Vasco Herculano Salgado Cunha Mango Fernandes, máis coñecido como Vasco Fernandes, nado en Olhão o 12 de novembro de 1986, é un futbolista portugués. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o SC Beira-Mar.
Traxectoria Vasco Fernandes formouse nas categorías inferiores do Olhanense, equipo da súa cidade natal, sendo cedido na tempada 2005/2006 ao Girondins de Bordeos. Tras unha campaña no país galo regresou ao seu club de orixe, o Olhaenense, ata que o UD Salamanca interesouse por el. Na tempada 2007/2008 debutou na Segunda División co conxunto salmantino, chegando a participar en 18 encontros. A última campaña militou nas filas do Leixoes, equipo revelación da Primeira División portuguesa.
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en www.celtavigo.net
Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Girondins de Bordeaux Categoría:Xogadores da UD Salamanca Categoría:Xogadores do Leixões SC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do Aris Salónica FC Categoría:Xogadores do SC Beira-Mar Categoría:Nados no distrito de Faro