miniatura|260px|Dúas cunchas de individuos xuvenís de Pecten jacobaeus. Esta especie, canda Pecten maximus, son as máis apreciadas gastronomicamente en Europa, e ambas as dúas símbolos das peregrinacións a Santiago de Compostela. miniatura|260px|Amusium cristatum unha pequena vieira de cuncha lisa.

A familia dos pectínidos (Pectinidae), é unha familia de moluscos bivalvos, da orde dos ostreidos, suborde dos pectininos e superfamilia dos pectinoideos.Pectinidae Rafinesque, 1815 no WoRMS. Consultada o 30 de xaneiro de 2020.Pectinidae Rafinesque, 1815 no ITIS.

As súas especies, coñecidas popularmente como vieiras (en galego, portugués e castelán, en inglés scallops), emparentadas de preto coas ameixas e as ostras, viven en augas pouco profundas da maior parte dos mares, sobre bancos de area limpa e firme preto da costa, até os100 m de profundidade. Son hermafroditas, e maduran primeiro as gónadas masculinas.

Debido á súa ampla distribución, as cunchas de vieira son comúns nas praias e, a miúdo, son de cores brillantes, o que as converte nun obxecto popular para recolectar entre os amantes da praia e os turistas. Estas cunchas tamén teñen un lugar importante na cultura popular, incluído o simbolismo relixioso.

As máis coñecidas en Europa son a zamburiña (Chlamys varia), Pecten maximus, propia das costas do Atlántico occidental, e Pecten jacobaeus, endémica do mar Mediterráneo. Ambas as especies, segundo algúns autores, poden seren conespecíficas, porque, aínda que a segunda ten unha área de distribución moito máis restrinxida, nalgunhas partes coinciden, e prodúcense fenómenos de hibridación.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1815 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque-Schmaltz, na súa obra Analyse de la Nature ou tableau de l'univers et des corps organisés, editada en Palermo.

Etimoloxía O nome científico Pectinidae está formado, como é usual, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Pecten, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.

Clasificación Na actualidade (2020) na familia recoñécense de 26 a 30 xéneros, segundo os autores. Segundo o WoRMS Para o WoRMS, a familia comprende as subfamilias, tribos e xéneros que se indican:

Subfamilia camptonectinos (Camptonectinae) Habe, 1977 Camptonectes Agassiz, 1864 Ciclopecten G. Seguenza, 1877 Delectopecten Stewart, 1930 Hyalopecten Verrill, 1897 Pseudohinnites Dijkstra, 1989 Sinepecten Schein, 2006 Subfamilia paliolinos (Palliolinae) Korobkov, 1960 Tribo adanusiinos (Adamussiini) Habe, 1977 Adamussium Thiele, 1934 Tribo mesopeplinos (Mesopeplini) T. R. Waller, 2006 Mesopeplum Iredale, 1929 Tribo paliolinos (Palliolini) Korobkov, 1960 Karnekampia H. P. Wagner, 1988 Lissochlamys Sacco, 1897 Palliolum Monterosato, 1884 Placopecten Verrill, 1897 Pseudamussium Mörch, 1853 Subfamilia pectininos (Pectininae) Rafinesque, 1815 Tribo equipectininos (Aequipectinini) F. Nordsieck, 1969 Aequipecten P. Fischer, 1886 Argopecten Monterosato, 1889 Cryptopecten Dall, Bartsch & Rehder, 1938 Flexopecten Sacco, 1897 Haumea Dall, Bartsch & Rehder, 1938 Leptopecten Verrill, 1897 Volachlamys Iredale, 1939 Tribo amusiinos (Amusiini) Ridewood, 1903 Amusium Röding, 1798 Dentamussium Dijkstra, 1990 Euvola Dall, 1898 Leopecten Masuda, 1971 Ylistrum Mynhardt & Alejandrino, 2014 Tribo austroclamidinos (Austrochlamydini) Jonkers, 2003 Austrochlamys Jonkers, 2003 Tribo pectininos (Pectinini) Rafinesque, 1815 Annachlamys Iredale, 1939 Minnivola Iredale, 1939 Pecten O. F. Müller, 1776 Serratovola Habe, 1951 Sen asignar subfamilia Lamellipecten Dijkstra & Maestrati, 2010

