José Miguel Antúnez Melero, nado o 21 de febreiro de 1967 en Madrid, é un ex xogador profesional de baloncesto internacional español formado na canteira do Club Baloncesto Estudiantes. Cunha estatura de 1,83 metros xogaba na posición de base.

Traxectoria Despois de formarse e xogar en Estudiantes, José Miguel Antúnez estivo no Real Madrid sete tempadas, dende a 1991-92 até a 1997-98. O seu físico e capacidade defensiva permitíronlle competir sempre a gran nivel. Xunto a José Lasa, formou unha parella de bases que soubo complementarse á perfección, dirixindo o xogo dun equipo cheo de talento, con nomes da categoría de Arvydas Sabonis, José Biriukov, Antonio Martín e Joe Arlauckas. Fóra da disciplina do equipo branco gozou nos seus últimos días como baloncestista dun máis que digno papel no Breogán de Lugo, onde despregou con maior liberdade todo o baloncesto que aínda lle quedaba dentro.

Equipos Estudiantes (1984–1985) Logos Madrid (1985–1986) Estudiantes (1986–1991) Real Madrid Teka (1991–1998) Covirán Granada (1998–2002) Breogán Universidade (1999–2001) STB Le Havre (2001–2002) SL Benfica (2002) Jabones Pardo Fuenlabrada (2002-2003)

Internacionalidades Selección de España Júnior. Selección de España sub-22. Selección de España. 45 partidos. Selección de Europa. Un partido.

Palmarés Clubs 1991-92 Copa de Europa (ex Recopa). Real Madrid. Campión. 1992-93 ACB. Real Madrid . Campión. 1992-93 Copa do Rei. Real Madrid. Campión. 1993-94 ACB. Real Madrid. Campión. 1994-95 Liga Europea. Real Madrid . Campión. 1996-97 ACB. Real Madrid. Subcampión. 1996-97 Eurocopa. Real Madrid . Subcampión.

Internacional 1989 Campionato do Mundo sub-22. Selección de España sub-22 A. Andorra (Teruel). Medalla de Ouro. 1991 Eurobasket. Selección de España. Roma. Medalla de Bronce.

Logros 30-12-99 ACB. Convértese en "histórico" da ACB mentres xogaba no Breogán ao superar os 12.000 minutos xogados. Xogador que máis asistencias repartiu na historia do Real Madrid. Sexto xogador que máis asistencias repartiu na historia do Club Baloncesto Breogán.

Nomeamentos 13/12/1998 (1998-99). Liga ACB. Covirán Cervexas Alhambra. Xogador Nacional da Semana. Xornada 13. 11/04/1999 (1998-99). Liga ACB. Covirán Cervexas Alhambra. Xogador Nacional da Semana. Xornadas 32 a 33. 23/12/1999 (1999-00). Liga ACB. Breogán Universidade. Xogador Nacional da Semana. Xornada 16. 05/11/2000 (2000-01). Liga ACB. Breogán Universidade. Xogador Nacional da Semana. Xornada 4. 19/11/2000 (2000-01). Liga ACB. Breogán Universidade. Xogador Nacional da Semana. Xornada 6.

Varios 28-06-04. Retirada da práctica activa. Comentarista dos partidos da liga ACB en Telemadrid.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en acb.com Perfil en Basketpedya

Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do CB Granada Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1967