O 10 de abril de 2010, un Tupolev Tu-154 do 36º Rexemento de Aviación Especial que levaba ao Presidente de Polonia Lech Kaczynski estrelouse no aeroporto de Smolensk preto de Pechersk próximo a Smolensk, Rusia, sen rexistrárense superviventes.
Accidente esquerda|200px|Mapa do voo|miniatura Ás 10:56 tempo de Moscova, (06:56 UTC), un Tupolev Tu-154, levando o presidente polaco, Lech Kaczynski estrelouse preto de Smolensk, Rusia. O presidente Kaczynski ía á conmemoración do 70 aniversario do masacre de Katyń. Ningunha das persoas que viaxaban no avión sobreviviu ao accidente. A maioría de fontes sinalaron 96 como o total de vítimas, como EFE en 2018, pero outras fontes do momento e algunhas posteriores concordan en que viaxaban un total de 97 persoas no avión. Ver: Segundo Dimitri Lijanov en 2010, 89 membros da delegación polaca e 8 tripulantes, Estrélase en Rusia un avión no que viaxaba o presidente de Polonia
O accidente suscitouse a 1,5 km do aeroporto debido ás condicións de néboa que había na zona. O gobernador do óblast de Smolensk, Sergei Antufiev, confirmou para a canle de noticias Russia 24, que non había sobreviventes no accidente. Informou que o avión golpeara coas copas dos árbores, golpeou o chan e caeu roto en pedazos. A bordo tamén se atopaba o gobernador do Banco Nacional de Polonia, Sławomir Skrzypek, o xefe do exército polaco Franciszek Gągor e o Viceministro de Relacións Exteriores Andrzej Kremer"Polish president's plane crashes in Russia: ministry", artigo en hostednews de Google .
Manifesto de voo
De acordo co manifesto do voo a bordo atopábanse entre outros: miniatura|Primeira lista incompleta de pasaxeiros, que ían no voo
Figuras presidenciais e gobernamentais Lech Kaczyński, Presidente de Polonia Maria Kaczyńska, primeira dama Mariusz Handzlik, Subsecretario na Oficina do Presidente da República de Polonia Ryszard Kaczorowski, derradeiro presidente do Goberno de Polonia no exilio Andrzej Kremer, Ministro de Asuntos Exteriores adxunto Tomasz Merta, Ministro de Cultura adxunto Sławomir Skrzypek, Presidente do Banco Nacional de Polonia Władysław Stasiak, xefe da Oficina do Presidente da República de Polonia Aleksander Szczygło, cabeza da Oficina de Seguridade Nacional Paweł Wypych, Secretario do estado na Oficina do Presidente da República de Polonia
Figuras militares Tenente xeneral Andrzej Błasik, Xefe da Forza Aérea Polaca Maior xeneral Tadeusz Buk, Comandante das Forzas Terrestres Polacas Xeneral Franciszek Gągor, Xefe do Exército do Estado Maior polaco Vicealmirante Andrzej Karweta, Comandante en Xefe da armada naval polaca Xeneral Włodzimierz Potasiński, Comandante en Xefe das Forzas Especiais Polacas Stanislaw Komorowski, Ministro de Defensa adxunto Tenente Xeneral Bronislaw Kwiatkowski, Comandante do Comando Operacional das Forzas Armadas Polacas Brigadier Xeneral Kazimierz Gilarski, Comandante da Gornición de Varsovia
Deputados do Senat Krystyna Bochenek, Vice-Mariscal do Senat Janina Fetlińska, membro do Senado Stanisław Zając, membro do Senado
Deputados do Sejm Krzysztof Putra, Vice-Mariscal do Sejm Jerzy Szmajdziński, Vice-Mariscal do Sejm Leszek Deptuła, membro do Sejm Grzegorz Dolniak, membro do Sejm Grażyna Gęsicka, membro do Sejm Przemysław Gosiewski, membro do Sejm Izabela Jaruga-Nowacka, membro do Sejm Sebastian Karpiniuk, membro do Sejm Aleksandra Natalli-Świat, membro do Sejm Arkadiusz Rybicki, membro do Sejm Jolanta Szymanek-Deresz, membro do Sejm Zbigniew Wassermann, membro do Sejm Wiesław Woda, membro do Sejm Edward Wojtas, membro do Sejm
Figuras relixiosas Arcebispo Miron Chodakowski, Ordinario Ortodoxo do Exército de Polonia Tadeusz Płoski, Bispo do Ordinariato Militar do Exército de Polonia Ryszard Rumianek, Reitor da Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia Bronisław Gostomski, Reverendo da Igrexa Polaca de St Andrew Bobola en Londres
Outros Janusz Kochanowski, Ombudsman polaco Janusz Kurtyka, Historiador e presidente do Instituto de Memoria Nacional Piotr Nurowski, Presidente do Comité Olímpico Polaco Maciej Płażyński, Presidente da asociación da Comunidade Polaca Andrzej Przewoźnik, Secretario xeral do Rada Ochrony Pamięci Walk i Męczeństwa Anna Walentynowicz, activista e membro de Solidarność Janusz Zakrzeński, actor
Investigacións Logo do accidente abrironse diversas investigacións tanto por parte das autoridades rusas como polacas para esclarecer as causas do accidente. O informe do Comité de Investigación presidido por Jerzy Miller, Ministro do Interior e da Administración presentouse o 29 de xullo de 2011.Dentro das causas que levaron ao fatal accidente o informe sinalaba as adversas condicións climatolóxicas e os erros cometidos tanto polo controlador aéreo ruso como pola tripulación do avión. En 2012 realizaronse algunhas exhumacións a instancia das familias, nas que se constataron deficiencias na investigación, concretamente na xestión dos restos mortais. En 2015 reabriuse unha nova investigación que implicou a exhumación dos restos mortais daquelas vítimas que non foran cremados. En novembro de 2016 comezaron as labores de exhumación dos restos de 83 vítimas. Esta decisión foi moi polémica debido á oposición das familias de 17 vítimas e parte da sociedade polaca.. Dúas viúvas conseguiron que Polonia fora condenada polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos por vulnerar os dereitos das familias das vítimas Un estudo de 2017 sinalaba a distintas incongruencias na investigación levado a cabo en 2010 e, en base as probas dispoñibles naquel momento, recomendaba un novo estudo máis exhaustivo. Como resultado da apertura da nova investigación iniciada en 2015, declararonse nulas as conclusións da investigación aberta en 2010. Concluíuse que o avión se incendiara no ar debido a unha primeira explosión na á esquerda do Tupolev 154, seguida dunha segunda explosión no casco do aparato.
Galería dos falecidos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Lista de noticias . "Morre o presidente polaco ao estrelarse o seu avión" artigo en Galiciaé.com "Morre o presidente polaco nun accidente de avión" artigo en Vieiros.com
Categoría:Accidentes aéreos en Rusia Categoría:Accidentes e incidentes de Tupolev Tu-154 Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 2010