Bunscoill Ghaelgagh é unha escola de primaria cuxa lingua de instrución é a lingua manx en St John's, Illa de Man. É a única escola do mundo na que os cativos reciben as súas aulas exclusivamente en manx e que posibilita que os nenos dominen a lingua."A Miscellany on the History, Culture and Language of the Isle of Man" , Skeealyn Vannin, Journal of the Genealogical Society of Ireland, Vol.7 No. 2 - 2006 O alumnado pode continuar a súa educación no instituto de educación secundaria Queen Elizabeth II High School en Peel, onde se ofrece a partir dos 12 anos unha materia (GCSE) en lingua manx.

Historia En 1999 formouse a asociación de pais e nais Sheshaght Ny Paarantyn, co obxectivo de fundar unha escola na que a lingua vehicular fose a lingua manx. Naquel ano levaron a súa petición ao Departamento de Educación da Illa de Man. A escola abriu en setembro de 2001. Ao principio, tiña unha soa aula e compartía edificio co Ballacottier School en Douglas. En xaneiro de 2003 a escola foi trasladada de Ballacottier ao seu propio edificio: a antiga escola de St John's School."History of The Bunscoill Ghaelgagh" , Escolas da Illa de Man, agosto de 2007. 4 de xaneiro de 2006

A escola gañou o premio anual de Reih Bleeaney Vanannan en xaneiro de 2006 polos seus esforzos en preservar e promover a lingua, a cultura e o patrimonio manx. Foi presentado por Tony Brown quen era entón presidente do House of Keys (a asemblea lexislativa da illa) e presidente da Manx Heritage Foundation."Honour for History-Making School" , Isle of Man Today, 26 de xaneiro de 2006 Dende o 1 de setembro de 2020 forma parte do sistema de educación pública da illa de Man.

Lingua manx Considérase que a escola ten éxito e que forma parte do rexurdimento da lingua manx."Isle's Gaelic heritage celebrated", BBC News, 4 de novembro de 2005"Islanders celebrate Manx language", BBC News, 31 de outubro de 2005 A escola baséase en estudos feitos en Finlandia que demostran as vantaxes dunha educación bilingüe.Results look better in English, Raili SepŠnen Consultado o 4 de xaneiro de 2008 A investigadora Aini-Kristiina Jäppinen examinou os resultados académicos de 334 alumnos en doce escolas e comparounos cos resultados de 334 alumnos que só estudaban en finés. Ela concluíu que unha segunda lingua mellora o proceso de aprendizaxe e parece mellorar os resultados.Results look better in English, Times Education Supplement, 9 de xaneiro de 2004 Segundo Jäppinen, "Cando os alumnos teñen que conceptualizar e entender temas nunha lingua foránea ademais da lingua materna, axúdalles a entender relacións complexas e polifacéticas entre distintas materias". A investigación finesa estudou alumnos que aprendían en tres linguas (francés, sueco e inglés) e concluíu que "a opción dunha (segunda) lingua non parece impactar significativamente o rendemento" nun número de materias incluíndo matemáticas e xeografía. Un estudo da Universidade de Luton mostrou que pode haber un atraso “trivial” mais que as vantaxes no longo prazo recompensan amplamente esta desvantaxe provisional."Two languages are better than one", artigo en The Guardian, 3 de marzo de 2004

Notas

Véxase tamén

Ligazón externa Páxina oficial

Categoría:Colexios de educación primaria Categoría:Illa de Man Categoría:Lingua manx Categoría:Ensino no Reino Unido