Ramón Nicolás Rodríguez, nado en Vigo o 9 de xuño de 1966, é un profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego.

Traxectoria En 1989 licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vigo).

Realiza crítica literaria desde o ano 1990 en diversas revistas e publicacións. Desde hai anos exerce a crítica semanalmente no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia. Dirixiu a sección " Breviario" da revista Biblos. Clube de lectores. Colaborou no programa Libro aberto da TVG e foi responsable de asinar as páxinas de información de libros galegos na revista Qué leer (2005-2014).

Desde 2011 é padroeiro da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia. Asemade é ensaísta e tradutor e pertence á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, á Asociación Española de Críticos Literarios e á Asociación Galega da Crítica. Mantén, desde 2010, un dos blogs literarios máis veteranos de Galicia, como é o Caderno da crítica. Literatura galega. Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro.

En 2021 foi escollido académico correspondente da Real Academia Galega. O 23 de abril de 2026 foi elixido membro do Consello da Cultura Galega. miniatura|300px|Presentación de Lapis na noite na Casa das Campás en 2018. Con Xaime Toxo, Montse Fajardo e Fran Alonso Obra Ensaio O soño sulagado. Guía de lectura (1992). Vilaboa: Edicións do Cumio, Guías de lectura. ISBN 978-84-87126-53-6. Diccionario dos verbos galegos (1993). Vilaboa: Edicións do Cumio. 636 páxs. ISBN 9788487126642. Manuel Luís Acuña (2000). Vigo: Xerais. 224 páxs. ISBN 978-8483025772. Papeis de literatura. Dez anos de revisión crítica (2001). Vigo: Xerais, col Peto. 464 páxs. ISBN 978-8483026465. Manuel Lugrís Freire. Biografía e antoloxía (2006). Vigo: Xerais. Ilustracións de Fino Lorenzo. 96 páxs. ISBN 84-9782-441-5. Infantil e xuvenil. Manuel Lugrís Freire. Vida e obra (2006). Vigo: Xerais, Col. Letras galegas. 152 páxs. ISBN 84-9782-431-8. Conversas con Celso Emilio Ferreiro (2009). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-9782-975-5. Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (2012). Vigo: Xerais. 624 páxs. ISBN 978-84-9914-402-3. Chorimas para Celso Emilio Ferreiro. Un memorial: 1979-2019 (2021). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo (2022). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-225-4. A nena que perdeu un zapato na lama. Begoña Caamaño no Calvario vigués (1964-1976) (2026). Vigo: Galaxia. ISBN 9788411765473. 72 páxs. Ilustracións de Carlos Gallego.

Narrativa O espello do mundo (2016). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-9121-051-1. ePub: ISBN 978-84-9121-060-3. Lapis na noite (2018). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-9121-399-4. ePub: ISBN 978-84-9121-374-1.

Escolmas

Antoloxía do Rexurdimento (1853-1916). Síntese teórica, escolma e suxestións de lectura (2024). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-531-6.

miniatura|Detalle da portada de O sol na crista do galo de Manuel Lueiro Rey, edición de Ramón Nicolás. Edicións Entrevistas a Álvaro Cunqueiro (1994). Nigra. ISBN 84-87709-15-X. Materia prima. Narrativa galega contemporánea (2002). Vigo: Xerais. 264 páxs. (Escolma de relatos). ISBN 9788483028407. Derradeira escolma ferida, de Manuel Lueiro Rey (2003). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-8302-896-4. O sol na crista do galo, de Manuel Lueiro Rey (2003). Vigo: Xerais. 320 páxs. ISBN 978-84-8302-968-8. Celso Emilio Ferreiro: Poesía galega completa (2004). Vigo: Xerais. 792 páxs. ISBN 978-84-9782-138-4. Celso Emilio Ferreiro: Semblanzas, crónicas e artigos (2005). Vigo: Xerais. 456 páxs. ISBN 978-84-9782-254-1. O Grove: canción do sal e do vento, de Manuel Lueiro Rey (2005). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 9788497823814. Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética (2008). Pontevedra: Faktoría K. Con Manuela Rodríguez. Ilustracións de Baldo Ramos. 52 páxs. ISBN 978-84-96957-30-5. Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora (2008). Ourense: Ouvirmos. ISBN 978-84-661-0328-2. Non debían medrar, de Manuel Lueiro Rey (2016). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-8491210719. Novas crónicas dunha transición intransixente (1977-1988), de Manuel Lueiro Rey (2016). Santiago: Laiovento. 124 páxs. ISBN 9788484873181. Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía (2017). A Coruña: Real Academia Galega.Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía en PDF. ISBN 978-84-946005-5-5. Longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro (2021). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-9121-937-8. Dicionario da nova literatura galega. 86 voces responden un inquérito, 1969 (2021). Xesús Alonso Montero. Xerais. 258 páxs. ISBN 978-84-9121-978-1. Trinta anos de poesía crítica.1936-1966. Estudo e escolma, de Xesúa Alonso Montero (2026). Vigo: Galaxia. 240 páxs. ISBN 978-84-1176-580-0.

