O BC Zenit San Petersburgo (en ruso: баскетбольный клуб "Зенит", antes coñecido como BC Dynamo Moscow Region e BC Triumph Lyubertsy) é un equipo de baloncesto profesional ruso con sede na cidade de San Petersburgo. O club compite na VTB United League e na Eurocup Basketball e o seu patrocinador principal é a gasística Gazprom. Disputa os seus partidos como local no Sibur Arena, un pavillón con capacidade para 7.044 espectadores ademais de 390 palcos VIP.
Historia O club foi fundado orixinalmente no 2003 baixo o nome de BC Dynamo Moscow Region, e inscrito na Superliga Rusa A. O club orixinalmente estaba tamén establecido en Lyubertsy, unha localidade situada no Óblast de Moscova. En xuño de 2007, o Dynamo Moscow Region disolveuse e se converteu no refundado Triumph Lyubertsy Moscow Region. O Triumph Lyubertsy mantivo toda a historia e récords acadados polo Dynamo Moscow Region coa adquisición dos seus dereitos. Na temporada 2013–14, o Triumph acadou a Final do EuroChallenge, aínda que perdeu ante o Grissin Bon Reggio Emilia italiano por 65:79.
En xullo de 2014, o club anunciou o seu traslado de Lyubertsy a San Petersburgo, cambiando o seu nome polo de BC Zenit San Petersburgo. O club conserva a historia e os dereitos do Triumph Lyubertsy, así como a súa praza tanto na VTB United League como na Eurocup. Mentres tanto o club está a tratar de manter un segundo club en Lyubertsy, que competiría na Superliga de Baloncesto de Rusia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial Páxina do equipo en Eurobasket.com
Categoría:Equipos de baloncesto de Rusia