Álvaro Gil Varela, nado en Lugo en 1905 e finado en Madrid o 2 de outubro de 1980, foi un enxeñeiro de montes, empresario e filántropo galego.

Traxectoria Durante a súa mocidade participou na redacción da revista Ronsel, publicada en Lugo e dirixida por Evaristo Correa Calderón.

Foi axudante de Montes da Deputación de Pontevedra en 1929. Ampliou estudos en Francia e Italia sobre técnicas de pastos. Estivo aloxado na Residencia de Estudiantes. Ampliou estudos en Alemaña en 1934, onde se doutorou pola Universidade de Berlín en Ciencias Naturais. Traballou e colaborou co doutor Cruz Gallástegui en xenética animal.

Vinculado co galeguismo republicano, formou parte do Partido Galeguista. En xuño de 1936 o gobernador civil de Pontevedra Gonzalo Acosta Pan delegou nel a presidencia da Xunta Provincial do Paro.El Diario de Pontevedra, 20-6-1936, p. 2.El Pueblo Gallego, 1-7-1936, p. 1. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo encarcerado. Abríronlle expediente pola Comisión Provincial de Incautación de Bens en 1938,El Compostelano, 2-7-1938, p. 2. e foi depurado, sendo sancionado con tres anos de inhabilitación para o cargo de axudante de repoboación forestal.El Pueblo Gallego, 25-1-1940, p. 5. Desposuído dos seus títulos académicos entrou en contacto coa empresa Zeltia, na que ocuparía cargos directivos. Tamén participou na xestión de Transfesa. Durante o período franquista axudou a financiar a actividade clandestina do nacionalismo galego.

Entre 1955 e 1980 realizou numerosas doazóns ao Museo Provincial de Lugo, entre as que se contan obras pictóricas e pezas de incalculable valor, como o torque de Burela e o carneiro alado de Ribadeo, ademais de brazaletes, arracadas e pulseiras de ouro de tradición celta. No 2009 unha sentenza xudicial deu a razón aos seus herdeiros, que reclamaban a reversión das devanditas doazóns.

Recoñecementos

Foi nomeado Fillo Predilecto da cidade de Lugo. Vida persoal

Casou en Lugo con Antonia Arias Vázquez en marzo de 1931.El Ideal Gallego, 6-3-1931, p. 5. Notas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Políticos do Partido Galeguista