O urouro1 no Gran dicionario século21. Galego / Castelán - Castelán / Galego. Editorial Galaxia / Edicións do Cumio, 2006. (Bos primigenius) era un mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos, que se extinguiu en 1627.

Tratábase dun boi de grandes dimensións e comportamento indócil.

Taxonomía miniatura|esquerda|Ilustración dun libro de Sigismund von Herberstein, publicado en 1556, e titulada en latín: Urus sum, polonis Tur, germanis Aurox: ignari Bisontis nomen dederant (Eu son o uro, en polaco tur, en alemán Aurox: os ignorantes chámanme bisonte).

O uro foi clasificado como Bos primigenius, Bos taurus, ou, nas fontes antigas, Bos urus.

En 2003, a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica rexistrou o uso de 17 nomes específicos baseados en especies silvestres, anticuadas, que foron previamente usadas, e contemporáneas baseadas en formas domésticas. confirmando a denominación Bos primigenius para o uro.

Os taxonomistas que consideran o touro doméstico como unha subespecie do uro salvaxe deben usar B. primigenius taurus; os que consideran o touro doméstico como unha especie separada poden usar o nome B. taurus, que a Comisión mantivo dispoñíbel para ese propósito.

Nomenclatura A palabra romance uro deriva do latín urus (plural uri). Este termo é un préstamo do xermánico (cf. antigo inglés / antigo alto alemán ūr, nórdico antigo úr).The American Heritage Dictionary of the English Language (AHD), entrada urus.<ref>urus en Merriam-Webster Unabridged Dictionary.</ref>

Características miniatura|esquerda|220px|A copia de C. H. Smith. A aparencia dos uros foi reconstruída a partir de material esquelético, descricións históricas e representacións contemporáneas, tales como pinturas rupestres, e de gravados ou ilustracións de Sigismund von Herberstein.

Unha obra de Charles Hamilton Smith é unha copia dunha pintura propiedade dun comerciante de Augsburgo, que podería datar do século XVI.

Os estudosos propuxeron que a ilustración de Smith se baseaba nun híbrido touro doméstico/uros, ou dun touro dunha raza semellante ao uro.Cynthia M. Pyle (1995): "Some late sixteenth-century depictions of the aurochs (Bos primigenius Bojanus, extinct 1627): new evidence from Vatican MS Urb. lat. 276". Archives of Natural History. 22 (3): 437-438.

O uro foi un dos herbívoros máis grandes na Europa posglacial, comparábel co bisonte europeo.

O seu tamaño parece que variaba segundo as rexións. En Europa, os uros das poboacións do norte eran máis grandes de media que as do sur. Por exemplo, durante o holoceno, encontráronse uros procedentes de Alemaña e Dinamarca que tiñan unha altura media na cruz de 155 a 180 cm nos touros, e de 135 a 155 cm nas vacas, mentres que as poboacións de uros machos atopados en Hungría non pasaban dos 160 cm se altura na cruz.René Kysely (2008): "Aurochs and potential crossbreeding with domestic cattle in Central Europe in the Eneolithic period. A metric analysis of bones from the archaeological site of Kutná Hora-Denemark (Czech Republic)", Anthropozoologica, 43 (2).

Historia O seu hábitat, en épocas prehistóricas, estendíase desde Galiza a Corea e de Siberia á India. Este animal tería sido cazado polos homes no sur e centro de Europa desde a prehistoria, como relatan as pinturas rupestres encontradas nestes lugares. Liñaxes mais dóciles terían sido seleccionadas polas poboacións locais, e terían dado orixe ao boi europeo (Bos taurus). O uro, con todo, xamais sería domesticado, e, após milenios sufrindo coa caza, o último individuo morreu en 1627, nos bosques de Jaktorowka, na Polonia.

Recentemente, tense discutido a separación do uro como variedade distinta do boi doméstico, visto que estudos xenéticos suxiren que pertenceron ambos á mesma especie (Bos taurus).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9- Vuure, T. van (2002): History, Morphology and Ecology of the Aurochs (Bos primigenius) . Lutra'' 45: 1-16.

Outros artigos Bóvidos Bovinos Bovininos Domesticación Limiá Vaca

Ligazóns externas Folla: Científicos buscan recriar raza extinta de boi xigante Vacas, bisontes y búfalos Consultada o 12/5/2012. Aurochs Bos primigenius en The Sixth Extintion : abundante información, ilustracións e mapa.

Categoría:Bovinos Categoría:Fósiles descritos en 1827