São Paulo (pronúnciase 8px|link= ) é un municipio brasileiro, capital do estado homónimo e principal centro financeiro, corporativo e mercantil da América do Sur.. É a cidade máis grande do Brasil cuns 11 253 503 habitantes, conforme estatísticas do Goberno Brasileiro feitas en 2011. Sitúase a 430 km da cidade do Río de Xaneiro, a 586 km da cidade de Belo Horizonte e a 1015 km de Brasilia, a capital do Brasil. Foi fundada polos misioneiros xesuítas o 25 de xaneiro de 1554. A área do municipio (equivalente a concello) é 1.522,99 km², e, coa súa rexión metropolitana (formada por outros 38 concellos veciños), atinxe máis de 8 mil km² e un total de 20 millóns de poboadores, tornándoa así a cidade máis poboada de América do Sur e unha das máis grandes aglomeracións urbanas do mundo.

São Paulo é a cidade brasileira máis influente no escenario global, sendo, en 2016, a 11.ª cidade máis globalizada do planeta, recibindo a clasificación de cidade global alfa, por parte do Globalization and World Cities Study Group & Network (GaWC). Así mesmo, é a cidade lusófona máis poboada e importante do mundo en termos tanto demográficos como culturais e económicos.

É un importante centro financeiro de América Latina,Londres es la capital financiera mundial . CNN Expansión (10-6-2008). Consultado el 14 de septiembre de 2009. algunhas fontes sitúana como a mellor cidade para facer negocios en América Latina. San Pablo: Luis Carlos Mussó . La Revista (1-3-2009). Consultado el 14 de septiembre de 2009.A cidade não pode parar (en portugués). Abril.com (2004). Consultado o 11 de decembro do 2023.Segundo estudos das consultoras Brookings, AméricaEconomía e PriceWaterhouseCoopers, é a cidade máis rica de América Latina, segundo o seu PIB (PPA).

São Paulo é un dos grandes centros de cultura, entretemento, moda, negocios e tráfico de drogas a nivel mundial. A Bovespa é a décimo terceira maior bolsa de valores (en valor de mercado) do mundo e a maior de Latinoamérica. Segundo o sitio da Bovespa, neste mercado cotízanse máis de 500 compañías.(en portugués)? Empresas que cotizan en la Bovespa A pizza é un dos pratos favoritos da cidade, cunha produción de 1 millón de unidades por día, con 30 % das vendas nacionais, só superada por Nova York.(en portugués) http://www.tottalmarketing.com/descricoes_noticia.php?go=4&index=10570&PHPSESSID=0c69946a930b77 San Pablo es la segunda ciudad donde se consumen más pizzas después de Nueva York

Historia

miniatura|dereita|Fundación de São Paulo, cadro de 1913 de Antônio Parreiras. Dende a súa fundación ó 1554, São Paulo foi inicialmente un pequeno concello, ata a súa elevación a cidade, ó 1711. Despois, continuou a ser unha pequena cidade, mesmo cando se tornou na capital da entón provincia de São Paulo, hoxe estado. O seu crecemento só comezou a acelerarse despois da construción do ferrocarril conectando a cidade de Santos (no litoral) ata Jundiaí (no interior do estado de São Paulo), ó 1867 pasando pola cidade de São Paulo. Coa inauguración desa liña, o café, producido no interior do estado, pasou a ser transportado máis facilmente ata o porto de Santos, e a riqueza producida polo café posibilitou a implantación das primeiras industrias na capital.

