Corasmia é unha rexión histórica situada ao sur do mar de Aral, no curso inferior do río Oxus (río Amu Daria) parte occidental de Asia Central, entre os actuais Uzbekistán, Turkmenistán e Irán, destacando as vilas Cunia-Urguench (Kunya-Urgench) e Khiva. A palabra vén do grego Chorasmiē. Hai varias teorías sobre o seu significado: “terra rica ou nutritiva”E. Burnouf, Commentaire sur le Yaçna, París, 1833 p. cviii; E. Sachau, Zur Geschichte und Chronologie von Khwârizm Sb. der philosophisch-historischen Classe der Kaiserlichen Akademie der Wissenschaften (Viena) 73, 1873, pp. 471-506 (concretamente p. 473); W. Geiger, Ostiranische Kultur im Altertum, Erlangen, 1882. p. 29; Pauly-Wissowa III/2, cols. 2406-08] ou “terras baixas”<ref>P. Lerch, Khiva oder Khârezm. Seine historischen und geographischen Verhältnisse, Russische revue 2, 1873, pp. 445-84, 565-79(referencia en cuestión p. 447); N. I. Veselovskiĭ, Ocherk istoriko-geograficheskikh svedeniĭ o Khivinskom khanstve ot drevneĭshikh vremen do nastoyashchego vremeni (Resumo de datos histórico-xeográficos sobre o Khanato de Khivan dende os seus primeiros tempos ata a actualidade), San Petersburgo, 1877. p. v; H. Kiepert, Lehrbuch der alten Geographie, Berlin, 1878, nº60; D. N. MacKenzie, Khwarazmian Language and Literature, in Camb. Hist. Iran III/2, pp. 1244-49</ref>. M. N. BogolyubovDrevnepersidskie ètimologii (Etimoloxías do persa antigo), en Drevniĭ mir. Sbornik stateĭ Akademiku Vasiliyu Vasil’evichu Struve, Moscova, 1962, pp. 367-70. (concretamente p. 370), suxeriu "terra con bos prados para o gando", pero esta interpretación non atopou unha ampla aceptación.
Historia Corasmia foi o baluarte da dinastía de Khwârazm, chamados tamén dinastía dos Corasmios entre 1077 e 1231.
Corasmia xurdiu na historia tras un pasado nómade durante a Idade de Bronce cando se converteu en parte da satrapía 16 do Imperio Aqueménida de Persia a finais do século VI a.C. Ciro o Grande caeu na batalla contra os masaguetas nómades arredor do ano 530 a.C. e Darío I consolidou o imperio a finais do século, momento no que Corasmia aparece na súa lista de impostos, xunto cos partos, sogdianos e arianos. A evidencia arqueolóxica amosa un cambio abrupto na cultura material neste momento. Os ex semi-nómades da cultura Andronovo foron substituídos pola nova arquitectura 'Urban', sofisticados sistemas de rego e cerámica que ten paralelos en numerosos lugares do sur de Asia Central dos séculos VII-VI d.C.
A primeira etapa histórica chámase "período arcaico" (séculos VII-VI -V-IV a.C.). Dúas vilas importantes deste período atópanse ao norte de Turkmenistán, en Kiuzeli-g'ir e Kalal'i-gir 1. Kalal'i-gir 1 había capiteis de pedra e ten unha arquitectura que reflicte a influencia persa. Na opinión dos académicos é que arredor do século V antes de Cristo quedaba pendente do control persa esta remota provincia ata a primeira parte do período seguinte, o «período antigo (século IV a. C. - século I a.C.), Corasmia foi un estado independente. Moitas fortalezas, granxas, cidades fronteirizas e polo menos dous grandes sitios 'urbanos' dátanse deste período incluíndo os sitios de Kazakl'i-yatkan e Tashk'irman-Tepe.
Polo século II d.C., Corasmia caeu baixo a influencia, cando non no dominio directo, do Imperio Cuxano (ou Kushan). O corazón do Imperio residía ao noroeste da India, pero a extensión do seu control e influencia fixéronmos donos dunha cuarta parte do mundo coñecido, xunto cos romanos, os partos e os chineses. A magnífica vila corasmia de Toprak-Kala reflicte o esplendor destes tempos. A súa arquitectura, a escultura e pinturas murais son totalmente diferentes de calquera cousa que lles precedesen. O período cuxano en Corasmia durou ata o século IV d. C., cando os hunos comezaron a desprazárense cara a Asia Central.
A lingua corasmia O corasmio, é a lingua irania orixinaria de Corasmia, está documentada en dúas etapas do seu desenvolvemento. O antigo corasmio foi escrito nunha escrita propia derivada do arameo, traída á rexión pola administración do Imperio Aqueménida.
Coñécese a través de inscricións de moedas e documentos sobre madeira e pergamiños dende finais do século II a. C.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Yuri Aleksandrovich Rapoport, C. Edmund Bosworth, D. N. MacKenzie, na Encyclopaedia Iranica''.
Ligazóns externas Jona Lendering, Chorasmia, on the ancient history of Khwarezmia . E. Nerazik, on Central Asia in the Early Middle Ages .
Categoría:Xeografía de Asia