O Ordizia Rugby Elkartea, chamado AMPO Ordizia por razóns de patrocinio, é un club de rugby vasco da localidade de Ordizia (Guipúscoa) fundado en 1973, que compite na División de Honra, primeira categoría do rugby español.

Historia

O Ordizia Rugby Elkartea foi fundado en 1973, e durante todos estes anos estivo vinculado á vida deportiva da vila de Ordizia e a comarca de Goierri.

Dende a súa fundación, moitos rapaces da comarca participaron nos diferentes eventos deportivos da vida do club e, ademais, este club de rugby portou o nome da vila de Ordizia en multitude de eventos en distintos países europeos coma Italia, Portugal, Francia, Escocia, Gales... e polas diferentes comunidades autónomas que configuran na actualidade o Estado español.

Debido a que a empresa AMPO de tecnoloxía ofreceu o seu patrocinio ao club, o equipo trocou o seu nome polo de AMPO Ordizia Rugby.

Dentro dos éxitos deportivos do club, cómpre destacar que en 2005 acadou o ascenso á máxima categoría do rugby español, a División de Honra, un fito histórico para este club.

Na tempada 2010-2011 o equipo acadou o subcampionato nacional de liga ó rematar 2º a só 1 punto do equipo campión, o Club de Rugby La Vila. Na tempada 2011-12 de novo chegou un subcampionato de liga, caendo na final fronte ó VRAC por 27-10, pero acadou o seu primeiro título de Copa do Rei.

Estadio 300px|miniatura|dereita|Estadio de Altamira. Nos seus primeiros anos de existencia o club xogou os seus encontros no vello Estadio Municipal de Altamira, campo que tivo que compartir co equipo de fútbol local. Logo dun tempo tendo que xogar en Hernani e Lazkao, en 1979 comezou a xogar no Fernando Trevijano, inaugurado o 9 de setembro dese ano. Altamira foi reformado en 2007 cun novo terreo de xogo sintético, e o equipo de rugby, que daquela xa ascendera á División de Honra, volveu a el en 2009.

Palmarés Liga Española de rugby: 0 títulos. 1ª posición: 2ª posición: 2010/11, 2011/12 Copa do Rei de rugby: 2 títulos. 1ª posición: 2011/12, 2012/13 2ª posición:

Posicións do Ordizia Rugby Elkartea en competicións nacionais dende a súa fundación Categoría201514131211100908070605040302010099989796959493929190898887868584838281807978777675Div.Honra 765 2 277677 x x Div.HonraB 13 8 1ªNacional 2121 164266553543 73 2 3 Copa 11

A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira Nacional desapareceu en 2014.

Tempada actual

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Ordizia Rugby Elkartea Información do equipo na páxina da Federación Española de Rugby Outros artigos

Ordizia