O Mirante do Vale é un rañaceos localízado en São Paulo, no Brasil. Con 170 metros de altura, foi durante 48 anos o maior edifício do país, ata que foi superado en 2014 polo Millennium Palace, en Balneário Camboriú. Proxectado polo arquitecto Waldomiro Zarzur, a súa construción comezou en 1960, sendo inaugurado en 1966. O edificio localízase na rexión do Vale do Anhangabaú.
Historia Foi proxectado polo enxeñeiro Waldomiro Zarzur conxuntamente con Aron Kogan.
A construción do rañaceos levou cinco anos. Waldomiro era un enxeñeiro cunha considerable experiencia. A súa primeira obra, unha casa na Rúa Afonso Brás, na Vila Nova Conceição, foi executada cando tiña só 21 anos e aínda estudaba Enxeñeria na Universidade Presbiteriana Mackenzie. Nesa época, a amizade co tamén estudante Aron Kogan transformouse en sociedade que duraría ata 1960, cando Kogan foi asasinado e Waldomiro asumiu a dirección da empresa.
É posible ter unha visión aérea do Mirante do Vale visitando o observatorio da torre do Banespa ou o Terraço Itália, dende onde parece mais baixo, debido a estar situado nun val.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Centro de São Paulo Avenida Paulista
Ligazóns externas Mirante do Vale Emporis SkyscraperPage
Categoría:São Paulo Categoría:Rañaceos do Brasil