Ramón Villar Ponte (coord), et al (1995). Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores), pp. 618-619. Galaxia. ISBN 84-8288-019-5. (tamén coñecido como Ramón Vilar Ponte et al.: "Vilar Ponte, Ramón" na GEG.Ramón Vilar Ponte. Biblioteca Virtual Galega, Universidade da Coruña.), nado en Viveiro o 10 de xullo de 1890 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1953, foi un dos máis importantes ensaístas das Irmandades da Fala, xunto ao seu irmán Antón.
Traxectoria miniatura|esquerda|Fundouse aquí…. Placa na Coruña. Fixo o bacharelato por libre e examinouse no Instituto de Lugo. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid entre 1912 e 1916, regresando a Galicia ao licenciarse. Dedicouse profesionalmente ao ensino privado e ao xornalismo. En 1919 casou con Teresa Chao Maciñeira, cuñada do seu irmán. En 1921 accedeu á dirección do xornal ferrolán El Correo Gallego; foi correspondente de El Sol e La Voz de Madrid e colaborou tamén en Galicia e El Pueblo Gallego de Vigo. miniatura|300px|19 de xuño de 1932. Nesta foto de grupo aparecen, entre outros: Ramón Villar Ponte, Fernández del Riego, Antón Villar Ponte, Plácido Castro, Otero Pedrayo, Ramón Rodríguez Somoza, Manuel Beiras, Manuel Lugrís, Castelao, Suárez Picallo, Carlos Maside e Alexandre Bóveda. Organizou, xunto con Xaime Quintanilla, a Irmandade da Fala de Ferrol e foi o redactor dos seus boletíns. En 1921 o grupo de Ferrol fundou a editorial Céltiga, a primeira editorial nacionalista na que Ramón era xerente. En 1922 trasladouse a Viveiro onde creou o grupo nacionalista como Subdelegación da Delegación da ING en Ferrol. En 1927 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.
Coa proclamación da Segunda República foi alcalde de Viveiro de abril a outubro de 1931 representando a ORGA. Porén, tras deixar a alcaldía acabou entrando no Partido Galeguista en 1932. En 1936 culminou a iniciativa do seu irmán Antón coa fundación, en Santiago de Compostela, da Asociación de Escritores de Galicia.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Viveiro. O seu catolicismo librouno da represión, participou nos faladoiros dos membros de Acción Católica e falanxistas locais, como Francisco Leal Insua e Antonio Noriega Varela.
En 1942 trasladouse á Coruña coa muller, os fillos e os sobriños (fillos de Antón dos que se fixo cargo), onde sobreviviu impartindo aulas en colexios privados. En 1946 gañou o primeiro premio nos Xogos Florais de Betanzos co romance histórico Mandeu. Ingresou na Real Academia Galega en 1951, a proposta de Manuel Casás Fernández, Francisco Vales Villamarín e Ángel del Castillo, cun discurso en galego titulado A xeración do 16, lido o día 16 de xuño no acto da súa recepción, respondido por Ramón Cabanillas. Permaneceu á marxe do grupo Galaxia nos anos cincuenta até a súa morte e seguiu colaborando na prensa galega e na da emigración, utilizando o pseudónimo Licenciado Pravio. Traballos seus foron lidos nas emisións da BBC londiniense.
O 16 de xuño de 1951 fixo a súa intervención en galego na Real Academia Galega, desobedecendo as ordes franquistas. Pouco despois uns falanxistas déronlle unha malleira e morreu debido ás secuelas en 1953.
Obra Doctrina nazonalista (Ferrol, 1921, El Correo Gallego), con prólogo de José Puig y Cadafalch. O sentimento nazonalista e o internazonalismo (discurso de ingreso no SEG), publicado en 1929 como serie de artigos n' A Nosa Terra. Historia sintética de Galicia, A Coruña, 1927. Breviario da autonomía, Santiago, 1933. Nicomedes Pastor Díaz, unha existencia exemplar.
Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega, 1953. Traducións Teatro irlandés. Dous folk-dramas de W. B. Yeats (con Ramón Villar Ponte e P. R. Castro), Santiago, 1935.
Legado Os fondos da biblioteca de Ramón Villar Ponte e do seu irmán Antón están no Parlamento de Galicia dende o ano 2001, cando foron adquiridos xunto co seu arquivo persoal. A colección está composta por 1216 volumes de monografías e alberga ademais 43 títulos de revistas, xunto con obras propias e un importante conxunto de documentación de carácter político, especialmente referido á actividade dos partidos galeguistas antes da guerra civil. Destacan preto de cen títulos impresos antes de 1900, entre os que hai obras de Benito Xerónimo Feijoo e algunhas primeiras edicións das de Manuel Murguía.O pazo do Hórreo na páxina web do Parlamento de Galicia
Recoñecemento O Concello de Viveiro convoca o Premio de novela Vilar Ponte que rende homenaxe a Ramón e a Antón Vilar Ponte.
Vida persoal
Casou con Teresa Chao Maciñeira, (2004). Antón e Ramón Villar Ponte. Unha irmandade alén do sangue Cadernos Ramón Piñeiro, VII. CIRP. e foi pai de Jaime, Teresa e José Ramón Villar Chao.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Xesús; , Pilar e , Goretti (2006) Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar Ponte. Deputación de Lugo.
, Raúl (2001) "A Pegada dos irmáns Vilar Ponte no nacionalismo galego de antes da guerra". Anuario Brigantino 24.
Outros artigos Antón Villar Ponte Grupo Nós
Ligazóns externas Galegos.info
: Álbum das Irmandades da Fala CCG Cultura e pensamento de Ramón Vilar Ponte (Diario Galego)