O Basketball Club Khimki Moscow Region (en ruso: баскетбольный клуб Химки Моско́вской о́бласти, romanizado: Basketbolʹnyĭ klub Himki Moskóvskoĭ óblasti) é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Khimki, pertencente ao Óblast de Moscova, Rusia. Actualmente milita na VTB United League.

Historia miniatura|esquerda|140px|Raül López. O BC Khimki está considerado un dos clubs de baloncesto máis importantes de Rusia. Fundouse o 5 de xaneiro de 1997 como resultado ao desexo da Administración do Óblast de Moscova de ter relevancia deportiva, traballando dende un primeiro momento para crear un equipo a curto prazo capaz de competir a nivel nacional. Na súa primeira tempada proclamouse campión da súa rexión, o que lle permitiu loitar e acadar unha praza na tempada 1998-99 na Superliga rusa, chegando deste xeito en só dous anos á máxima categoría.

Na tempada seguinte, o club rematou entre os dez mellores equipos da Superliga, o que lle deu dereito a participar na seguinte edición da Copa Korać, sendo a primeira das súas participacións en competicións europeas. Nos anos seguintes, o club ocupou os postos da metade da táboa da Superliga do seu país ata que na tempada 2002-03 o seu brillante xogo o levou a finalizar cuarto na competición.

A partir de entón, o club investiu unha gran cantidade de cartos en fichar xogadores de recoñecido prestixio internacional como Gianmarco Pozzecco, Óscar Torres ou Rubén Wolkowyski. Isto levounos a dar un salto cualitativo que culminou coa disputa da final da EuroChallenge do 2006 ante o Joventut de Badalona, na que caeron por 88-63. Na tempada 2007-08, o club fíxose co seu primeiro título oficial ao proclamarse campión da Copa rusa.

Na actualidade, o Khimki BC está tentando converterse nun dos clubs máis importantes, non só de Rusia senón de toda Europa,Sergio Scariolo became the BC Khimki head coach para o que está investindo cantidades enormes de cartos en confeccionar un cadro de xogadores co que poder optar a gañar tódalas competicións nas que participa, fichando xogadores con papeis importantes na NBA como os internacionais pola Arxentina e España: Carlos Delfino e Jorge Garbajosa. Dende decembro de 2008 o adestrador do equipo é o italiano Sergio Scariolo. Nos últimos anos o equipo é habitual nas competicións europeas. Participou varias veces en torneos como o EuroChallenge e a ULEB Eurocup. En 2006, o Khimki xogou a final do propio EuroChallenge ante o Joventut Badalona.

Pavillón

O Khimki xoga os seus partidos como local no Novator Stadium (en ruso: Дворец спорта «Новатор»), tamén coñecido como Basketball Center Of Moscow Region ou Novator Indoor Arena. Situado na cidade de Khimki, inaugurado en 1970 e remodelado en 2010, ten capacidade para 6.000 espectadores.

Xogadores Cadro actual {| class="toccolours" style="font-size: 95%; width: 90%; " ! colspan="2" style="background-color: #003399; color: #FFFF33; text-align: center;" | BC Khimki 2019-2020 |- style="background-color: #FFFF33;color: #003399; text-align: center;" ! Xogadores !! Adestradores |- | valign="top" | {| class="sortable" style="background:transparent; margin:0px; width:100%;" ! Pos. !! # !! Nac. !! Nome !! Altura !! Peso

Palmarés Competicións domésticas Liga de Rusia (PBL e VTB): Subcampións (7): 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013 Copa de Rusia: Campións (1): 2008 Subcampións (1): 2006

Competicións rexionais VTB United League: Campións (1): 2011

European competitions Eurocup: Campións (2): 2012, 2015 Subcampións (1): 2009 EuroChallenge: Subcampións (1): 2006

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Khimki BC