O Chelsea Football Club é un equipo profesional de fútbol de Inglaterra, con sede na zona oeste de Londres. Fundado en 1905, xoga na Premier League e ten pasado a meirande parte da súa historia na elite do fútbol inglés. O Chelsea posúe catro títulos da liga inglesa, ademais de sete FA Cups, catro League Cups, catro Community Shields, dúas Ligas de Campións, unha Europa League, dúas Recopas de Europa e unha Supercopa de Europa.Trophy Cabinet
O primeiro grande éxito do club foi na tempada 1954-55, cando gañaron o seu primeiro campionato de liga, gañando outras varias competicións entre os anos 1960 e 1970, mais dende aquela non volveron gañar ningún título até 1997. Con todo, a última década converteuse no período máis frutuoso da historia do Chelsea, gañando catro títulos da Premier League, dous deles consecutivos nas tempadas 2004-05 e 2005-06, e chegando ás súas dúas primeiras finais da Liga de Campións, caendo na final da edición 2007-08 fronte ó Manchester United, e vencendo na edición 2011-12 fronte ó Bayern Múnic.
Stamford Bridge, situado no barrio londiniense de Fulham, ten capacidade para 41.841 espectadores e é o estadio do Chelsea dende a súa fundación. A sede social do club atópase nas aforas da freguesía de Kensington e Chelsea, no distrito de Hammersmith e Fulham. No ano 2003, o club foi mercado polo magnate do petróleo ruso Roman Abramovich.Russian businessman buys Chelsea
As cores tradicionais do uniforme do Chelsea son o azul da súa camiseta e dos seus pantalóns e o branco das medias. O escudo do club trocou varias veces ao longo da súa historia, tentando modernizar ou cambiar a marca. O actual emblema consta dun león cerimonial cun bastón, sendo unha versión modificada do escudo que se adoptou por primeira vez na década de 1950. O club ten a quinta media de espectadores por partido máis elevada da historia do fútbol inglés. A media durante a tempada 2008-09 foi de 41.464 espectadores (o 99% da capacidade do estadio), a quinta máis alta da Premier League.
Historia Fundación, modernización e éxitos miniatura|esquerda|250px|Primeiro equipo do Chelsea en 1905. O Chelsea Football Club foi fundado o 14 de marzo de 1905 no pub The Rising Sun, actualmente The Butcher's Hook polo empresario Gus Mears, xunto co seu irmán Joseph Mears e, pouco despois da súa fundación, foi elixido para participar na Football League. Os primeiros anos do club viron pouco éxito, xa que o máis preto que estivo de gañar un campionato importante nese entón foi cando chegou á final da FA Cup en 1915, onde o Chelsea foi derrotado 3-0 polo Sheffield Wednesday. Con todo, Chelsea gañou unha gran reputación pola sinatura de xogadores de renome e por mostrar espectáculo durante os partidos, aínda que causou moi pouco impacto durante os anos de guerra.
O ex-dianteiro do Arsenal F.C. e da selección inglesa, Ted Drake, converteuse en adestrador do Chelsea en 1952 e procedeu a modernizar ao club. Eliminouse o escudo do Pensionista de Chelsea e mellorouse a canteira do club e a forma de adestrar do equipo, levando ao Chelsea ao seu primeiro campionato de liga na tempada 1954-55. A tempada seguinte, a UEFA creara a primeira Copa de Campións de Europa, pero despois de obxeccións por parte da Football League e da FA, o Chelsea viuse obrigado a retirarse do torneo antes de que este comezase.
A década de 1960 viu o xurdir de talentosos mozos baixo o mandato de Tommy Docherty, que loitaron por consagrarse nalgún torneo durante toda a década, mais soportando moitos fracasos. O equipo estaba en camiño a conseguir un triplete na tempada 1964-65 coa First Division, FA Cup e Football League Cup, mais finalmente só gañou esta última, non chegando a consagrarse coma campión nas outras dúas competicións. Nas tres tempadas seguintes os "Blues" foron eliminados nas semifinais de varias competicións importantes, logrando soamente un subcampionato da FA Cup. Non foi senón até 1970 cando o Chelsea logrou a Copa de Inglaterra por primeira vez na súa historia, superando ao Leeds United por 2-1 no desquite da final. Un ano despois, o Chelsea logrou consagrarse na súa primeira competición europea, cando gañou a Recopa de Europa noutra final de desquite, ao derrotar ao Real Madrid por 2-1 en Atenas.
