Veremundo (fl. cara ao ano 535) (en latín: Veremund ou Veremundus) foi un rei suevo do reino de Galicia documentado cara ao ano 535, durante o período escuro que proseguiu trala morte do historiador Hidacio de Chaves (469) e a conversión dos suevos ao arianismo (466). A falta de fontes fai dubidar da cronoloxía do reinado deste monarca suevo, que ao parecer impulsou a construción de igrexas.

Fontes A existencia de Veremundo baséase nunha inscrición pétrea descuberta en San Salvador de Vairão no ano 1608. No mesmo século, en 1637, Jeronymo da Cunha de Almeida, abade de Bitarães, leu a data da inscrición como 485 e atribuíuna a un rei suevo chamado Veremundus. Posteriormente algúns estudosos dataron a inscrición no século VIII, argumentando que dito Veremundus era o rei Vermudo I. Máis recentemente, unha nova lectura precisou a data en 535. No entanto, varios estudos consideran que a data é 1035, referíndose a Vermudo III.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Reis suevos Categoría:Reis de Galicia