Thomas William Heinsohn, nado en Jersey City, Nova Jersey, o 26 de agosto de 1934 e finado en Newton, Massachusetts o 10 de novembro de 2020, foi un xogador e adestrador profesional de baloncesto membro do Basketball Hall of Fame dado os seus éxitos con Boston Celtics. Como técnico, adestrou dende 1969 a 1978. Foi tamén comentarista durante as retransmisións deportivas dos Celtics nas emisións da CSN New England.

Carreira colexial Nado en Jersey City, Tom asistiu ao Instituto St. Michael's na próxima Union City. Aceptou unha bolsa do Colexio de Holy Cros e converteuse no máximo anotador do colexio con 1.789 puntos, cunha media de 22,1 por partido. Durante o seu ano sénior, anotou nun encontro contra Boston College 51 puntos, tamén unha marca.

Carreira profesional En 1956, Heinsohn asinou por Boston Celtics. Na súa primeira tempada, foi All-Star, Rookie do Ano e gañou o anel. Formou parte do mítico cadro dos Celtics que gañou oito campionatos en nove anos. Na historia da NBA, só os seus compañeiros Bill Russell e Sam Jones gañaron máis aneis. En toda a súa carreira, Heinsohn foi seleccionado para disputar o All-Star en seis ocasións. O día da retirada do seu compañeiro de equipo Bob Cousy, Heinsohn anotou o seu punto 10.000. En 1966, foi retirado o seu dorsal 15.

Carreira de adestrador Tras retirarse, converteuse no adestrador dos Celtics. Durante a campaña 1972-73, liderou ao seu equipo a unha marca de 68-14 e foi nomeado Adestrador do Ano. A tempada seguinte e en 1976, Heinsohn e os Celtics gañaron o campionato.

Títulos Rookie do Ano da NBA de 1957 Seis veces All-Star Adestrador do Ano da NBA de 1973 Basketball Hall of Fame (como xogador, en 1986)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Tommy Heinsohn's Basketball Hall of Fame Perfil Heinsohn's Bio - NBA.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Adestradores dos Boston Celtics Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Rookie do Ano da NBA Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2020