Os Ottawa Senators (en inglés) ou Sénateurs d'Ottawa (en francés), son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Ottawa Ontario (Canadá) que compite na National Hockey League (NHL), estando encadrado na Atlantic Division da Conferencia Leste. Os Senators xogan os seus partidos como local no Canadian Tire Centre, un pavillón con capacidade para 17.373 espectadores inaugurado en 1996 co nome de Palladium.
Fundados e establecidos polo empresario inmobiliario Bruce Firestone, o equipo é a segunda franquía da NHL en empregar o nome de Ottawa Senators. Os Ottawa Senators orixinais, fundados en 1883, tiveron unha historia exitosa, gañando 11 Stanley Cups e xogando na NHL dende a creación da liga en 1917 ata 1934. O 6 de decembro de 1990, logo dunha campaña de Firestone que se prolongara durante dous anos, a NHL concedeu unha nova franquía, que comezaría a competir na tempada 1992–93. O actual propietario da franquía é Eugene Melnyk, e en 2016 esta tiña un valor estimado pola revista Forbes de 355 millóns de dólares estadounidenses.
Os Senators clasificáronse para os play-offs da Stanley Cup en 15 das 19 últimas tempadas; teñen gañado catro títulos de división e, en 2003, o Presidents' Trophy; e disputaron as finais da Stanley Cup en 2007.
Historia
Antecedentes de Ottawa na NHL e refundación da franquía
Ottawa foi a casa dos original Senators, unha das franquías fundadoras da NHL e once veces campioa da Stanley Cup. Logo da expansión da NHL aos Estados Unidos a finais da década de 1920, os Senators orixinais sufriron perdas financeiras que forzaron á franquía a trasladarse a St. Louis en 1934 baixo o nome de St. Louis Eagles mentres que o equipo sénior afeccionado do mesmo nome tomou o lugar dos Senators en Ottawa. O equipo da NHL en St. Louis non tivo éxito, e considerouse o regreso a Ottawa, mais a NHL decidiu no seu lugar suspender a franquía e transferir os xogadores a outros equipos da NHL.
Cincuenta e catro anos despois, logo de que a NHL anunciara os seus plans de expansión, o empresario inmobiliario Bruce Firestone decidiu xunto cos seus socios Cyril Leeder e Randy Sexton que Ottawa estaba entón preparada para manter unha franquía da NHL, e o grupo procedeu a propoñer unha oferta conxunta. A súa empresa, Terrace Investments, non tiña liquidez para financiar o custo da expansión da franquía e o equipo, mais o grupo concibiu unha estratexia. En 1989, logo de atopar un terreo axeitado nun terreo rural xusto ao oeste de Ottawa, en Kanata, no que construír un novo pavillón, Terrace anunciou a súa intención de adquirir unha franquía e lanzou a exitosa campaña "Bring Back the Senators” tanto para atraer ao público como para convencer á NHL de que a cidade podía acoller unha franquía da NHL. O apoio popular foi alto e o grupo puiso asegurar 11.000 entradas para a tempada.Finnigan, pp. 196–197 O 12 de decembro de 1990, a NHL aprobou unha nova franquía para o grupo de Firestone, que comezaría a competir na tempada 1992–93.o 12 de decembro de 1990 a NHL aprobou unha nova franquía para o grupo Firestone para comezar a xogar na tempada 1992-1993]
Primeiros anos (1992–1996) O novo equipo contratou ao ex xogador da NHL Mel Bridgman, que non tiña experiencia administrativa previa, como o seu primeiro director xeral en 1992. O equipo inicialmente amosou o seu interese en contratar ao gañador do Jack Adams Award Brian Sutter como o seu primeiro adestrador xefe, mais Sutter chegou cun alto prezo e mostrábase reticente a formar parte dun equipo de expansión. Cando Sutter asinou finalmente como adestrador dos Boston Bruins, os Senators ficharon a Rick Bowness, o home ao que Sutter substituíu en Boston. Os novos Senators xogaron o seu primeiro partido o 8 de outubro de 1992 no Ottawa Civic Centre fronte aos Montreal Canadiens con numerosos espectáculos previos ao partido. Os Senators derrotaron aos Canadiens 5–3 nun dos poucos puntos destacados