Vonda Shepard, nada en Nova York o 7 de xullo de 1963, é unha cantante estadounidense de rock/pop.

Traxectoria A súa familia mudouse para California cando ela era bastante nova. Desde nova foi unha boa pianista e durante anos despois tivo varios traballos como cantante de apoio, conseguindo finalmente o seu propio contrato de gravación.

En 1987 gravou un dueto con Dan Hill titulado "Can't We Try". Lanzou o seu primeiro álbum en 1989. Acadou sona polas súas aparicións na serie de televisión Ally McBeal, na que interpretou o papel dunha música residente dun bar onde os personaxes do show normalmente bebían despois do traballo. Adoptou os papeis de pianista, guitarrista e baixista.

Mentres estivo na serie gravou dous álbums máis, amais de dúas seleccións de bandas sonoras de Ally McBeal. Logo Vonda lanzou dous álbums máis en estudo e máis recentemente un álbum ao vivo Live: A Retrospective (2005).

Vonda está casada co produtor musical Mitchell Froom, co que tivo o seu primeiro fillo o 15 de abril de 2006.

Álbums Vonda Shepard 1989 US: Reprise Records, pola Vesper Alley Records en 1998 The Radical Light 1992 US: Reprise Records, pola Vesper Alley Records en 1998 It's Good, Eve 1996 US: Vesper Alley Records / UK: Epic Records Songs From Ally McBeal 1998 US: 550 Music/Epic/SME Records / UK: Epic Records #3 /España: #1 By 7:30 1999 US: Jacket Records / UK: Epic Records #39 Heart and Soul: New Songs From Ally McBeal 1999 US: 550 Music/Epic/SME Records / UK: Epic Records #9 Chinatown 2002 US: Jacket Records / UK: Edel Music Live: A Retrospective 2005 US: Jacket Records

Coleccións Ally McBeal: A Very Ally Christmas 2000 US: 550 Music/Epic/SME Records / UK: Epic Records Ally McBeal: For Once in My Life Soundtrack 2001 US: 550 Music/Epic/SME Records / UK: Epic Records

Sinxelos de Ally McBeal "Searchin' My Soul" #1 España "Hooked On A Feeling" #7 España "Maryland" "Tell Him" #29 España "Read Your Mind" "This Old Heart Of Mine" "Baby Don't You Break My Heart Slow" (canda Emily Saliers de Indigo Girls) "Someday We'll Be Together" "Confetti" "Love Is Alive" (canda Anastacia) "Chances Are" (canda Robert Downey Jr.)

Véxase tamén

Ligazóns externas Official Vonda Shepard Website Old Vonda Shepard Website Vonda Shepard Overview web page

Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1963