A Copa de Cidades en Feira (en inglés: Inter-Cities Fairs Cup), ou máis concisa e popularmente Copa de Feiras, foi unha competición internacional de clubs disputada integramente en Europa instituída o 18 de abril de 1955 (dúas semanas logo da creación da Copa de Europa). A súa creación foi iniciativa de Ernst Thommen, de Ottorino Barrasi (naquel tempo, secretarios xerais da FIGC e da FA, respectivamente) e de Stanley Rous, secretario da FIFA, coa finalidade de enfrontar a representativos de cidades europeas que tiveran albergado feiras de mostras internacionais: Barcelona, Basilea, Birmingham, Copenhaguen, Frankfurt, Lausana, Leipzig, Londres, Milán e Zagreb

A Copa de Feiras, a pesar de ser considerada a competición precursora da UEFA Europa League (coñecida ata o 2009 co nome de Copa da UEFA), non está contabilizada nin a nivel estatístico nin de palmarés no ámbito das competicións de clubs da UEFA, ao non estar afiliada a devandita institución.

O club con máis títulos é o Fútbol Club Barcelona con tres.

Historia A pesar que a idea inicial era que os participantes fosen seleccións de cidades, e non clubs destas cidades, a realidade desde o principio foi a contraria. Barcelona xa competiu na primeira edición con xogadores unicamente do FC Barcelona, e ata cunha vestimenta azul e grana. A maioría do resto de cidades tamén se representaron cos principais equipos da súa cidade, e non cunha selección de diversos equipos. O campión da primeira edición foi o Barcelona, que se impuxo en partido a dobre volta á selección de Londres (equipo afeccionado) por un total de 8:2.

Para a segunda edición introducíronse cambios. Concibiuse un torneo de duración menor, dous anos (1958/1960), no que os equipos xa se enfrontarían en eliminatorias, segundo sorteo, con partidos de ida e volta. Os participantes debían seguir sendo equipos pertencentes a cidades con feiras, pero xa non tiñan que ser seleccións da cidade, senón clubs. A partir da terceira edición (1961), a competición pasou a ser anual, e foi ampliando o número de equipos participantes ata superar os 60 nas súas últimas edicións. Desde 1968, os equipos pasaron a clasificarse pola súa posición nas ligas dos seus respectivos países.

Finalmente a UEFA tomou o control do torneo e decidiu substituílo por unha nova competición, cun novo trofeo e novas regras: a Copa da UEFA. A da tempada 1970/1971 foi, así, a última edición da Copa de Feiras. O 22 de setembro de 1971 disputouse un partido único para definir quen tería en propiedade o trofeo, entre o primeiro club que o gañou, o FC Barcelona, e o último campión, o Leeds United. Neste torneo, denominado Copa de Campións de Feiras, venceu o FC Barcelona por un marcador final de 2:1, nun partido disputado no Camp Nou.

Durante os primeiros anos, a Copa de Feiras foi dominada polos equipos españois, ao gañala o Barcelona en tres edicións, o Valencia en dúas e o Real Zaragoza nunha. Non foi ata 1968 cando un equipo do norte de Europa, o Leeds United, conquistou o trofeo, marcando así un período de dominio do fútbol inglés nas últimas edicións da competición.

Historial de finais En letra grosa o resultado no campo do campión.

TemporadaCampiónSubcampiónIdaVolta 1955/58 Barcelona Londres XI 2-2 6-0 1958/60 Barcelona Birmingham City 0-0 4-1 1960/61 AS Roma Birmingham City 2-2 2-0 1961/62 Valencia Barcelona 6-2 1-1 1962/63 Valencia 20px|Bandeira de RFS de Iugoslavia Dinamo Zagreb 1-2 2-0 1963/64 Zaragoza Valencia 2-1 * 1964/65 20px Ferencváros Juventus 1-0 * 1965/66 Barcelona Zaragoza 0-1 4-2 1966/67 20px|Bandeira de RFS de Iugoslavia Dinamo Zagreb Leeds United 2-0 0-0 1967/68 Leeds United 20px Ferencváros 1-0 0-0 1968/69 Newcastle United 20px Újpest Dózsa 3-0 2-3 1969/70 Arsenal Anderlecht 3-1 3-0 1970/71 Leeds United Juventus 2-2 1-1 (*) Finais a partido único.

Palmarés Por equipos EquipoPaísTítulosSubcampionatosAnos campión Barcelona 20px|Bandeira de España España 3 1 1958, 1960 e 1966 Valencia 20px|Bandeira de España España 2 1 1962 e 1963 Leeds United 20px|Bandeira de Inglaterra Inglaterra 2 1 1968 e 1971 Zaragoza 20px|Bandeira de España España 1 1 1964 Ferencváros 20px|Bandeira de Hungría Hungría 1 1 1965 Dinamo Zagreb 20px|Bandeira de Croacia Croacia 1 1 1967 AS Roma 20px|Bandeira de Italia Italia 1 0 1961 Newcastle United 20px|Bandeira de Inglaterra Inglaterra 1 0 1969 Arsenal 20px|Bandeira de Inglaterra Inglaterra 1 0 1970 Birmingham City 20px|Bandeira de Inglaterra Inglaterra 0 2 Juventus 20px|Bandeira de Italia Italia 0 2 Londres XI 20px|Bandeira de Inglaterra Inglaterra 0 1 Újpest 20px|Bandeira de Hungría Hungría 0 1 Anderlecht 20px|Bandeira de Bélxica Bélxica 0 1

Por países PaísTítulosSubcampionatos España63 Inglaterra44 Italia12 Hungría12 Croacia11 Bélxica01

Estatísticas Equipos españois Equipo Participacións GañadorFC Barcelona113 Valencia CF 92 Real Zaragoza 5 1 Athletic Club5 Atlético de Madrid 2 RCD Espanyol 2 Sevilla FC 2 UD Las Palmas 1 CE Sabadell 1 Real Betis 1

Notas

Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA UEFA Europa League

Categoría:Competicións internacionais de clubs de fútbol de Europa desaparecidas