El alcalde de Zalamea (O alcalde de Zalamea), cuxo título orixinal era El garrote más bien dado, é unha obra teatral do Século de Ouro de Pedro Calderón de la Barca. Sinopse miniatura|300px|El alcalde de Zalamea. Relevo en bronce, detalle do monumento a Calderón de Madrid (J. Figueras, 1878). A trama desenvólvese en Zalamea de la Serena, unha vila da provincia de Badaxoz, durante o verán de 1580, ano no cal Filipe II manda un exército cara a Portugal para reclamar os seus dereitos dinásticos sobre a Coroa Portuguesa. O capitán dunha bandeira do terzo aloxado na vila séntese enormemente atraído pola filla dun labrego adiñeirado que posteriormente será nomeado alcalde. Tras varias artimañas os seus plans para ver a moza son truncados polo comandante do terzo, Lope de Figueroa; así que cando as tropas abandonan a vila decide volver cuns poucos soldados fieis e raptar a labrega, a quen logo forza. O capitán é prendido polo pai da moza, xa ordenado alcalde, e a parte seguinte baséase no intento de reclamar xustiza e recuperar a honra familiar por métodos non-convencionais que consistirían en matar a súa propia filla. Un alcalde non tiña xurisdición sobre delitos cometidos por militares, pero habilmente demorou a Lope de Figueroa, que reclamaba o cativo, ata a chegada do Rei; grazas a un afortunado discurso do alcalde, permite que este teña xurisdición sobre o capitán.

Personaxes O rei Filipe Segundo. Don Lope de Figueroa. D. Alvaro de Atayde, Capitán. Sarxento. Soldados. Rebolledo e a Chispa. Pedro Crespo, labrador e alcalde. Juan, fillo de Pedro Crespo. Isabel, filla de Pedro Crespo. Ynes, curmá de Isabel. Don Mendo. Nuño, Criado. Escribán. Viláns.

Os acontecementos na realidade Calderón de la Barca pon en boca de Pedro Crespo que a historia é verdadeira ó final da obra, pero non chegou até a actualidade ningunha testemuña sobre os sucesos nin sobre a presenza dunha bandeira en Zalamea. As andainas de Filipe II pola zona nesas épocas están perfectamente constatadas chegando a hospedarse uns meses en Badaxoz.

Repercusións na actualidade Con motivo do cuarto centenario do nacemento de Calderón de la Barca Correos emitiu o 17 de novembro do 2000 un selo de 60 céntimos cuxo motivo principal foi El alcalde de Zalamea.correos.es LITERATURA ESPAÑOLA. PERSONAJES DE FICCIÓN Dende 1994 a obra é representada a terceira semana de agosto en Zalamea de la Serena. Nun grande espazo ó aire libre no cal participan uns cincocentos veciños da localidade, e con capacidade para un público de máis de 2500 persoas. En 2008 foi cualificada Festa de Interés turístico Rexional.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Pedro Calderón de la Barca; El alcalde de Zalamea. Edición de Á.J. Valbuena-Briones, colección Letras Hispánicas, Ed. Cátedra, 1995.

Ligazóns externas Versión en liña de El alcalde de Zalamea

Categoría:Obras de teatro en castelán Categoría:Obras literarias de 1636