Erriapus, tamén coñecido coma Saturno XXVIII, é un satélite irregular de movemento directo de Saturno. Foi descuberto por Brett Gladman, John J. Kavelaars, e o seu equipo no 2000, e déuselle a designación temporal S/2000 S 10.IAUC 7539: S/2000 S 10{ 7 de decembro do 2000 (descubrimento)MPEC 2000-Y14: S/2000 S 3, S/2000 S 4, S/2000 S 5, S/2000 S 6, S/2000 S 10 19 de decembro do 2000 (descubrimento e efemérides) Foi bautizada coma Erriapo en agosto do 2003IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus 8 de agsoto do 2003 (bautizando a lúa) e despois foi cambiado a Erriapus, un xigante da mitoloxía gala; o nome foi cambiado da súa forma en dátivo Erriapo a forma do nominativo Erriapus pola UAI no 2007.

Erriapus ten aproximadamente 10 km de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia de 17,3 Gm en 871 días.

Membro do grupo de satélites irregulares Gallic, que amosan características orbitais semellantes así coma unha cor vermella clara, pensase que é posible que Erriapus nacese da fragmentación do corpo proxenitor do grupoGrav, T.; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; Aksnes, K.; Photometric survey of the irregular satellites, Icarus, 166 (2003), pp. 33-45Gladman, B. J.; Nicholson, P. D.; Burns, J. A.; Kavelaars, J. J.; Marsden, B. G.; Holman, M. J.; Grav, T.; Hergenrother, C. W.; Petit, J.-M.; Jacobson, R. A.; e Gray, W. J.; Discovery of 12 satellites of Saturn exhibiting orbital clustering, Nature, 412 (12 de xullo do 2001), pp. 163–166 ou que sexa un fragmento de AlbiorixGrav, T.; and Bauer, J.; A deeper look at the colors of Saturnian irregular satellites.

Notas

Ephemeris from IAU-MPC NSES

Véxase tamén

Outros artigos Saturno Albiorix Tarvos Bebhionn Grupo Galo Grupo Inuit

Ligazóns externas David Jewitt pages

Categoría:Lúas de Saturno