Segundo o ITIS Porén, o ITIS recoñece só os seguintes xéneros (sen indicación de subfamilias):

Aequipecten P. Fischer, 1886 Amusium Roding, 1798 Argopecten Monterosato, 1889 Bractechlamys Iredale, 1939 Caribachlamys Waller, 1993 Chlamys Röding, 1798 Crassadoma Bernard, 1986 Cryptopecten Dall, Bartsch & Rehder, 1938 Decatopecten G. B. Sowerby II, 1839 Delectopecten Stewart, 1930 Euvola Dall, 1898 Haumea Dall, Bartsch & Rehder, 1938 Hinnites De France, 1821 Hyalopecten Verrill, 1897 Laevichlamys Waller, 1993 Leptopecten A. E. Verrill, 1897 Lindapecten Petuch, 1995 Lyropecten Conrad, 1862 Malanochlamys (Bergh, 1894)Non recoñecido polo WoRMS. Nodipecten Dall, 1898 Palliolum di Monterosato, 1884 Patinopecten Dall, 1898 Pecten Muller, 1776 Placopecten Verrill, 1897 Spathochlamys Waller, 1993

Bioloxía Distribución e hábitat As vieiras habitan en todos os océanos e mares do mundo, sendo o maior número de especies as que viven na rexión Indo-pacífica. A maioría das especies viven en augas relativamente pouco profundas, desde a liña das mareas baixas até os 100 m, pero algunhas prefiren augas moito máis profundas. Aínda que algunhas especies só viven en ambientes moi restrinxidos, a maioría son oportunistas e poden vivir nunha ampla variedade de condicións. As vieiras poden atoparse vivindo dentro, enriba ou baixo rochas, corais, cascallos, herbas mariñas, algas, area ou lama. A maioría das especies comezan a súa vida como xuvenís bisais, é dicir, provistos de biso, que algunhas conservan ao longo de toda vida, mentres que outras convértense en adultos autónomos.

Anatomía e fisioloxía Hai moi poucas variacións na disposición interna de órganos e sistemas dentro da familia das vieiras e pódese aplicar para a anatomía de calquera especie de vieira dada.

Orientación 360px|miniatura|Diagrama anatómico de Argopecten irradians coa valva esquerda (é dicir, superior) eliminada; a anterior está á esquerda, a posterior á dereita A cuncha dunha vieira está composta, como en todos os bivalvos, por dúas valvas, unha esquerda e outra dereita, divididas por un plano de simetría. A maioría das especies descansan sobre o fondo deitadas sobre a súa valva dereita e, en consecuencia, esta adoita ser máis profunda e empenada que a valva esquerda (é dicir, a superior), que en moitas especies é case plana. Coa charneira entre as dúas valvas orientadas cara á parte superior, un lado correspóndese coa parte morfolóxica anterior ou frontal do animal, o outro é o posterior, a charneira é a rexión dorsal ou traseira (superior) e a parte inferior corresponde á ventral. Porén, como moitas cunchas de vieira son máis ou menos bilateralmente simétricas ("equivalvas"), así como simétricas de diante a atrás ("equiláteras"), para determinar de que xeito se atopa "deitado" un determinado animal requírese información detallada sobre as súas valvas.

Valvas A cuncha das vieiras, como as de todos os bivalvos, consta de dúas valvas de forma similar, cunha liña de charneira recta ao longo da parte superior, sen dentes, e que dá lugar a un par de "ás" planas, ou "orellas" (ás veces chamadas "aurículas", como as dúas cámaras do corazón) a cada lado do seu punto medio, unha característica que é única e que aparece en todas as vieiras adultas.

miniatura|200px|esquerda|Diagrama dunha vieira coas dúas valvas de diferentes tamaños, no sedimento do fondo mariño: a valva dereita (que se ve na parte inferior) é moito máis empenada que a esquerda, o que permite que o animal apareza menos visíbel para os depredadores.

