Kimi-Matias Räikkönen, nado en Espoo o 17 de outubro de 1979, é un expiloto finés de automobilismo, que competiu en rallies e Fórmula 1.

En 1989 regaláronlle o seu primeiro kart e no ano 1991 xa debutou en carreiras de karts. Con dezanove anos logrou o título de karting no seu país, e quedou segundo na seguinte temporada. No 2000 disputou o campionato da Fórmula Renault británica; das dez carreiras disputadas subiu ao podio en sete, e quedou campión.

Kimi Räikkönen anunciou a súa retirada ao final do campionato , rematando a súa carreira na Fórmula Un despois de 19 tempadas.

Fórmula 1 Os bos resultados na Fórmula Renault chamaran a atención de Peter Sauber. Así, o piloto fixo algunhas probas con bos resultados no circuíto italiano de Mugello e Sauber decidiu contratalo como piloto reserva en , o que foi o inicio da súa carreira na F1.

Sauber Räikkönen, con só vinte e un anos, iniciaba como piloto titular a súa andaina na Fórmula 1 na tempada . Con só vinte tres carreiras de monoprazas no seu currículo, conseguiu a licenza especial da FÍA. Logo, na primeira proba do campionato alcanzou o sexto lugar.

McLaren En , foi contratado polo equipo McLaren onde correu ata a tempada substituíndo o seu compatriota e bicampión do mundo Mika Häkkinen. Foi subcampión da tempada de con noventa e un puntos, ficando só a un punto de impedir o hexacampionato de Michael Schumacher.

esquerda|miniatura|Räikkönen probando o seu McLaren no Circuíto urbano de Valencia en 2006. En , foi novamente subcampión con cento doce puntos e sete vitorias, sendo Fernando Alonso campión. Foi considerado polos críticos de automobilismo e as revistas como o piloto máis rápido e mellor da tempada. En , cun coche mal construído por McLaren, Räikkönen non conseguiu ningunha vitoria e terminou o ano en quinto lugar con sesenta e cinco puntos.

Ferrari En , Räikkönen foi o primeiro piloto desde Nigel Mansell, en , en estrearse con Ferrari cunha vitoria. Gañou o gran Premio de Australia, que abriu a tempada de . E, tras dous subcampionatos, o finés proclamouse campión mundial o 21 de outubro de 2007, vencendo no Gran Premio do Brasil, no Autódromo de Interlagos.

miniatura|dereita|Räikkönen pilotando o seu Ferrari no Gran Premio do Canadá de 2008. Räikkönen era o que tiña menores oportunidades de entre os tres pilotos que disputaban o campionato: Lewis Hamilton e Fernando Alonso eran os mellor situados para levar o título, xa que Kimi precisaría dunha combinación de resultados adversos para Mclaren e favorables para el, para ser quen de converterse en campión mundial de pilotos na tempada , Räikkönen contou cos erros cometidos polo inglés Lewis Hamilton na carreira, que pronto na segunda curva da carreira perdeu o control do coche, chegando a ficar na décimo oitava posición, e pola estratexia adoptada por Ferrari, que fixo que o finés asumise o liderado da proba, que era do brasileiro Felipe Massa na volta de número cincuenta e dous.

Coa vitoria, Räikkönen conquistou seu primeiro título do campionato mundial de pilotos e a consolidación da Ferrari como o líder mundial de construtores de Fórmula 1 da tempada . Con seis vitorias na tempada, máis que os seus rivais Fernando Alonso e Lewis Hamilton de McLaren (catro vitorias cada un) e que o seu compañeiro de equipo Felipe Massa (tres), o campionato terminou con cento dez puntos para Räikkönen, coa diferenza de só un punto entre Hamilton e Alonso, que terminaron en segundo e terceiro lugar, respectivamente.

