Surtur ou Saturno XLVIII, é unha pequena lúa de Saturno. Foi descuberta por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 26 de xuño do 2006, a partir de observacións feitas entre xaneiro e abril do 2006 e recibiu a designación temporal de S/2006 S 7.
Surtur ten uns 6 km de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 22,243 millóns de km en 1238,575 días, cunha inclinación orbital de 166,9° respecto da eclíptica (148,9° respecto do ecuador de Saturno), de movemento retrógrado e cunha excentricidade de 0,368.
Recibiu o seu nome oficial en abril do 2007 a partir da mitoloxía nórdica, nesta mitoloxía, Surtr era o líder dos xigantes do lume.
Véxase tamén Outros artigos Grupo Nórdico Saturno
Ligazóns externas
Institute for Astronomy Saturn Satellite Data IAUC 8727: Satellites of Saturn 30 de xuño do 2006 (descubrimento) MPEC 2006-M45: Eight New Satellites of Saturn 3 de maio do 2005 (descubrimento e efemérides) IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril do 2007 (bautizando a lúa)
Categoría:Lúas de Saturno