O Club Esportiu Europa é un club polideportivo español do histórico barrio de Gràcia de Barcelona, fundado en 1907. Ten seccións de fútbol, baloncesto, fútbol sala e fútbol feminino.
É fundamentalmente coñecido polo seu primeiro equipo de fútbol, que actualmente compite na Terceira División, aínda que en 1928 tivo a honra de ser un dos dez clubs que fundou a Liga española de fútbol, militando tres tempadas na Primeira división española, e en 1923 foi finalista da Copa do Rei, caendo derrotado na final por un gol a cero. Ademais, o Europa ostenta tres títulos da Copa Cataluña, conseguidos en 1923, 1997 e 1998.
O Europa tamén pasou á historia por ser o anfitrión e gañador do primeiro partido de baloncesto que se disputou en España: foi o 8 de decembro de 1922, e o Europa venceu ao Laietà BC por 8 a 2. O club graciense foi un dos mellores equipos de baloncesto de Cataluña durante os anos 20 e 30.
Uniforme Inicialmente o Europa vestiu con uniforme a raias verticais azuis e brancas. O tradicional escapulario non se adoptou ata 1929, con motivo da súa primeira tempada en Primeira división.
Uniforme titular: Camiseta branca con escapulario azul, pantalón azul e medias brancas. Uniforme alternativo: Camiseta azul con escapulario branco, pantalón branco, medias azuis. Terceiro uniforme: Camiseta laranxa con escapulario branco, pantalón negro, medias laranxas.
Estadio
O CE Europa xoga os seus partidos no Nou Sardenya, estadio construído en 1995 sobre o antigo Sardenya, orixinalmente edificado en 1940. O recinto está situado no barrio de Gràcia, entre as rúas Sardenya, Camèlies e Secretari Coloma. Ten capacidade para 7.000 persoas, céspede artificial homologado pola FIFA e unhas dimensións de 100 x 63 metros.
Datos do club
Tempadas en 1ª: 3 Tempadas en 2ª: 6 Tempadas en 2ªB: 1 Tempadas en 3ª: 50 (Incluída a 2013/14) Mellor posto na liga: 8º (1ª División tempada 1928-29) Peor posto na liga: 10º (1ª División tempada 1930-31)
Palmarés Torneos rexionais Campionato rexional de Cataluña (1): 1923 Copa Catalunya (3): 1997, 1998, 2015
Torneos nacionais Subcampión da Copa de España (1): 1923 Terceira División de España (2): 1961-62, 1962-63 Subcampión da Terceira División (1): 1995-96
Outros premios Placa de Prata da "Real Orden al Mérito Deportivo Español", en 2007.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Web de hinchas
Europa Europa Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1907