O Partido Popular do País Vasco ou Partido Popular de EuskadiDeclaracións do presidente do PP vasco, Antonio Basagoiti "no Partido Popular de Euskadi non estamos ni para líos nin para sectores de poder nin para familias, estamos para defender uns valores esenciais, como son a defensa da liberdade". ("Euskadiko Alderdi Popularra" en éuscaro), é a delegación do Partido Popular de España no País Vasco. A súa rama xuvenil son as Novas Xeracións do Partido Popular País Vasco. Tamén son coñecidos como populares vascos en castellano e Euskadiko popularrak (populares de Eskadi) en éuscaro.
Foi fundado en xaneiro de 1989 co nacemento do Partido Popular, herdeiro de Alianza Popular. A súa sede central áchase na Gran Vía de Bilbao e está presidido dende o 2008 por Antonio Basagoiti.
Presidentes Jaime Mayor Oreja (1989-1996) Carlos Iturgaiz Angulo (1996-2004) María San Gil Noain (2004-2008) Antonio Basagoiti Pastor (2008-presente)
Notas
Véxase tamén Partido Popular
Categoría:Partidos políticos do País Vasco