Para o artigo sobre a novela de Antón Lopo, véxase Ganga (libro)

Os Pterocliformes son unha orde de aves neognatas que inclúe unha soa familia, PteroclidaeClements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology ou Pteroclididae. A orde Pterocliformes non é aceptada por todos os autores, de maneira que a familia Pteroclidae inclúese ás veces entre os Columbiformes ou os Ciconiiformes.

Abrangue os xéneros Pterocles e Syrrhaptes, que adoitan coñecerse como cortizois ou gangas. Entre ambos os dous xéneros suman un grupo de 16 especies do Vello Mundo que viven no campo aberto, chairas e semi-desertos sen árbores.

Características As gangas son pequenas, de pescozo e cabeza semellantes ás pombas, pero de corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e un voo rápido e directo. Posúen patas emplumadas, e o xénero Syrrhaptes teñen emplumados tamén os dedos. Son de cor marrón clara ou verdosa con manchas.

Voan en bandadas aos seus durmideiros ao amencer e á tardiña. Adoitan pór dous ou tres ovos directamente sobre a terra.

Xéneros e especies Tradicionalmente divídese ás gangas en dous xéneros. Dúas especies de Asia central que son as Syrrhaptes, e o resto son Pterocles, pero estudos recentes pon en dúbida esta división.

Xénero Syrrhaptes S. tibetanus S. paradoxus Xénero Pterocles P. alchata (ganga de barriga branca) P. namaqua P. exustus P. senegallus P. orientalis (ganga de barriga negra ou cortizol comúnNomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada Chioglossa, 1 (1999): 121-138 e Lista de las aves de España (ES-EN-CT-GL-EU). Sociedad Española de Ornitología, 2005) P. coronatus P. gutturalis P. burchelli P. personatus P. decoratus P. lichtensteinii P. bicinctus P. indicus P. quadricinctus

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Gangas Vídeos de Gangas na Colección de Aves en Internet