O estadio Romano é un estadio de fútbol de propiedade municipal localizado en Mérida, España. Construíuse en 1954 e reconstruíuse na súa totalidade en 1995, con motivo do ascenso do Club Polideportivo Mérida a Primeira División. En setembro de 1997 bautizouse como Estadio Romano José Fouto,Estadio Romano José Fouto · ELPAÍS.com en homenaxe a José Fouto Carvajal, presidente que levou ao club de Terceira a Primeira División. Tras a desaparición deste equipo, a finais do ano 2000, recuperou o seu nome orixinal. Ten capacidade para 14 600 espectadores.

Historia Reinaugurouse nun partido oficial entre o CP Mérida e o Real Betis, na primeira xornada da Primeira División de España 1995/96. Antigamente neste terreo atopábase o estadio Municipal de Mérida, inaugurado en 1954, que contaba cunha pista de atletismo e unha capacidade para 8.000 espectadores. A Xunta de Estremadura foi quen levou a cabo a remodelación, construíndo uns novos fondos e remodelando ambas tribunas, eliminando a pista de atletismo e mellorando os accesos, iluminación, son, céspede natural, seguridade, dotando de cubertas ás dúas tribunas e adoptando a actual denominación.

O estadio acolle os partidos como local do Mérida UD e do Imperio CP, os dous conxuntos locais máis destacados. Anteriormente acolleu os partidos como local do CP Mérida nos que pasou pola Copa do Rei, Primeira División, Segunda División, Segunda División B e Terceira División de España."El CP Mérida desaparece, primeiro equipo estremeño en Primeira

O recinto, ademais, acolleu un partido internacional valedeiro para a Clasificación para o Mundial 2010 entre España e Estonia, disputado o 9 de setembro de 2009, con resultado de España 3-0 Estonia,"Ao Mundial con aire de invincibles" que lle sirviu a España para conseguir a clasificación.

Foi subsede de fútbol na candidatura olímpica de Madrid 2016.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Galería de fotos na páxina web oficial do Mérida A.D. Galería de fotos de xuño de 2007 Galería de fotos de agosto de 2009

Romano Categoría:Deporte en Mérida