Sinlap é un cráter da lúa Titán, un dos satélites de Saturno. Aínda que antes de imaxes obtidas por radar pola sonda Cassini, falábase deste accidente xeolóxico coma depresión circular xa que o cráter está parcialmente erosionado e as imaxes anteriores ó uso do radar pola sonda Cassini eran de pouca calidade.

Recibiría o nome de Sinlap, un espírito do pobo Jingpo.

Características 300px|miniatura|Mapa cos nomes dos principais accidentes xeolóxicos de Titán. Sinlap está centrado a 11,3° latitude norte e 16,0° lonxitude oeste, dentro da rexión de Fensal e o oeste de Barazuto Facula (fácula que tamén está dentro de Fensal), ten uns 80-60 km de diámetro, 1.300 m de profundidade e non posúe un cumio central. Sinlap é extremadamente brillante e posúe unha grande área de terreo brillante circundante, indicativo da súa formación mediante un cráter de impacto, mediante un cometa ou asteroide de gran velocidade que se estima que debería ter un tamaño entre 5-10 km. Este cráter (coma outros en Titán) asemellan estar parcialmente erosionados por unha mestura de axentes erosivos -area, metano ou parcialmente enchidos polo criovulcanismo-, a Cassini tamén albiscou o que poderían ser dunas de area, o que reafirmaría a erosión debida a area.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cráter de impacto Lista dos accidentes xeolóxicos de Titán

Categoría:Titán Categoría:Cráteres