Os Boston Bruins son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Boston, Massachusetts (Estados Unidos). Os Bruins compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo en América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrados na Atlantic División da Conferencia Leste. Dende 1995 xogan os seus partidos como local no TD Garden. O equipo gañou a Copa Stanley en seis ocasións, a última delas en 2011, ademais de gañar un dúas ocasións o Presidents' Trophy e en 17 o Prince of Wales Trophy.

Fundados en 1924, os Boston Bruins son unha das franquías máis antigas da NHL que seguen activas,Os Bruins son a terceira franquía máis antiga da liga por detrás dos Montreal Canadiens (1909) e os Toronto Maple Leafs (1917), e a máis antiga das franquías dos Estados Unidos que participan actualmente na liga. formando parte entre 1942 e 1967 do denominado Original Six xunto cos estadounidenses Chicago Blackhawks, New York Rangers e Detroit Red Wings, e os canadenses Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs. Foron o primeiro equipo da NHL en instalarse nunha cidade dos Estados Unidos, e tan só os Canadiens e os Maple Leafs (daquela chamados St. Patricks), son anteriores aos Bruins. Dende a súa primeira tempada (1924-25), os Bruins teñen disputado dezaoito veces a final da Copa Stanley, conseguindo o campionato en seis ocasións os anos 1929, 1939, 1941, 1970, 1972 e 2011. Os seus rivais históricos son os Montreal Canadiens, quen os derrotaron en todas as ocasións nas que os dous equipos se encontraron na final.

Máis de oitocentos xogadores diferentes teñen vestido as cores negra, dourada e branca dos Bruins dende os inicios do equipo, e máis de cincuenta personalidades do equipo forman parte do Hockey Hall of Fame. Este é o caso de: «Ray» Bourque (tamén o xogador con máis puntos da historia do equipo), Robert «Bobby» Orr, Phil Esposito, Tiny Thompson ou Cam Neely.

Historia

Primeiros anos A orixe dos Boston Bruins remóntase a marzo de 1924Porter, David L. (1995) Biographical Dictionary of American Sports: 1992-1995 supplement for baseball, football, basketball, and other sports. Greenwood, páx. 589 cando Charles Adams, propietario dunha cadea de tendas en Boston, comezou os contactos coa National Hockey League, ata entón limitada ao Canadá, para lograr unha franquía, o que se acordou no veránCharles Francis Adams en Hockey Hall of Fame por 15.000 dólares polos dereitos da NHL na cidade estadounidense.Jozsa, Frank P. (2006) Big Sports, Big Business: A Century of League Expansions, Mergers, and Reorganizations. Greenwood, páx 15. Deste xeito, os Boston Bruins comezaron a competir na oitava tempada da NHL, a 1924-25, sendo unha das dúas novidades da liga xunto cos Montreal Maroons.

Para afrontar a primeira tempada da nova franquía, Adams contratou a Art Ross, que viña de adestrar aos Hamilton Tigers.Holzman, Morey e Nieforth, Joseph (2002) Deceptions and doublecross: how the NHL conquered hockey Dundurn Press, p. 262 O primeiro partido do equipo disputouse na tarde do 1 de decembro de 1924 contra os Maroons, sendo tamén o primeiro partido da historia da NHL fóra do Canadá, no que os Bruins gañaron por 2 goles a 1,. conseguindo o primeiro gol da franquía Smokey Harris. Finalmente o equipo finalizaría a tempada na derradeira praza con só seis vitorias. Porén a situación cambiaría na tempada 1926-27, cando Adams contratou sete xogadores da extinta WCHL, entre eles Eddie Shore e Harry Oliver, o que lles permitiu chegar á final da Copa Stanley contra o mellor equipo da tempada regular, os Ottawa Senators, que finalmente lograron facerse coa copa.