Xa en , o campión do mundo, ata entón, non alcanzou moito éxito; o seu coche, segundo o seu equipo, non se adaptaba ao estilo de Räikkönen. Venceu só 2 carreiras, o Gp da Malaisia e o Gp da España, acadando 75 puntos, e ficando en 3° lugar na tempada, moi abaixo do esperado, sendo o campión Lewis Hamilton, de McLaren. Porén, Räikkönen, foi o piloto con máis voltas rápidas, sendo avaliado como o piloto máis rápido da tempada, e chegando a entrar na historia da Fórmula 1 por conquistar tantas voltas rápidas nunha tempada e ao longo da súa carreira.

No gran Premio de Bélxica de 2009, disputado o 30 de agosto, Kimi conquistou a súa primeira vitoria na tempada e a décima oitava na carreira.

WRC O 4 de decembro de 2009, tras frustradas negociacións con McLaren e con Mercedes, o equipo oficial de Citroën no WRC (World Rally Championship) anunciou a contratación do finés para a disputa do campionato mundial de 2010 co equipo "junior".

Esa non foi a primeira experiencia de Kimi na categoría. O mesmo ano de 2009, disputou o Rally de Finlandia, a bordo dun Fiat Punto S2000 do equipo de Tommi Makkinen, chegando a estar en terceiro lugar da súa categoría (N4), cando sufriu un accidente que imposibilitou a conclusión da proba.

En 2011, Räikkönen disputou a temporada do WRC con seu propio equipo, o ICE 1 Racing, pilotando un Citröen DS3 WRC. Completou o Rally de Suecia na oitava posición e non disputou o Rally de México. Na secuencia, terminou sétimo no Rally de Portugal e en sexto no Rally de Xordania, deixando de disputar o Rally de Sardeña.

NASCAR En 2 de abril de 2011 o finés asinou un acordo co equipo de Kyle Busch para disputar parte da tempada 2011 da NASCAR Truck Series, que é o terceiro campionato en importancia na NASCAR. Na súa estrea, Räikkönen terminou a proba de Charlotte na décima-quinta posición.

Retorno á Fórmula 1 En novembro de 2011, anunciouse o retorno de Kimi á Fórmula 1, coa confirmación da súa contratación por Lotus-Renault.

O 11 de setembro de 2013, anunciouse oficialmente o seu regreso a Ferrari para as dúas seguintes tempadas..

O 10 de novembro de 2013, logo de coñecerse que o equipo non lle pagara o seu salario, confirmouse que o piloto finlandés non competiría nas dúas últimas probas debido a que se ía operar das costas.

A tempada marcou o seu retorno a Ferrari, defendendo os cores do equipo de Maranello xunto a Fernando Alonso. Na súa carreira na máxima categoría do automobilismo, o finlandés obtivo 21 vitorias, destacando catro no Gran Premio de Bélxica, e 102 podios. Alcanzou a súa primeira vitoria na segunda era como piloto da Scuderia Ferrari no Gran Premio dos Estados Unidos de 2018, tras 113 carreiras sen subirse ao alto do podio, desde o Gran Premio de Australia de 2013 con Lotus. Durante a tempada 2020 alcanzou os récords de piloto con maior cantidade de Grandes Premios disputados e comezados.

