O Hockey Club Barys (en ), comunmente coñecido como Barys Astana (en kazako: Барыс Астана) é un club de hóckey sobre xeo profesional da cidade de Astana (Kazakhstán) que compite na División Chernyshev da Kontinental Hockey League.
Historia O Barys foi fundado en 1999 e comezou a competir na tempada 2001-02. Barys en kazako significa pantera. O equipo competiu na Liga de Kazakhstán ata o 2007, cando comezou a competir na Vysshaya Liga. Logo de competir na Vysshaya Liga na tempada 2007-08, o Barys Astana foi admitido para competir na KHL.
A primeira vitoria do equipo na KHL foi ante o Neftekhimik de Nizhnekamsk (Rusia) o 3 de setembro do 2008 por 2 goles a 1. A súa primeira vitoria na casa foi o 14 de setembro do 2008, cando gañou ao Salavat Yulaev por 3 a 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do HC Barys Astana (en ruso) Site dos seareiros do club (inclúe información oficial) (en ruso)
Barys Barys