As orellas poden teren un tamaño e unha forma similares ou, pola contra, a orella anterior pode ser algo máis grande (a orella posterior nunca é máis grande que a anterior, unha característica importante para distinguirmos que valva é). Como no caso en case todos os bivalvos, unha serie de liñas e/ou aneis de crecemento orixínase no centro da charmeira, nun punto chamado "bico" rodeado por unha área xeralmente elevada denominada umbo. Estes aneis de crecemento aumentan de tamaño cara a abaixo até que alcanzan o bordo ventral curvado da cuncha. As cunchas da maioría das vieiras están deseñadas para facilitaren o movemento do animal nos seus desprazamentos nalgúns momentos dos seus ciclos vitais, ao tempo que subministran protección contra os depredadores.

As vieiras con valvas estriadas teñen a vantaxe da resistencia arquitectónica subministrada por estas cristas chamadas costelas, aínda que son algo custosas en termos de peso e masa. Unha característica única da familia dos pectínidos é a presenza, nalgún momento durante o ciclo de vida do animal, dunha característica distintiva e taxonomicamente importante, unha estrutura en forma de peite denominada ctenolio ou ctenolium (substantivo do latín científico derivado do diminutivo do grego antigo κτείς kteís, "peite") situado no bordo anterior da valva dereita ao lado da marca que queda da xuvenil glándula do biso. Aínda que moitas vieiras perden esta característica a medida que se converten en adultos que se desprazan libremente, todas as vieiras teñen un ctenolio nalgún momento da súa vida, e ningún outro bivalvo ten unha característica análoga. O ctenolio encóntrase só nas vieiras modernas; os seus antepasados, os entolíidos, non o posuían.

Sistema muscular miniatura|230px|Vieira viva aberta mostrando a súa anatomía interna: a parte circular de cor alaranxada pálida é o músculo adutor; a parte curva alaranxada máis escura é "coral", termo culinario denominar as ovas ou bragadas.

Ao igual que as ostras verdadeiras (familia dos ostreidos), as vieiras teñen un só músculo adutor central, polo que no interior das súas cunchas hai unha cicatriz central característica, que marca o punto de inserción deste músculo. O músculo adutor das vieiras é máis grande e está máis desenvolvido que o das ostras, porque as vieiras son nadadores activos; sábese que algunhas especies de vieiras se moven en masa dunha área a outra. Nas vieiras, a forma da cuncha tende a ser moi regular, e se usa comunmente como a forma arquetípica das cunchas mariñas.

Ollos miniatura|230px|esquerda|Os ollos dos pectínidos son visíbeis en forma de puntos escuros no bordo do manto, como nesta vieira coas valvas entreabertas. As vieiras teñen unha gran cantidade (até 200) de pequenos ollos (de aproximadamente 1 mm de diámetro) dispostos ao longo do bordo dos seus mantos. Estes ollos representan unha innovación particular entre os moluscos, xa que se basean nun espello parabólico cóncavo de cristais de guanina para enfocaren e reflectiren a luz en lugar dunha lente como a de moitos outros tipos de ollos. Ademais, estes ollos posúen unha retina de capa dupla; a retina externa responde máis fortemente á luz, e a interna á escuridade. Aínda que estes ollos non poden resolver as formas con alta fidelidade, a sensibilidade combinada de ambas as retinas á luz que chega ao ollo e á luz reflectida polo espello, outórgalle ás vieiras unha definición de contraste excepcional, así como a capacidade de detectaren patróns cambiantes de luz e movementos.

As vieiras basean principalmente nos seus ollos un a xeito de sistema de detección de ameazas de "alerta temperá", escaneando ao seu redor en busca de movementos e sombras que poderían indicar da presenza de depredadores. Ademais, algunhas vieiras alteran o seu comportamento de natación ou alimentación en función da turbidez ou a claridade da auga, ao detectaren o movemento de partículas na columna de auga.

Aparello dixestivo As vieiras son organismos filtradores e aliméntanse de plancto e de partículas de materia orgánica suspendidas na auga. A diferenza de moitos outros bivalvos, carecen de sifóns. A auga móvese sobre unha estrutura filtrante, onde as partículas de comida quedan atrapadas no mucus. Logo, os cilios da estrutura moven o alimento cara á boca. Despois, este dixírese na glándula dixestiva, un órgano ás veces chamado impropiamente "fígado", e que comprende parte do esófago, do intestino e todo o estómago. Os refugallos pasan a través do intestino (que, como noutros moitos moluscos, entra e sae do corazón do animal) e sae polo ano.

Sistema nervioso miniatura|400px|Mapa neural dunha vieira.