Rexistro de carreiras Traxectoria profesional

Tempada Series Equipo Carreiras Gañados Poles V/rápidas Podios Puntos Posición 1999 European Fórmula Ford ? 2 ? ? ? ? ? 5º Formula Ford Festival Continental Racing Van Diemen 1 0 0 ? ? N/A NC Fórmula Renault 2000 UK Winter Championship Manor Motorsport 4 4 4 ? ? 40 1º Fórmula Renault 2000 UK Haywood Racing 4 0 0 ? ? ? ? 2000 Fórmula Renault 2000 Eurocup Manor Motorsport 2 2 1 ? ? 62 7º Fórmula Renault 2000 UK Manor Motorsport 10 7 6 ? ? 316 1º 2001 Fórmula 1 Red Bull Sauber Petronas 17 0 0 0 0 9 10º 2002 Fórmula 1 West McLaren Mercedes 17 0 0 1 4 24 6º 2003 Fórmula 1 West McLaren Mercedes 16 1 2 3 10 91 2º 2004 Fórmula 1 West McLaren Mercedes 18 1 1 2 4 45 7º 2005 Fórmula 1 West McLaren MercedesTeam McLaren Mercedes 19 7 5 10 12 112 2º 2006 Fórmula 1 Team McLaren Mercedes 18 0 3 3 6 65 5º 2007 Fórmula 1 Scuderia Ferrari Marlboro 17 6 3 6 12 110 1º 2008 Fórmula 1 Scuderia Ferrari Marlboro 18 2 2 10 9 75 3º 2009 Fórmula 1 Scuderia Ferrari Marlboro 17 1 0 0 5 48 6º Campionato do Mundo de Rally Tommi Mäkinen Racing 1 0 – – 0 0 NC 2010 Campionato do Mundo de Rally Citroën Junior Team 11 0 – – 0 25 10º 2011 Campionato do Mundo de Rally Ice 1 Racing 9 0 – – 0 34 10º NASCAR Camping World Truck Series Kyle Busch Motorsports 1 0 0 0 0 N/A NC NASCAR Nationwide Series NEMCO Motorsports 1 0 0 0 0 N/A NC 2012 Fórmula 1 Lotus F1 Team 20 1 0 2 7 207 3º 2013 Fórmula 1 Lotus F1 Team 17 1 0 2 8 183 5º 2014 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 19 0 0 1 0 55 12º 2015 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 19 0 0 2 3 150 4º 2016 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 21 0 0 1 4 186 6º 2017 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 20 0 1 2 7 205 4º 2018 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 21 1 1 1 11 251 3º 2019 Fórmula 1 Alfa Romeo Racing 21 0 0 0 0 43 12º 2020 Fórmula 1 Alfa Romeo Racing Orlen 17 0 0 0 0 4 16º 2021 Fórmula 1 Alfa Romeo Racing Orlen 22 0 0 0 0 10 16º