Período turbulento miniatura|Progreso do Chelsea na Liga. miniatura|A construción da bancada leste case leva á ruína ao club. A finais dos anos 70 e durante a década de 1980 comezou un período turbulento para o Chelsea. Unha ambiciosa modernización de Stamford Bridge puxo en perigo a estabilidade financeira do club e os xogadores estrelas foron vendidos, sendo relegado o equipo á Second Division. Outros problemas foron causados polo xurdir dos grupos de hooligans, os cales foron a praga do fútbol inglés durante toda a década. En 1982, no medio dunha forte crise financeira, Ken Bates comprou ao Chelsea pola incrible suma de £1, aínda que despois a plena propiedade do Stamford Bridge foi vendida a promotores inmobiliarios, o que significaba que o club podía perder o seu estadio. No campo de xogo as cousas melloraron un pouco, pero a irregularidade aínda estaba presente. Estiveron preto de descender á Third Division na tempada 1982-83, pero coa chegada de John Neal púidose armar un bo equipo cun desembolso mínimo, co que o Chelsea gañou o título da Second Division en 1983-84, logrando logo establecerse na First Division, antes de descender novamente en 1988. Con todo, o club logrou ascender un ano despois con outro título da Second Division para non volver descender outra vez.
Despois dunha longa batalla legal, Bates logrou reunir a plena propiedade do estadio co club en 1992 logo de chegar a un acordo cos seus acredores despois de que os promotores inmobiliarios se foran á quebra por unha caída do mercado. A nova forma de xogar do Chelsea na Premier League era pouco convincente a pesar de que chegou á final da FA Cup en 1994. Non foi senón até o arrivo en 1996 de Ruud Gullit como xogador-adestrador cando a sorte do club cambiou. Gullit engadiu varios xogadores de clase mundial ao equipo, dándolle a súa segunda FA Cup en 1997 e levándoo novamente a ser un dos mellores equipos en Inglaterra. Logo, Gullit foi substituído por Gianluca Vialli, quen levou ao equipo a conseguir a Football League Cup, a Recopa de Europa e a Supercopa de Europa en 1998; a FA Cup no 2000 e a clasificación á súa primeira Liga de Campións da UEFA o mesmo ano. Vialli logo foi substituído por outro italiano, Claudio Ranieri, quen levou ao Chelsea á final da FA Cup no 2002 e á clasificación da Liga de Campións un ano despois.
Chegada de Abramóvich miniatura|Roman Abramovich, dono do club dende 2003. En xuño de 2003, Bates vende o club ao millonario ruso Roman Abramóvich por £60 millóns, completando o que nese entón foi considerada a venda máis cara dun club na historia do fútbol inglés. Máis de 100 millóns de libras destináronse na contratación de novos xogadores, pero aínda así Ranieri non puido conseguir ningún trofeo, polo que foi substituído polo adestrador portugués José Mourinho. Baixo o mando de Mourinho, o Chelsea converteuse no quinto equipo inglés en gañar un bicampeonato de liga dende a segunda guerra mundial, 2004-05 e 2005-06, ademais de gañar a FA Cup no 2007 e dous títulos de Football League Cup no 2005 e 2007. En setembro de 2007 Mourinho foi substituído polo israelí Avram Grant,Chelsea name Grant as new manager quen levou ao equipo á súa primeira final de Liga de Campións no 2008, onde foi derrotado en penaltis polo Manchester United. Grant foi despedido días despoisGrant sacked as Chelsea manager e substituído polo brasileiro Luiz Felipe Scolari en xullo de 2008.
Scolari soamente durou sete meses no cargo antes de ser despedido polos malos resultados. O adestrador da Selección de fútbol de Rusia, Guus Hiddink, foi nomeado adestrador interino até o fin da tempada 2008-09.Chelsea confirm Hiddink as coach Esta tempada finalizou coa obtención da FA Cup despois dunha vitoria 2-1 sobre o Everton FC o 30 de maio de 2009. Dous días despois, o adestrador italiano Carlo Ancelotti foi contratado como novo adestrador do equipo.