Para substituír a man de obra escrava utilizada no traballo, cada vez máis escasa a mediados do século XIX ata o fin do réxime escravista en 1888, o Brasil pasou a buscar inmigrantes en Europa interesados en emigrar ao país e empregarse como asalariados. Moitos interesáronse nas posibilidades de traballo, principalmente os italianos. Pero outros destes inmigrantes (un gran número de italianos, e a maioría dos españois e portugueses) preferiron ir á capital, traballar nas industrias que xurdían e no comercio que crecía. As familias propietarias de grandes facendas no interior do estado comezaron a instalarse na rexión da Avenida Paulista a finais do século XIX. A partir de 1908, comezan a chegar os xaponeses, que se establecen no barrio da Liberdade. Os seus descendentes, actualmente espallados por toda a cidade, están totalmente integrados na vida paulistana, ou sexa, da cidade de São Paulo, e forman unha comunidade numericamente importante. Catedral de São Paulo.|200px|miniatura Coa inmigración crecente, a poboación comezou a medrar no inicio do século XX. No ano 1900 eran 240 mil habitantes. Chegou a primeira guerra mundial e a dificultade de importar, así as industrias creceron, e con elas, a necesidade de man de obra. Despois da Crise de 1929, a baixa do prezo do café no exterior dificultou a obtención de diñeiro para as importacións, aumentando o mercado para as industrias locais. Outro impulso veu coa segunda guerra mundial, pola dificultade de importar manufacturados dos países involucrados no conflito. Nos anos 50 instalouse a industria automobilística no Brasil, e un aumento aínda máis forte da necesidade de man de obra.

Estas expansións da industria ata fins da primeira guerra mundial, atraeron primeiro os inmigrantes estranxeiros; despois atraeu inmigración de brasileiros, de estados do Nordeste e de Minas Xerais. A inmigración de brasileiros intensificouse despois da segunda guerra mundial, sobre todo nos anos 1950 ata 1970. A melloría das condicións de hixiene e saúde despois dos avances da medicina no século XX tamén contribuíron ao aumento das expectativas de vida e redución da mortalidade infantil, posibilitando un aumento acelerado da poboación. No Censo de 1940, a cidade tiña 1,3 millón de habitantes; en 1950 eran 2,2 millóns; en 1960 xa eran 3,8 millóns; en 1970, 5,9 millóns; en 1980 alcanzáronse os 8,47 millóns.

Este vigoroso crecemento nunha escala que non foi coñecida en ningún país europeo, xunto coa demora en crear a súa rede de transporte urbano de alta capacidade (a primeira liña do metro foi inaugurada en 1975), resultou en problemas de tráfico urbano e escaseza de transporte colectivo, pois as persoas vivían cada vez máis lonxe dos seus locais de traballo. Outra consecuencia do rápido poboamento foi o xurdimento de vivendas en condicións precarias (no Brasil, chamadas favelas, ou cando aparecen en edificacións moi antigas e abandonadas, cortiços), polución do aire (fumes dos vehículos) do solo (lixo) e dos ríos (residuos domésticos e industriais) e ausencia de parques e prazas para lecer da poboación.

Xeografía miniatura|250px|Localización do municipio de São Paulo no estado homónimo. São Paulo está localizada na cunca do río Tietê e dos seus principais afluentes na área urbana, o Río Pinheiros, o río Tamanduateí e o río Aricanduva. A súa altitude media é 760 m e o seu punto máis alto é o Pico do Jaraguá, con 1.135 m de altitude.

O clima da cidade é tropical de altitude, e moi influenciado actualmente pola urbanización. O gran número de edificios e de rúas asfaltadas fan xurdir as chamadas illas de calor, onde a temperatura local é máis elevada que en rexións próximas recubertas por vexetación.

As principais áreas verdes da cidade encóntranse nos seus extremos norte (Serra da Cantareira) e sur (Serra do Mar). Algúns parques, como o Parque do Ibirapuera, o Parque do Estado (onde se sitúan o Xardín Zoolóxico e o Xardín Botánico da cidade), o Parque Trianon, o Parque do Carmo e outros, son illas de verde en medio da grande area urbanizada. A cidade de São Paulo atinxiu un récord de baixa temperatura e, en 1918, onde a temperatura chegou a -7,6 °C na rexión da Avenida Paulista e en temperaturas moito máis baixo en áreas residenciais, como Santo Amaro daquel distrito, que rexistrou -9,8 °C no mesmo día.

Goberno miniatura|esquerda|O Edifício Matarazzo, sede da Prefectura de São Paulo, no centro da cidade.

Por ser a capital do estado de São Paulo, a cidade é sede do Goberno estatal, cuxa sede está no Palácio dos Bandeirantes, e da Asemblea Lexislativa do Estado.

O Poder Executivo do municipio de São Paulo é representado polo prefecto (equivalente ao alcade) e o seu gabinete de secretarios. A lei orgánica do municipio é o actual Plan Director da cidade, porén, determínase que a administración pública deba garantir á poboación ferramentas efectivas de manifestación da democracia participativa, o que fai que a cidade sexa dividida en subprefecturas, cada unha delas liderada por un subprefecto nomeado polo prefecto.

O Poder Lexislativo é representado pola Cámara Municipal de São Paulo, composta por 55 vereadores (concelleiros) electos para cargos de catro anos. Cabe á Cámara elaborar e votar leis fundamentais á administración e ó Executivo, especialmente o orzamento municipal, coñecido coma Lei de Directrices Orzamentarias.

Como complemento ó processo lexislativo e ó traballo das secretarías, existen tamén unha serie de consellos municipais, cada un deles versando sobre temas diferentes, compostos obrigatoriamente por representantes dos sectores varios da sociedade civil organizada. A actuación e representatividade efectivas de tales consellos, porén, son ás veces cuestionadas. Os seguintes consellos municipais están actualmente en actividade: Consello Municipal da Crianza e do Adolescente (CMDCA); da Informática (CMI); dos Deficientes Físicos (CMDP); da Educación (CME); da Vivenda (CMH); do Medio Ambiente (CADES); da Saúde (CMS); do Turismo (COMTUR); dos Dereitos Humanos (CMDH); da Cultura (CMC); da Asistencia Social (COMAS) e das Drogas e Alcol (COMUDA).

Pertence tamén á prefectura (ou é esta socia maioritaria nos seus capitais sociais) as seguintes empresas responsábeis de aspectos diversos dos servizos públicos e da economía de São Paulo: miniatura|dereita|Vista da Praça da Bandeira e a entrada do Túnel do Anhangabaú, co Palácio Anchieta ó fondo, a sede da Cámara Municipal de São Paulo. São Paulo Turismo S/A (SPTuris): empresa responsábel da organización de grandes eventos e da promoción turística da cidade. Companhia de Engenharia de Tráfego (CET): subordinada á Secretaría Municipal de Transportes, é responsábel da fiscalización do tráfico, aplicación de multas (en cooperació co DETRAN) e mantemento do sistema viario da cidade. Companhia Metropolitana de Habitação de São Paulo (COHAB): subordinada á Secretaría da Vivenda, é responsábel da execución de políticas públicas de vivenda, especialmente a construción de conxuntos habitacionais. Empresa Municipal de Urbanização de São Paulo (EMURB): subordinada á Secretaría de Planificación, é responsábel das obras urbanísticas e do mantemento dos espazos públicos e mobiliario urbanos. Companhia de Processamento de Dados de São Paulo (PRODAM): responsábel da infraestrutura electrónica e informática da prefectura. São Paulo Transportes Sociedade Anônima (SPTrans): responsábel do funcionamento dos sistemas de transposte público xestionados pola prefectura, coma as liñas de autobuses municipais.

Demografía

Divisións administrativas miniatura|400px|Divisións administrativas de São Paulo. A cidade divídese en 31 subprefecturas, que á súa vez se dividen en distritos. Estas subprefecturas agrúpanse en nove rexións ou zonas.

Rexión Central Subprefeitura da Sé

Rexión Este 1 Subprefeitura de Ermelino Matarazzo Subprefeitura de Itaquera Subprefeitura da Penha Subprefeitura de São Mateus

Rexión Este 2 Subprefeitura da Cidade Tiradentes Subprefeitura do Itaim Paulista Subprefeitura de Guaianases Subprefeitura de São Miguel Paulista

Rexión Sueste Subprefeitura de Aricanduva Subprefeitura do Ipiranga Subprefeitura da Mooca Subprefeitura da Vila Prudente

Rexión Oeste Subprefeitura do Butantã Subprefeitura da Lapa Subprefeitura de Pinheiros

Rexión Nordés Subprefeitura de Casa Verde Subprefeitura do Tremembé Subprefeitura de Santana Subprefeitura da Vila Maria

Rexión Noroeste Subprefeitura da Freguesia do Ó Subprefeitura de Perus Subprefeitura de Pirituba

Rexión Centro-Sur Subprefeitura do Jabaquara Subprefeitura de Santo Amaro Subprefeitura da Vila Mariana

Rexión Sur Subprefeitura da Capela do Socorro Subprefeitura do Campo Limpo Subprefeitura da Cidade Ademar