O Club Baloncesto Peñas Huesca, tamén coñecido como Levitec Huesca por motivos de patrocinio, é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Huesca, Aragón. Fundado inicialmente como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca en 1977, non se constituíu legalmente até 1981. Competiu na liga ACB un total de 12 tempadas co obxectivo de eludir o descenso. Actualmente participa na Liga LEB Prata, onde xoga os seus partidos como local no Palacio Municipal, pavillón con capacidade para 4 906 espectadores.
Historia O club foi fundado como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca no verán do ano 1977 (aínda que constituído legalmente o 24 de agosto de 1981), cando as "peñas" da cidade se adheriron ao proxecto de crear un equipo profesional de baloncesto. Esta entidade oscense comezou a súa andaina na tempada 1977-1978 na Terceira División e, aos poucos, foi ascendendo até chegar á Liga ACB na tempada 1983-1984.
O debut na ACB saldouse cun descenso pero no curso baloncestístico 1985-1986, tras un ano afastado da elite, o Peñas consolidouse como equipo ACB, iso si, sempre co obxectivo anual de salvar a categoría. Tras conseguir a permanencia nunha eliminatoria contra o Festina Andorra en 1996, os directivos do club víronse obrigados a vender a praza de ACB ao Baloncesto Fuenlabrada, xa que a situación económica era insustentable.
Ese ano o club é refundado Club Baloncesto Peñas Recreativas de Huesca, e dese xeito, a seguinte tempada disputou a primeira edición da LEB, contando cun orzamento baixo. A tempada non foi boa, aínda que logrou manterse na categoría. No entanto, o Peñas abandonou a LEB trala salvación, mantendo unicamente en competición os seus equipos de canteira na tempada 1997-1998. Na seguinte tempada, o equipo sénior inscribiuse na Liga EBA e obtivo bos resultados durante o tempo que permaneceu nesta categoría. Nos anos 2003 e 2004, o club oscense xogou a fase de ascenso á LEB 2 aínda que non logrou subir de categoría, feito que finalmente se produciu en 2005 ao saír vitorioso da fase final do campionato disputada en Palencia. Tras varios anos en EBA e LEB Prata, no ano 2010 o club ascende á segunda categoría, a LEB Ouro, na cal compite actualmente.
Patrocinios Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
Magia de Huesca (1985–1990) Huesca La Magia (1990–1992) Argal Huesca (1992–1994) Somontano Huesca (1994–1995) AGB Huesca (1995–1996) Iberagentes Huesca (2000–2002) CAI Huesca (2002–2004) CAI Huesca La Magia (2004–2007) CAI Huesca Cosarsa (2007–2008) Lobe Huesca (2008–2013) Magia Huesca (2016–2017) Levitec Huesca (2017–presente)
Xogadores Destacados
Santiago Aldama Alberto Alocén Lucio Angulo César Arranz Nacho Biota Salvador Guardia Juan Antonio Hernández Charly López Rodríguez Joan Pagés Iván Pardo David Solé Wallace Bryant Ben Coleman Alphonso Ford Wayne Freeman Brian Jackson Granger Hall John Morton Larry Micheaux Dyron Nix Bryan Sallier Reggie Slater Derek Strong Jimmy Wright Rimas Kurtinaitis Valeri Tikhonenko
Palmarés Copa LEB Prata Campións (1): 2010 Subcampións (1): 2006
Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copas1977–78 3 3ª División 16–101978–79 3 2ª División 8º1979–80 3 2ª División 6º1980–81 3 2ª División 17–1–61981–82 3 2ª División2º1982–83 2 1ª División B4º 15–2–91983–84 1 ACB14º 10–241984–85 2 1ª División B1º 19–71985–86 1 ACB 13º 13–211986–87 1 ACB 12º 13–17Copa Príncipe 1987–88 1 ACB 10º 8–22Copa Príncipe 1988–89 1 ACB 13º 15–26Cuartos de final1989–90 1 ACB 14º 24–16Primeira rolda1990–91 1 ACB 15º 19–19Primeira rolda1991–92 1 ACB 17º 20–21Segunda rolda1992–93 1 ACB 19º 14–21Primeira rolda1993–94 1 ACB20º 10–22Primeira rolda1994–95 1 ACB 18º 15–271995–96 1 ACB 18º 12–301996–97 2 LEB 12º 8–211997–98Non participou en ningunha competición1998–99 3 EBA 10–241999–00 3 EBA 7–192000–01 4 EBA 17–132001–02 4 EBA 17–152002–03 4 EBA 26–82003–04 4 EBA 23–92004–05 4 EBA 31–42005–06 3 LEB 2 5º 21–14Copa LEB 2 2º2006–07 3 LEB 2 16º 16–222007–08 3 LEB Prata 8º 20–172008–09 3 LEB Prata 11º 14–162009–10 3 LEB Prata2º 32–13Copa LEB Prata 1º2010–11 2 LEB Ouro 15º 12–222011–12 2 LEB Ouro 15º 13–212012–13 2 LEB Ouro 8º 12–182013–14 2 LEB Ouro 7º 14–152014–15 2 LEB Ouro 12º 9–192015–16 2 LEB Ouro 3º 22–192016–17 2 LEB Ouro 16º 11–232017–18 2LEB Ouro 15º 13–212018–19 2 LEB Ouro 10º 18–162019–20 2 LEB Ouro 14º 9–15 2020–21 2 LEB Ouro 13º 10–16 2021–22 2 LEB Ouro 18º 5–29
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial do Peñas Huesca Perfil do Peñas Huesca en feb.es
Penas Huesca Categoría:Deporte en Huesca