dereita|miniatura|300px|Descrición artística dunha posición sexual. Aínda que o Kama Sutra orixinariamente non ten imaxes ilustrativas, a segunda parte describe diferentes posicións sexuais.
O Kama Sutra é un antigo texto indio sobre sexo, a pesar do seu carácter erótico pertence á literatura relixiosa sánscrita. O texto escribiuno Vatsyayana. O texto completo do título é Vātsyāyana kāma sūtra (Aforismos do amor carnal, de Vatsyayana). Crese que o autor viviu entre o século I e o VI, probablemente durante o período Gupta. Profusamente ilustrado, o libro dá consellos sobre as relacións heterosexuais entre un home e unha muller e describe posturas sexuais. O libro coñeceuse en Occidente logo da tradución de Richard Francis Burton en 1883.
Contido O Kama Sutra de Vatsyayana ten 1.250 versos, distribuído en 36 capítulos. Segundo as traducións de Burton e DonigerTradución de Doniger en Google Books. Consultado o 14 de marzo de 2019, os contidos do libro están estruturados en sete partes:
Observacións xerais: Cinco capítulos do libro, tres obxectivos e prioridades da vida, a adquisición de coñecemento, a conduta do cidadán ben educado e reflexións sobre intermediarios que axudan o amante nas súas iniciativas; Avances amorosos/Unión sexual: Dez capítulos sobre a estimulación do desexo, tipos de abrazos, caricias e bicos, rabuñar coas uñas, morder e rabuñar cos dentes, sobre (posicións) de copulación, dar labazadas e xemidos, coomportamento viril en mulleres,coito superior e sexo oral, preludios e conclusións ao xogo do amor. Describe 64 tipos de actos sexuais; Conseguir unha esposa: Cinco capítulos sobre formas de matrimonio, relaxar á moza, conseguir a moza, xestionarse só e a unión por matrimonio; Deberes e privilexios da esposa: Dous capítulos sobre a conduta da esposa única e da esposa xefe e outras esposas; Outras mulleres dos homes: Seis capítulos sobre o comportamentos da muller e o home, como familiarizarse, exame de sentimentos, a tarefa de mediador, os praceres do rei, comportamento nos cuartos das mulleres; Sobre cortesás: Seis capítulos de consellos sobre os asistentes escollidos polos amantes, buscar un amante estable, maneiras de gañar diñeiro, renovar a amizade cun antigo amante, beneficios ocasionais, beneficios e perdas; Prácticas ocultas: Dous capítulos sobre mellorar a atracción física, espertar un poder sexual débil.
Notas
Categoría:Erotismo Categoría:Obras literarias en sánscrito Categoría:Prosa