Christopher Frank Carandini Lee, nado o 27 de maio de 1922 en Londres e finado o 7 de xuño de 2015 na mesma cidade, foi un actor, cantante e militar británico. Con máis de 60 anos de carreira como intérprete, era coñecido pola súa voz profunda e impoñente e por dar vida a miúdo a personaxes malvados. Participou en máis de 200 películas desde o ano 1948 ata o 2015. A súa grande afección ao deporte, así como a súa altura (1,96 metros), convertérono nun dos actores cun físico máis impresionante do panorama cinematográfico internacional.
Vida persoal Casou por primeira vez coa condesa sueca Henriette Ewa Agnes von Rosen, á que coñeceu na década de 1950. En 1961 casou coa modelo dinamarquesa Birgit "Gitte" Krøncke, coa que tivo unha filla: Christina Erika Carandini. A súa filla casou co galego Juan Aneiros, quen foi durante anos o representante, asistente persoal e máis tarde produtor discográfico do actor.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Nados en Westminster Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Ingleses de ascendencia italiana Categoría:Militares do Reino Unido Categoría:Policías Categoría:Personalidades da segunda guerra mundial Categoría:Orde do Imperio Británico