O Lokomotiv Kuban (en ruso: Локомотив-Кубань) é un equipo de baloncesto ruso da cidade de Krasnodar, Krai de Krasnodar. O equipo xoga na Superliga rusa. Ata o ano 2009 xogaba na cidade de Rostov do Don coa denominación de Lokomotiv Rostov, trasladándose á súa actual sede por problemas financeiros.sport-express.ru BASKETBALL: LOKOMOTIV RENAMED AS LOKOMOTIV-KUBAN
Historia O club fundouse en 1946 na cidade de Mineralnye Vody, e estaba composto principalmente por estudantes de escolas de ferroviarios da localidade.lokobasket.com About the club. Towards the sources No ano 2000 gañaron o seu primeiro e único título ata o momento, a Copa de Rusia, derrotando na final ao Ural Great Perm. No 2004 o equipo trasladouse á cidade de Rostov, pasando a denominarse Lokomotiv Rostov, ata o ano 2009, cando se trasladou á súa sede actual, a cidade de Krasnodar.
Denominacións Lokomotiv Mineralnye Vody: 1946–2003 Lokomotiv Rostov: 2003-2009 Lokomotiv Kuban: 2009-presente
Palmarés Copa de baloncesto de Rusia (2): 2000, 2018 EuroCup Challenge: 2013
Notas
Ligazóns Web oficial do Lokomotiv
Lokomotiv Kuban Categoría:Equipos de baloncesto da Unión Soviética