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 Pos. Puntos Sauber Petronas Sauber C20 Petronas 01A 3.0 V10 AUS6 MALRet BRARet SMRRet ESP8 AUT4 MON10 CAN4 EUR10 FRA7 RU5 ALERet HUN7 BELRet ITA7 USARet XPNRet 10º 9 West McLaren Mercedes McLaren MP4-17 Mercedes FO 110M 3.0 V10 AUS3 MALRet BRA12 SMRRet ESPRet AUTRet MONRet CAN4 EUR3 RURet FRA2 ALERet HUN4 BELRet ITARet USARet XPN3 6º 24 West McLaren Mercedes McLaren MP4-17D Mercedes FO 110M/P 3.0 V10 AUS3 MAL1 BRA2 SMR2 ESPRet AUT2 MON2 CAN6 EURRet FRA4 RU3 ALERet HUN2 ITA4 USA2 XPN2 2º 91 West McLaren Mercedes McLaren MP4-19 Mercedes FO 110Q 3.0 V10 AUSRet MALRet BHRRet SMR8 ESP11 MONRet EURRet CAN5 USA6 7º 45McLaren MP4-19B FRA7 RU2 ALERet HUNRet BEL1 ITARet CHN3 XPN6 BRA2 West McLaren Mercedes McLaren MP4-20 Mercedes FO 110R 3.0 V10 AUS8 MAL9 BHR3 SMRRet ESP1 MON1 EUR11 CAN1 USADNS FRA2 RU3 ALERet HUN1 TUR1 ITA4 BEL1 BRA2 XPN1 CHN2 2º 112 Team McLaren Mercedes McLaren MP4-21 Mercedes FO 108S 2.4 V8 BHR3 MALRet AUS2 SMR5 EUR4 ESP5 MONRet RU3 CAN3 USARet FRA5 ALE3 HUNRet TURRet ITA2 CHNRet XPN5 BRA5 5º 65 Scuderia FerrariMarlboro Ferrari F2007 Ferrari 056 2.4 V8 AUS1 MAL3 BHR3 ESPRet MON8 CAN5 USA4 FRA1 RU1 EURRet HUN2 TUR2 ITA3 BEL1 XPN3 CHN1 'BRA'1 1º 110 Scuderia FerrariMarlboro Ferrari F2008 Ferrari 056 2.4 V8 AUS8 MAL1 BHR2 ESP1 TUR3 MON9 CANRet FRA2 RU4 ALE6 HUN3 EURRet BEL18 ITA9 SIN15 XPN3 CHN3 BRA3 3º 75 Scuderia FerrariMarlboro Ferrari F60 Ferrari 056 2.4 V8 AUS15 MAL14 CHN10 BHR6 ESPRet MON3 TUR9 RU8 ALERet HUN2 EUR3 BEL1 ITA3 SIN10 XPN4 BRA6 ABU12 6º 48 Lotus F1 Team Lotus E20 Renault RS27-2012 2´4 V8 AUS7 MAL5 CHN14 BAH2 ESP3 MON9 CAN8 EUR2 RU5 ALE3 HUN2 BEL3 ITA5 SIN6 XPN6 COR5 IND7 ABU1 USA6 BRA10 3º 207 Lotus F1 Team Lotus E21 Renault RS27-2012 2´4 V8 AUS1 MAL7 CHN2 BAH2 ESP2 MON10 CAN9 RU5 ALE2 HUN2 BELRet ITA11 SIN3 COR2 XPN5 IND7 ABURet USA BRA 5º 183 Ferrari Ferrari F14 T Ferrari 059/3 AUS7 MAL12 BAH10 CHN8 ESP7 MON12 CAN10 AUT10 RURet ALE11 HUN6 BEL4 ITA9 SIN8 XPN12 RUS9 USA13 BRA7 ABU10 12º 55 Ferrari Ferrari SF15-T Ferrari 060 1.6 V6 t AUSRet MAL4 CHN4 BHR2 ESP5 MON6 CAN4 AUT Ret RU8 HUNRet BEL7 ITA5 SIN3 XPN4 RUS8 USARet MEXRet BRA4 ABU34º150 Scuderia Ferrari Ferrari SF16-H Ferrari 061 1.6 V6 t AUSRet BHR2 CHN5 RUS3 ESP2 MONRet CAN6 EUR4 AUT3 GBR5 HUN6 ALE6 BEL9 ITA4 SIN4 MAL4 XPN5 USARet MEX6 BRARet ABU6 6º 186 Scuderia Ferrari Ferrari SF70-H Ferrari 062 1.6 V6 t AUS4 CHN5 BHR4 RUS3 ESPRet MON2 CAN7 EUR14† AUT5 GBR3 HUN2 BEL4 ITA5 SINRetMALNTS XPN5 USA3 MEX3 BRA3 ABU4 4º 205Scuderia FerrariFerrari SF71-HFerrari 063 1.6 V6 t AUS3 BHRRet CHN3 ACE2 ESPRet MON4 CAN6 FRA AUT GBR ALE3 HUN3 BELRet ITA2 SIN5 RUS4 XPN5 USA1 MEX3 BRA3 ABURet 3º 251Alfa Romeo RacingAlfa Romeo Racing C38Ferrari 064 1.6 V6 t AUS8 BHR7 CHN9 ACE10 ESP14 MON17 CAN15 FRA AUT GBR ALE12 HUN7 BEL16 ITA15 SINRet RUS13 XPN12 MEXRet USA11 BRA4 ABU13 12º 43Alfa Romeo Racing ORLENAlfa Romeo Racing C39Ferrari 065 1.6 V6 t AUT EST HUN GBR 70º ESP BEL ITA TUS RUS EIF12 POR11 EMI9 TUR15 BAH15 SAK14 ABU12 16º 4Alfa Romeo Racing OrlenAlfa Romeo Racing C41Ferrari 065/6 1.6 V6 t BHR11 EMI13 PORRet ESP12 MON11 ACE10 FRA17 EST11 AUT15 GBR15 HUN10 BEL18 NED ITA RUS8 TUR12 USA13 MEX8 BRA12 QAT14 SAU15 ABURet 16º 10

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Kimi Räikkönen Formula One DataBase: Kimi Räikkönen

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Finlandia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Sauber Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos campións do mundo de Fórmula 1 Categoría:Nados en Espoo