Andrés Busto Fraguela, nado en Cedeira o 22 de febreiro de 1967, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria Debutou na tempada 1987–88 co Deportivo da Coruña en Segunda División. Fixo o seu debut o 25 de outubro de 1987, saíndo como titular nun encontro contra o Granada CF, que rematou con derrota a domicilio para os branquiazuis (5–0). Relegado sempre á suplencia, na súa primeira tempada no Deportivo participou en 5 encontros, xogando 3 partidos na seguinte e ningún nas súas dúas últimas campañas no conxunto coruñés.

Véxase tamén Ligazóns externas Andrés Busto en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes