Dimitrios Papadopoulos (grego: Δημήτρης Παπαδόπουλος), nado en Gagarin, Uzbekistán, o 20 de outubro de 1981, é un exfutbolista grego. Xoga de dianteiro.
Traxectoria Iniciou a súa carreira nas divisións menores do Akratitos FC de Grecia, fixo o seu debut en 1999, o que contribúe á promoción do equipo á Super Liga de Grecia en 2001 por primeira vez na historia.
Tempo despois foi trasladado a Burnley FC de Inglaterra, onde permaneceu durante 2 tempadas, disputando un total de 35 encontros e anotando 6 goles. En xullo de 2003, trasladouse ao Panathinaikos FC de Grecia. Foi estrela na súa primeira tempada co equipo, converténdose no seu máximo goleador con 17 goles en 26 xogos. A tempada 2008-2009 xogouna no Dinamo de Zagreb, onde non gozou de minutos e menos lle gustou a adquisición do club por parte dun militar, polo que ao ser contactado por Vlado Gudelj, un home emblema do Celta de Vigo, viu con bos ollos recalar onde antes o fixera o seu excompañeiro Zizis Vryzas, pero só se lograba a carta de liberdade xa que o equipo celeste non podria asumir o seu traspaso, e o propio xogador encargar de lograr a súa liberdade para recalaren o conxunto galego, polo que no mercado de iniverno de 2010 incorpórase á disciplina do Celta, esperando que sexa o goleador que busca o equipo celeste.
Selección nacional Foi internacional coa Selección de fútbol de Grecia en 20 ocasións e marcou 2 goles. Participou na Eurocopa 2004 disputada en Portugal, onde a súa selección obtería o campionato, tamén formou parte do cadro de persoal que participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004.
Clubs ClubPaísAnoAkratitos FCGrecia1999 - 2001Burnley FCInglaterra2001 - 2003Panathinaikos FCGrecia2003 - 2008NK Dinamo ZagrebCroacia2008 - 2010Celta de VigoGalicia2010 - 2012Levadiakos FCGrecia2012Panthrakikos FCGrecia2012 - 2013 Atromitos FCGrecia2013 - 2014PAOK FCGrecia2014 - 2015
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoSuper Liga de GreciaPanathinaikos FCGrecia2003 - 2004Copa de GreciaPanathinaikos FCGrecia2003 - 2004
Copas internacionais TítuloEquipo (*)PaísAnoEurocopa 2004Selección GregaGrecia2004
(*) Incluíndo a selección
Distincións individuais DistinciónAnoFutbolista do ano en Grecia2004
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Futbolistas olímpicos de Grecia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Burnley FC Categoría:Xogadores do Panathinaikos FC Categoría:Xogadores do US Lecce Categoría:Xogadores do NK Dinamo Zagreb Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Uzbekistán Categoría:Xogadores do Panthrakikos FC Categoría:Xogadores do Atromitos FC Categoría:Xogadores do PAOK Tesalónica FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Grecia Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa