O Cantabria Baloncesto, S.A.D. foi un club profesional de baloncesto español da cidade de Torrelavega, Cantabria, aínda que nos seus últimos catro anos xogou en Santander. Foi fundado en 1975, deixando de existir en xullo de 2009 cando o club emitiu un comunicado oficial dicindo que non sairía a competir o non dispoñer dun "orzamento digno". Durante cinco temporadas competiu na Liga ACB cos comes de Caja Cantabria e Cantabria Lobos.

Historia Fúndase en 1975 en Torrelavega co nome de "Sociedad de Amigos del Baloncesto". Tras varios anos por categorías rexionais, na tempada 1992-93 logra o ascenso á liga EBA. Tras tres temporadas, na 1996−97 ascende á Liga LEB. No primeiro ano nesta categoría logra o ascenso á Liga ACB onde permaneceu cinco tempadas de 1997 a 2002 grazas á transformación en Sociedade Anónima Deportiva, á sponsorización do xornal Alerta, o seu principal patrocinador, e aos de socios que acudían ao Pavillón Vicente Trueba.

En 2002 descende de novo á LEB. En 2004 o equipo trasládase de Torrelavega a Santander, ante o descontento dos afeccionados torrelaveguenses. Na capital cántabra o equipo empezou a xogar no Palacio de Deportes de Santander. En 2007 foi campión da liga regular, subcampión da Copa Príncipe de Asturias e conseguiu varios cheos no Palacio de Deportes, aumentando o apoio da cidade e da rexión ao proxecto dos Lobos.

Ao ano seguinte, na temporada 2007−08, a directiva realizou grandes fichaxes de homes con nome na LEB, pero diversas circunstancias tanto deportivas como extradeportivas deron lugar a que o obxectivo de loitar polas primeiras prazas convertésese en non descender. Tres vitorias consecutivas ao final da tempada deron lugar a que a Alerta Cantabria Lobos alcanzase a permanencia deportiva na LEB Ouro. O 4 de xullo de 2008 faise público un comunicado no que os directivos anuncian a desaparición do club cántabro. No entanto, a Federación Española de Baloncesto FEB admitiu ao equipo cántabro na terceira categoría nacional, a LEB Bronce, tras vender a súa praza na LEB Ouro ao Club Ourense Baloncesto. En abril dese mesmo ano confírmase o seu ascenso matemático a LEB Prata. Porén, no mes de xullo, o club cántabro anuncia a través dun comunicado oficial que non sairá a competir debido a non ter un orzamento digno.

Patrocinios O club adoptou diversos nomes ao longo da súa historia: Caja Cantabria (1992–1998) Lobos Caja Cantabria (1998–1999) Cantabria Lobos (1999–2002) Los Lobos (2002–2003) Alerta Cantabria Lobos (2003–2004) Alerta Cantabria (2004–2009)

Xogadores Destacados

Santi Abad Paco Aurioles Manel Bosch Miguel Ángel Cabral Iván Corrales José Luis Galilea Alex Gómez Ricardo González Jordi Grimau Jesús Lázaro Alberto Miguel Dani Pérez Guillermo Rejón Joaquín Ruiz Lorente Álex Urtasun Josh Asselin Mike Brown Jackie Espinosa Bob Harstad Marc Jackson Jason Klein Dyron Nix Lewis Sims Bill Varner Trevor Wilson Howard Wood Jason Klein Mario Boni Saša Radunović Betinho

Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do Cantabria Baloncesto na ACB. Quino Salvo (1997–2000) Daniel Angel García (2000–2002) Moncho Monsalve (2002–2003)

Palmarés Copa Príncipe Campións (1): 1997 Subcampións (1): 2007 LEB Bronce Campións (1): 2009 Copa LEB Bronce Campións (1): 2009

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1992–93 21ª División 15º 21–151993–94 21ª División 18º 4–261994–95 2EBA 21–151995–96 2EBA 23–71996–97 2LEB2º 25–13Copa Príncipe 1º1997–98 1ACB 14º 12–221998–99 1ACB 15º 13–211999–00 1ACB 14º 11–232000–01 1ACB 16º 10–242001–02 1ACB17º 7–272002–03 2LEB 7º 18–172003–04 2LEB 11º 16–182004–05 2LEB 13º 14–202005–06 2LEB 9º 17–172006–07 2LEB 5º 24–14Copa Príncipe 2º2007–08 2LEB Ouro 15º 12–222008–09 4LEB Bronce1º 21–9Copa LEB Bronce 1º

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Foro da afección do Cantabria Lobos Canle Multimedia do Cantabria Lobos

Categoría:Equipos desaparecidos da ACB Categoría:Equipos de baloncesto de Cantabria Categoría:Torrelavega