula 1
Webber, Mark Webber, Mark Webber, Mark Webber, Mark Webber, Mark Categoría:Nados en Nova Gales do Sur Categoría:Nados en 1976