Escudo e cores Escudo
160px|miniatura|O primeiro escudo do club inspirouse nos Pensionistas de Chelsea. Dende a fundación do club o Chelsea tivo catro escudos, todos eles con pequenas modificacións. No ano 1905, Chelsea adoptou como primeiro escudo a imaxe dun Pensionista de Chelsea, que obviamente contribuíu ao alcume do equipo por eses anos, The Pensioners, mantido preto de cincuenta anos. Con todo, este escudo nunca apareceu nos deseños das camisetas. Como parte do plan de modernización do club, levado a cabo por Ted Drake dende o ano 1953 en diante, decidiuse trocar o escudo do pensionista para lavar a imaxe do club e poder adoptar un novo escudo.Club Badges Decidiuse crear un emblema temporal que foi utilizado só durante un ano, e que consistiu soamente nas iniciais C.F.C. No ano 1953, o emblema foi cambiado a un león mirando cara a atrás e sostendo un bastón, emblema que se mantivo polo seguintes trinta anos.
Este escudo estaba baseado nos elementos do escudo de armas do Distrito Metropolitano de Chelsea;Camberwell Metropolitan Borough Council o león rampante mirando cara a atrás tomado das armas do entón presidente do club, o Vizconde de Chelsea e o bastón das armas dos Abades de Westminster, antigos Señores de Chelsea. Tamén se vían representadas tres rosas vermellas, aludindo a Inglaterra, e dous balóns de fútbol. Este foi o primeiro escudo en aparecer na indumentaria oficial dende que a política de pór os emblemas nas camisetas foi adoptada ao comezo dos anos 1960.
En 1986, co club baixo novos propietarios, decidiuse cambiar novamente o escudo, como outro plan para modernizar ao equipo e obter novas oportunidades de mercado. No novo emblema figuraba un león máis natural e menos heráldico, amarelo e non azul, apoiado sobre as iniciais C.F.C. Mantívose por dezanove anos con algunhas pequenas modificacións, como o uso de cores diferentes. Con novos propietarios, e o achegamento das celebracións do centenario do club, combinado con demandas por parte dos seareiros, quen desexaban restaurar o emblema tradicional, decidiuse que o escudo ía trocar novamente no ano 2004. O novo escudo foi oficialmente adoptado para o comezo da tempada 2005-06 e marcou o regreso do vello deseño do león sostendo un bastón. Como nos anteriores emblemas, este apareceu en diferentes cores, incluídos o branco e o dourado.
Uniforme 120px|miniatura|Michael Ballack. O Chelsea sempre usou camisetas de cor azul, a pesar de que no primeiro uniforme do club o azul utilizado era máis pálido que o de hoxe, ademais de pantalóns brancos e medias azul escuro. O azul pálido foi tomado das vestimentas do entón presidente do club, o Conde de Cadogan. A cor destas camisetas foi cambiada por unha nova versión que contiña o azul "royal" preto do ano 1912. Cando Tommy Docherty se converteu en adestrador do equipo ao comezo dos anos 1960 cambiouse novamente o uniforme, engadindo pantalóns azuis, que seguen a ser usados até o día de hoxe, e medias brancas, co argumento de que estas cores eran máis distintivas, xa que ningún outro equipo importante usaba esta combinación. Este uniforme foi utilizado por primeira vez na tempada 1964-65.
As cores tradicionais para o uniforme alternativo do club son o amarelo ou branco en todo o equipamento mais, como moitos equipos, tivo algúns moi inusitados. O primeiro uniforme alternativo consistía en franxas azuis e brancas, e nun partido dos anos 1960 o equipo usou un uniforme con franxas azuis e negras ao estilo do Inter de Milán, en contra das ordes do propio Docherty. Este uniforme utilizouse para a semifinal da FA Cup contra o Sheffield Wednesday, o 23 de abril de 1967. Outros uniformes memorables inclúen un uniforme verde usado nos anos 1980 e un axadrezado en branco e vermello a comezos dos anos 1990.Classic Kits