miniatura|alt=Photo noir et blanc de Denneny en tenue de hockeyeur.|Cy Denneny, adestrador-xogador dos Bruins en 1928-1929. A tempada 1928-29 supuxo o traslado do equipo ao Boston Garden, e estivo marcada pola chegada de Cy Denneny, considerado na época o mellor goleador da historia da NHL,A súa marca 248 goles durante a súa carreira na NHL superouna Howie Morenz que puxo fin á súa carreira na tempada 1936-1937 cun total de 271 realizacións procedente dos Ottawa Senators, que exerceu como xogador e como adestrador, e a fichaxe de Cecil «Tiny» Thompson (Minneapolis Millers). Xunto a eles chegarían para reforzar ao equipo Mickey MacKay (Pittsburgh Pirates), Myles Lane (New York Rangers), e Bill Carson (Toronto Maple Leafs). Con estes reforzos, os Bruins conseguiron clasificarse para as semifinais da Copa Stanley, onde se enfrontaron aos Montreal Canadiens, aos que derrotaron en tres partidos para clasificarse para a final da Copa Stanley fronte aos Rangers na que foi a primeira final da NHL sen representantes do Canadá. Na final os Bruins impuxéronse en dous partidos aos neoiorquinos, gañando o segundo partido no Madison Square Garden, onde Bill Carson meteu o gol que daría a vitoria e a primeira Copa Stanley aos de Boston. Na seguinte tempada os Bruins chegarían novamente á final, mais caeron en dous partidos fronte aos Canadiens. Esta derrota iniciou un período de oito tempadas nas que os de Boston non foron quen de pasar a primeira eliminatoria dos play-offs, e mesmo non se clasificaron para as series finais nas tempadas 1931-32 e 1933-34, finalizando esas dúas tempadas na derradeira posición da súa división.

A dinámica negativa dos Bruins nas series finais mudou radicalmente na tempada 1938-39, cando logo de finalizar unha liga regular sen divisións, os Bruins se enfrontaron ao segundo clasificado (New York Rangers) nunhas semifinais ao mellor de sete encontros, gañando finalmente os de Boston por 4 partidos a 3. Os Bruins encontrábanse ante a súa cuarta final da Copa Stanley, na que se tiñan que enfrontar aos terceiros clasificados da liga regular, os Maple Leafs; logo de gañar un partido cada un en Boston, os Bruins gañaron os dous partidos disputados en Toronto, situando o 3-1 na eliminatoria, que viaxaba agora a Boston, finalmente os Bruins gañaron o quinto partido e fixéronse coa súa segunda Copa Stanley, a única gañada polo equipo baixo a dirección de Art Ross nas 16 tempadas que o canadense adestrou aos Bruins.A de 1939 foi ademais a única Copa Stanley que gañou Art Ross na súa carreira como adestrador, gañando anteriormente dúas como xogador.

Na tempada 1939-40, malia finalizar na primeira posición da liga, os Bruins caeron na primeira rolda das series eliminatorias fronte aos Rangers, que finalmente gañarían a súa terceira Copa Stanley. A tempada seguinte supuxo a consecución do terceiro campionato ligueiro para os Bruins; malia teren comezado mal a tempada, o equipo conseguiu encadear 21 vitorias dende o 21 de decembro de 1940, con 10 empates e unha soa derrota, para finalizar a liga regular na primeira posición. Nas semifinais enfrontáronse aos segundos clasificados, os Toronto Maple Leafs, aos que derrotaron por 4 partidos a 3 logo de remontar unha eliminatoria que se puxera de cara para os canadenses logo do quinto partido (3-2). Na final de 1941 a franquía de Boston enfrontábase aos Red Wings de Detroit, que finalizaran na terceira posición da liga regular a 14 puntos dos Bruins, que se farían co título de liga sen perder ningún partido, levando así a terceira Copa Stanley a Boston.

Os anos do Original Six Despois de gañar a terceira Copa Stanley para os Bruins, Cooney Weiland deixou o equipo e Ross tivo que volver ao banco dos Bruins unha vez máis. As consecuencias económicas da Gran Depresión e da segunda guerra mundial fixeron que tres dos dez equipos que integraban a liga (Ottawa Senators, Pittsburgh Pirates e Vancouver Maroons) desapareceran durante os anos 1930, e na 1942-43 os New York Americans finalizaron as súas actividades, o que fixo que a NHL iniciara un período de vinte e cinco anos coñecido como a "era dos seis equipos orixinais da NHL" ou dos "Original Six", unha liga de seis: Canadiens, Maple Leafs, Red Wings, Rangers, Black Hawks e os Bruins.

