dereita|miniatura|Cellerino co Rápido de Bouzas. Gastón Andrés Javier Cellerino Grasso, nado en Viedma o 26 de xuño de 1986, é un futbolista arxentino, coñecido como Cellerino. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o Rápido de Bouzas.
Traxectoria Foi formado nas divisións inferiores do Boca Juniors. Xogou porfesionalmente no Deportivo Patagonés do seu país, na Universidad San Martín de Porres do Perú, ademais tivo un paso polo Atenas San Carlos da Segunda División do Uruguai.
O ano 2008 xoga no Rangers da Primeira división chilena. No Torneo de Clausura alcanzou 16 goles en 18 partidos e foi, xunto con Néstor Bareiro, o goleador da fase regular. Só sería superado por Lucas Barrios, quen finalmente sería o goleador do torneo con play-offs. Nun encontro no Estadio Fiscal de Talca ante o Palestino marcou un gol de chilena, que ata o arbitro do encontro, Carlos Chandía, aplaudiu.
O 22 de xaneiro de 2009 a prensa informa o traspado do dianteiro arxentino ao club italiano Lazio, a cambio de algo máis de tres millóns de dólares. Os romanos estarían observándoo desde había dous meses, pero finalmente ficharía polo Livorno da Serie B do Calcio Italiano. Con este equipo conseguiu o ascenso á Serie A. No mercado de inverno de 2010 recala, cedido, no Celta de Vigo ata final de tempada e con opción de compra.
Clubs ClubPaísAnoDeportivo Libertad Arxentina1997-2003Santo Fútbol Club Arxentina2004-2005Deportivo Patagonés Arxentina2006Universidad San Martín Perú2007Atenas Uruguai2007Rangers Chile2008 Livorno Italia2009-2010Celta de Vigo Galicia2010-presente
Palmarés TítuloClubPaísAnoCampionato NacionalUniversidad San MartínPerú2007
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en www.bdfa.com
Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Rangers de Talca Categoría:Xogadores do AS Livorno Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Racing Club de Avellaneda Categoría:Xogadores do Santiago Wanderers Categoría:Xogadores do Club Bolívar Categoría:Xogadores da Real Balompédica Linense Categoría:Xogadores do Deportivo Temuco Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados na provincia de Río Negro