Os Kansas City Chiefs son un equipo profesional de fútbol americano que compite na National Football League e ten a súa base na cidade de Kansas City, no estado de Missouri.

Historia Denominados orixinalmente Dallas Texans, a franquía foi fundada en 1960 por Lamar Hunt como membro da American Football League (AFL). En 1963 o equipo se traslada a Kansas City, sendo renomeados co seu nome actual. De 1960 ata 1969, os Kansas City Chiefs foron un dos equipos de maior éxito da AFL, gañando o campionato de liga en tres ocasións (1963, 1966, 1969). Os Chiefs ostentan o récord de ser o segundo equipo da AFL (logo dos New York Jets) en derrotar a un equipo da NFL na AFL-NFL World Championship Game, cando derrotaron aos Minnesota Vikings no que hoxe coñecemos coma Super Bowl IV. No ano 2019 os Chiefs conseguiron a súa segunda Super Bowl após derrotar aos San Francisco 49ers por 31−20. O MVP do encontro foi o quarterback Patrick Mahomes, quen conseguiu facer 26 pases de 42 intentos para 286 iardas (dous touchdowns, dúas intercepcións) e correr 29 iardas (un touchdown).

Xogadores Cadro actual

Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial dos Kansas City Chiefs