O dólar do Caribe Oriental (en inglés, East Caribbean Dollar) é a moeda oficial en 6 estados independentes pertencentes á Organización dos Estados do Caribe Oriental (Antiga e Barbuda, Dominica, Granada, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía e San Vicente e as Granadinas) e dous territorios do Reino Unido (Anguila e illa Montserrat) que se encontran localizados no mar Caribe.

O código ISO 4217 para o dólar do Caribe Oriental é XCD e comunmente é representado como EC$. Subdivídese en 100 cents ou céntimos. Hai en circulación moedas de 5, 10 e 25 cents e 1 dólar, e billetes de 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares.

Historia A moeda substituíu o dólar das Indias Orientais en 1983 e é emitida polo Banco Central do Caribe-Leste (en inglés, Eastern Caribbean Central Bank, ECCB) con sede en Saint Kitts e Nevis. Este banco foi constituído nun acordo asinado en Port of Spain o 5 de xullo de 1983, como sucesor da Autoridade Monetaria do Caribe Oriental (Eastern Caribbean Currency Authority). Esta moeda substituíu a moeda colonial empregada por estes países, o Dólar das Índias Orientais Británicas, usadas na extinta Federación das Indias Orientais.

En Xuño de 2003 o Banco Central mantiña en circulación 483.3 millóns de EC$, dos cales 432.8 millóns circulaban en papel moeda e 50.5 millóns en moeda metálica. O papel moeda é impreso pola compañía De la Rue Currency e as moedas son fabricadas pola Real Casa de Moeda do Reino Unido. Tódolos membros da Organización dos Estados do Caribe Oriental empregan este dólar, a excepción das Illas Virxes Británicas, que empregan o dólar estadounidense.

As emisións de moedas posúen letras que permiten identificar o país responsable da emisión conforme segundo a seguinte lista:

A - Antiga e Barbuda D - Dominica G - Granada K - Saint Kitts e Nevis L - Santa Lucía M - Illa de Monserrat U - Anguila V - San Vicente e as Granadinas miniatura|dereita|220px|Moeda de 1 dólar do Caribe-Oriental.

Véxase tamén Outros artigos Dólar Comunidade do Caribe Commonwealth de Nacións

Ligazóns externas Sitio oficial do Banco Central do Caribe Oriental . Real Casa de Moeda do Reino Unido .

Caribe-Leste Caribe-Leste Categoría:Unións monetarias Categoría:ISO 4217