A ulexita é un mineral do grupo V (boratos), segundo a clasificación de Strunz. É un borato hidratado de sodio e calcio. Pode ser incoloro ou de cor branca.
Foi nomeado así en homenaxe ao químico alemán George Ludwig Ulex (1811 – 1883), que foi o primeiro en describilo, en 1850.
Lugares onde se atopa
Encóntrase en rexións áridas, praias salinas e lagos salinos resecados. Está xeralmente asociado cos minerais pickeringita, nitratina, halita e glauberita Os maiores depósitos coñecidos están nos Estados Unidos (California e Nevada), Chile (Rexión de Tarapacá) e Kazakhstán.
Véxase tamén Outros artigos Lista de minerais Ligazóns externas
Ministerio de Educación e Ciencia - Minerais Mindat.org
Categoría:Minerais