Traducións Unha odisea nórdica, de Jack London (1995). Sotelo Blanco. Cairo branco, de Jack London (1997). Xerais. O fillo do acordeonista, de Bernardo Atxaga (2004). Xerais. A fin da terra, de María Rosa Lojo, (2006). Galaxia. Se eu fose moi delgado, de António Mota (2006). Kalandraka. Antología de poesía gallega 1, 2 = Antoloxía de poesía galega 1, 2, (2007). Xunta de Galicia. Edicións bilingües galego-castelán. Comandante Hussi, de Jorge Araújo >(2007). Kalandraka. Budapest, de Chico Buarque (2008). Faktoría K. Obabakoak, de Bernardo Atxaga, 2008, Faktoría K. Sete casas en Francia, de Bernardo Atxaga (2009). Faktoría K. 30 gramos, de Leonel Moura (2010). Lugo: Alvarellos. Catálogo de obxectos rebuldeiros, de Pablo Prestifilippo (2011). Faktoría K. Mefi, Sata e Demi, de Mercedes Neuschäfer-Carlón (2011). Kalandraka. A modelo descalza, de Jordi Sierra i Fabra (2011). Galaxia. A revolta dos indignados, de varios autores (2011). Faktoría K. Semanas, meses, de Reko e Tina Lundán (2011). Faktoría K. Con Jarna Piippo. Contos como pulgas, de Beatriz Osés (2012). Kalandraka. A guia necsia: de marcas, misterios, sucesos incribles, inventos e outras marabillas, de David Wapner (2013). Faktoría K de Libros. Legado nos ósos, de Dolores Redondo (2013). Xerais. Debuxos no muro, de Aurora Ruá (2014). Galaxia. Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo (2014). Xerais. Os fíos invisibles, de Montse Torrents (2015). Tramuntana. O neno bisesto, de José Luís Alonso de Santos, 2015, Kalandraka. A miña grande árbore, de Jacques Goldstyn (2016). Tramuntana. A árbore dos soños, de Fernando Alonso (2018). Kalandraka. Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade, de Antonio Lozano (2018). Kalandraka. Pedagoxía do oprimido, de Paulo Freire (2018). Kalandraka. Obabakoak de Bernardo Atxaga (2021). Faktoría K. 416 páxs. ISBN 978-84-16721-95-5.

Traducións ao castelán miniatura|Papeleta de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de 2023. Comandante Hussi, de Jorge Araújo (2007). Kalandraka. 30 gramos, de Leonel Moura (2011). Alvarellos Editora. La taberna del Galo, de Celso Emilio Ferreiro (2011). Pez de Plata Semanas, meses, de Reko e Tina Lundán (2011). Con Jarna Piippo. Faktoría K. Longa noite de pedra/Larga noche de piedra, de Celso Emilio Ferreiro (2011). Auga Editora.

Obras colectivas

Fírgoas, de Manuel Luís Acuña (1992) Xerais. Coeditor con Xosé Carlos López Bernárdez. Diccionario da literatura galega. I Autores (1995). Galaxia. Johan de Cangas, Martín Codax. Meendinho. Unha fotobiografía (1998). Xerais. As aventuras da mazá vermella, de Jan Lööf (2008). Kalandraka. Tradución con Jarna Piippo. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009,). Difusora. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010) Editorial Toxosoutos. VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012) Deputación da Coruña. Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor (2012) Librería Conde, Celanova. Manuel Lueiro Rey (1916]-1990) (2013). Xerais. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).Libro electrónico Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8

Premios Premio á cooperación editorial de Xerais no 2004. Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Crítico/a literario no 2008, 2009, 2010 e 2011. Premio Fervenzas Literarias á mellor tradución no 2009, por Sete casas en Francia, de Bernardo Atxaga. Premio Lois Tobío á mellor tradución pola Asociación Galega de Editores no 2011, por 30 gramos, de Leonel Moura. Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor traxectoria en xornalismo cultural no 2011. Premio á mellor obra non literaria en galego do 2012 en Redelibros, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Premio da AELG ao mellor blog literario do 2012, por Caderno da crítica. Premio da AELG ao mellor ensaio do 2012, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Premio Antón Losada Diéguez de ensaio no 2013, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2013. Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog literario de 2013, por Caderno da crítica. Premio da AELG ao mellor blog literario do 2013, por Caderno da crítica. Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog literario de 2014, por Caderno da crítica. Premio da AELG ao mellor blog literario do 2014, por Caderno da crítica. Entrada na Lista de Honra do IBBY en 2015 e 2016 da tradución de Bisa Bea, Bisa Bel, de Ana Maria Machado. Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog/web literaria de 2017, por Caderno da crítica. Premio "Proxecto literario da rede 2017" ao blog Caderno da crítica, na III Gala do Libro Galego.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Caderno da crítica. Literatura galega, blog de Ramón Nicolás.

Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1966 Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Tradutores ao castelán