A North European Basketball League (NEBL) foi unha liga de curta vida fundada en 1998 por Šarūnas Marčiulionis. Esta liga foi o primeiro proxecto de liga comercial rexional de Europa, e inicialmente estaba formada polos mellores equipos de cinco países: Lituania, Letonia, Estonia, Suecia e Finlandia.

Historia En 1999 tivo lugar a primeira edición, que contou con oito equipos dos países creadores. Logo a competición comezou perdendo as súas características rexionais, incluíndo equipos de Europa central (Polonia, Chequia), Europa occidental (Dinamarca, Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Reino Unido) e o Leste de Europa (Rusia, Ucraína, Belarús); logo, do Sur de Europa (Bulgaria, Macedonia do Norte, Romanía, Serbia) e mesmo de Israel e Turquía. Na tempada 2001-02 participaron 31 equipos de 19 países (dende Israel a Reino Unido). A Final Four da NEBL xogouse sempre en Vilnius, Lituania.

Na tempada 2002 os mellores clubs coma o CSKA Moscova, o Žalgiris ou o Maccabi perderon o seu interese na competición en favor da nova e máis atractiva comercialmente Euroliga. Na tempada 2002-03 disputouse por última vez esta competición entre os catro equipos que non abandonaran a competición nunha Final Four. A NEBL transformouse máis tarde (dende o 2004) na actual Baltic Basketball League cos 10 mellores equipos de Lituania, Letonia e Estonia participando nela.

Tempadas TempadaCampiónFinalistaTotal de equiposTotal de países 1998-99 Žalgiris ASK Broceni LMT Riga 8 5 1999-00 CSKA Moscova Lietuvos Rytas 14 9 2000-01 Ural Great Žalgiris 16 12 2001-02 Lietuvos Rytas Ural Great 31 19 2002-03 UNICS Kazan Lietuvos Rytas 4 3

Véxase tamén Outros artigos Baltic Basketball League VTB United League

Ligazóns externas NEBL slogan: Break the ice!

Categoría:Ligas de baloncesto de Estonia Categoría:Ligas de baloncesto de Letonia Categoría:Ligas de baloncesto de Lituania Categoría:Ligas de baloncesto de Belarús Categoría:Ligas de baloncesto de Ucraína Categoría:Ligas de baloncesto de Rusia