A tempada 1944-45 foi a derradeira de Ross como adestrador dos Bruins, logo dun total de 219 partidos á cabeza da franquía repartidos en catro períodos, cedendo a súa praza a Dit Clapper quen ocupou o dobre posto de adestrador-xogador. Co remate da guerra volveron antigos xogadores na tempada 1945-46, o que non impediu que os de Boston perderan na final fronte aos Canadiens, resultados que non mellorarían nos seguintes anos, colleitando os Bruins tres derrotas na primeira rolda dos play-offs nas seguintes tres tempadas.

En 1948 dous xogadores dos Bruins protagonizaron un escándalo. A NHL logrou probas por medio de escoitas da policía de que Billy Taylor, adquirido polos Bruins en 1947 procedente dos Red Wings, e Gallinger tiñan relacións cun corredor de apostas e que os dous apostaran polos Bruins.Fischler, Stan e Fischler, Shirley (2003) Who's Who in Hockey, Andrews McMeel Publishing,‎ p. 132. Como resultado, o presidente da NHL Clarence Campbell suspendeunos de por vida. miniatura|esquerda|Milt Schmidt, membro do Hockey Hall of Fame e capitán dos Bruins a principios dos anos 1950. Dende a marcha de Clapper fóronse sucedendo varios adestradores no banco dos Bruins, mais ningún conseguiu levar á franquía á consecución dun novo título de liga. Na tempada 1949-50 entrou Buck Boucher como novo adestrador, mais non foi quen de clasificar o equipo para as series. Lynn Patrick substituíuno nas tempadas seguintes, logrando meter os Bruins de novo nunha final, na tempada 1952-53, que gañaron os Canadiens.

En 1954, despois de 30 anos á cabeza dos Bruins, Art Ross cedeu o seu posto de director xeral a Lynn Patrick, quen nomeou como adestrador a Milt Schmidt. Baixo a súa dirección, os Bruins chegaron a dúas finais consecutivas, na tempada 1956-57 e 1957-58, as dúas perdidas fronte a Montreal. Logo desta última final, os Bruins conseguiron clasificarse para os play-offs grazas ao seu segundo posto na liga regular, mais caeron na primeira rolda fronte aos Maple Leafs por 3 partidos a 4, que perderían a final fronte aos Canadiens por 4-1.

A partir de 1959 os Bruins entraron nunha dinámica perdedora. Na tempada 1960-61 os Bruins remataron os derradeiros, con só 14 vitorias en 70 partidos. Na tempada seguinte entrou Phil Watson para dirixir o banco, que só permaneceu pouco máis dunha tempada, volvendo Schmidt ao posto. Na tempada 1966-67, o equipo de Schmidt realizou unha mala tempada e no medio da mesma substituíuno Harry Sinden, non obstante os Bruins volveron quedar os últimos da liga por sexta volta nas últimas sete tempadas, e por oitava volta consecutiva non se clasificaron para as eliminatorias

A expansión de 1967 poría fin á era do Original Six, unha etapa na que a franquía de Boston non foi quen de conseguir ningún título, en parte motivado pola política da liga para que os equipos adquiriran novas promesas, xa que segundo as normas da NHL, un equipo tiña dereitos exclusivos á hora de fichar a un xogador promesa se este se encontraba dentro dunha área de 50 millas de distancia desde a sede da franquía (se o xogador estaba fora desta área podía negociar con calquera equipo), o que beneficiou aos equipos do Canadá, xa que a maior parte dos xogadores eran desa nacionalidade, e aos Detroit Red Wings, que podían dispoñer de dereitos exclusivos sobre xogadores do sur de Ontario; esta medida tamén limitou os traspasos entre as franquías.

A era Orr-Esposito