desa tempada. A continuación da emoción inicial da vitoria no primeiro partido, o equipo fracasou e finalizou co peor rexistro da liga, gañando 10 partidos, perdendo 70 e empatando catro, finalizando con tan só 24 puntos, tres puntos mellor que o peor rexistro histórico. Os Senators apuntaran baixo e consideraran a tempada 1992-93 un pequeno éxito, xa que Firestone establecera como un dos obxectivos para a tempada o de non establecer un nóvo récord de menos puntos nunha tempada na NHL. O plan a longo prazo era finalizar en posicións baixas da táboa durante os primeiros anos para conseguir boas seleccións no draft e finalmente competir pola Stanley Cup.MacGregor(1993), pg. 250 miniatura|esquerda|Os Senators xogaron os seus partidos como locais no Ottawa Civic Centre dende 1992 ata 1996. Bridgman foi despedido logo dunha tempada e o presidente do equipo Randy Sexton asumiu as funcións de director xeral. O propio Firestone pronto deixou o equipo e Rod Bryden xurdiu como novo propietario. A estratexia de punter baixo e asegurarse boas eleccións no draft non mudou. Os Senators finalizaron na derradeira posición da liga as tres tempadas seguintes. A pesar de que a primeira selección do draft Alexandre Daigle terminou sendo un dos mellores proxectos do ‘’draft’’ na historia da NHL, escolleron a Radek Bonk en 1994, Bryan Berard (intercambiado por Wade Redden) en 1995, Chris Phillips en 1996 e Marián Hossa en 1997, todos eles convertéronse en sólidos xogadores da liga e formaron un núcleo forte de xogadores nos anos seguintes. Alexei Yashin, a primeira elección no draft da historio da franquía en 1992, xurdiu como unha das estrelas novas máis destacadas da liga. O equipo intercambiou a moitos dos seus mellores xogadores veteranos da época, incluído o líder de anotación na tempada 1992-93 Norm Maciver e os favoritos da afección Mike Peluso e Bob Kudelski nun intento por acumular posibilidades e eleccións no draft.
Cando comezou a tempada 1995–96, o centro estrela Alexei Yashin negouse a cumprir o seu contrato e non xogou. En decembro, logo de tres anos consecutivos finalizando na derradeira posición e cun equipo que foi ridiculizado na liga, a afección comezaron a inquietarse esperando que o plan a longo prazo do equipo producira resultados, e a asistencia ao pavillón comezou a descender. Rick Bowness foi despedido a finais de 1995 e foi substituído polo adestrador xefe dos Prince Edward Island Senators Dave Allison. A Allison non lle iría mellor que ao seu predecesor, e o equipo finalizou cun rexistro de 2–22–3 baixo a súa dirección. O propio Sexton foi despedido e substituído por Pierre Gauthier, o antigo director xeral asistente dos Anaheim Ducks. Antes do final do mes de xaneiro de 1996, Gauthier resolvera os problemas máis urxentes do equipo resolvendo a disputa contractual co xogador estrela Yashin, e contratando ao ben considerado Jacques Martin como adestrador xefe. Mentres que os Senators finalizaron na derradeira posición unha vez máis, a tempada 1995-96 finalizou cun renovado optimismo, debido en parte ás melloras na xestión e o adestramento, e tamén á aparición dun novato descoñecido procedente de Suecia chamado Daniel Alfredsson, que gañaría o Calder Memorial Trophy como ‘’Rookie’’ do ano na NHL en 1996.Garrioch, pg. 227
Era de Jacques Martin (1996–2004) miniatura|No ‘’draft’’ da NHL de 2001, os Senators adquiriron a Zdeno Chara nun intercambio cos New York Islanders que involucrou a varios xogadores Martin imporía unha filosofía fundamentada nunha forte defensa que levou ao equipo a clasificarse para os play-offs en todas as tempadas nas que permaneceu no banco, mais foi criticado polo escaso éxito do equipo nas series eliminatorias, especialmente por perder catro series consecutivas fronte aos seus rivais provinciais, os Toronto Maple Leafs. Martin sobreviviu a varios trocos de directores xerais e un cambio de propietario.
Na tempada 1996-97, a súa primeira tempada, o equipo clasificouse para os play-offs no último partido da liga regular, e estivo a piques de derrotar aos Buffalo Sabres na primeira rolda. Na tempada 1997–98, o equipo finalizou co seu primeiro rexistro gañador e derrotou aos New Jersey Devils, que partían como claros favoritos, para gañar as súas primeiras series. Na tempada seguinte, os Senators saltaron dende o 14º posto da liga na tempada anterior ao terceiro posto, con 103 puntos—a primeira tempada de máis de 100 puntos da historia do equipo, aínda que foron varridos na primeira rolda dos play-offs. Na tempada 1999-00 a pesar do rexeitamento do capitán do equipo Alexei Yashin, Martin guiou ao equipo aos play-offs, aínda que caeron fronte aos Maple Leafs na primeira rolda. Yashin regresou na 2000-01 e o equipo mellorou gañando a súa división e finalizando segundo na Conferencia Leste. Yashin xogou mal nunha nova derrota do equipo na primeira rolda e o día do draft de 2001, foi traspasado aos New York Islanders a cambio de Zdeno Chára, Bill Muckalt e a segunda elección no draft, que Ottawa empregou para seleccionar ao centro Jason Spezza.
Na tempada 2001-02 o total de puntos dos Senators na ligar regular caeu, mais nos play-offs, conseguiron derrotar aos Philadelphia Flyers para lograr a súa segunda vitoria nunhas series. Con todo os Sens perderían no sétimo partido da segunda rolda dos play-offs. A pesar das especulacións de que Martin sería despedido, foi o director geral Marshall Johnston o que deixou o equipo, sendo substituído por John Muckler, o primeiro dos Senators con experiencia previa como director xeral.
Na tempada 2002-03 os problemas fora do xeo dominaron os titulares, xa que os Senators declaráronse en bancarrota a mediados da tempada, mais continuaron a competir despois de obter financiamento de emerxencia. A pesar dos problemas extradeportivos, o equipo tivo unha tempada sobresaliente, finalizando na primeira posición da liga e gañando o Presidents' Trophy. Nos play-offs, estiveron a un partido de chegar ás finais. Antes da tempada 2003-04, o multimillonario farmacéutico Eugene Melnyk comprou o equipo para darlle estabilidade financeira. Martin levaría ao equipo de novo a unha boa liga regular, mais de novo perderon na primeira rolda dos play-offs, o que levou á destitución de Martin, xa que a xerencia considerou que o equipo precisaba un cambio de adestrador para conseguir o éxito nos play-offs.
Rivalidades
Aínda que os Ottawa Senators modernos ingresaron na NHL en 1992, a rivalidade entre os dous equipos non se iniciou ta finais da década de 1990. Dende 1992 ata 1998, os Sens e os Leafs xogaban en conferencias diferentes (Leste e Oeste respectivamente), o que significaba que non xogaban moitos partidos entre si. Con todo, antes da tempada 1998-99, reformuláronse as conferencias e as división, trasladando a Toronto á Northeat Division da Conferencia Leste co equipo de Ottawa. Entre o ano 2000 e o 2004, ambos equipos xogaron catro series eliminatorias e os Leafs gañáronas todas. Debido en parte á cantidade de seareiros dos Leafs que viven no val de Ottawa, e en parte pola proximidade da cidade de Toronto, os partidos Leafs-Senators no Canadian Tire Centre en Ottawa teñen unha audiencia máis neutral.
Enfrontamentos entre os Senators e os Maple Leafs nas series eliminatorias Tempada Rolda Puntuacións Resultados Balance 1999-00 Primeira rolda 0-21-54-32-11-22-4 16px|alt=derrota 4-2 0-1 2000-01 Primeira rolda 0-10-32-31-3 16px|alt=derrota 0-4 0-2 2001-02 Cuartos de final 5-02-33-21-24-23-40-3 16px|alt=derrota 3-4 0-3 2003-04 Primeira rolda 4-20-20-24-10-22-11-4 16px|alt=derrota 4-3 0-4
Identidade do equipo Logotipo e equipamento miniatura|dereita|O logotipo dos Ottawa Senators orixinais, empregado como logotipo alternativo.